Feijóo recoloca tras a derrota do PP a Corina Porro na delegación da Xunta en Vigo e ao seu antecesor en Competencia
A ex-alcaldesa, á que o presidente encargou hai un mes reconstruír o PP na cidade, farao desde ese cargo público no que substitúe a Ignacio López-Chavez, que agora vai a Competencia. O Consello tamén aproba cambios en Portos e Promoción Laboral.