Folga na Atención Primaria do Baixo Miño: "Non é que teñamos picos de colapso, o colapso é a base"
A CIG Saúde impulsou a folga para todo o persoal dos centros de saúde da Guarda, O Rosal e Oia ata o día 24 pola "situación de sobrecarga e presión" e a falta de médicos de Familia. "A cuestión é clara: a nosa responsabilidade é atender aos nosos pacientes e a do Sergas é pór os medios e o persoal axeitado para poder facelo", di o médico Álvaro Lamas