Pemex deixa Barreras e solta lastre en Galicia tras sete anos e só dous floteis
A petroleira mexicana opta por abandonar o capital do estaleiro vigués, que controla desde que a Xunta impulsara a "alianza estratéxica" que prometía a construción de buques tanque, atuneiros, quimiqueiros ou remolcadores e unha base loxística en Punta Lagosteira. Nada diso chegou.