Cando a metade do mundo parou o 8M: cinco anos da primeira folga feminista
Cinco mulleres que participaron da primeira folga feminista no Día Internacional da Muller de 2018 repasan aqueles días desde a sanidade pública, o sector agrogandeiro, o ensino, a investigación científica e o eido cultural: "Vivímolo como unha revolución"
A admiración de don Paco por Pondal e as sorpresas de Galaxia no seu ano das Letras
"Eran bicos de efusión á terra de onde se vén e a onde se vai", escribe Fernández del Riego sobre os versos de Pondal en 'Con Pondal en Bergantiños', o libro que inaugura a Biblioteca Fernández del Riego na Editorial Galaxia co gallo do Día das Letras para don Paco
- Entrevista | Ángeles Carmona Contra a violencia machista
- Acontece Santiago
"A reincidencia é a agravante que máis se impón nas resolucións xudiciais; os maltratadores persistentes son moi comúns"
A presidenta do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do CGPJ reclama pór en marcha unha especialidade xudicial propia para estas violencias e, mentres tanto, pide que a formación en igualdade para todos os axentes xudiciais sexa obrigatoria
'falAI': falar galego coas máquinas para que o aprendan
Gravar trinta frases para colaborar en que os sistemas de recoñecemento por voz comprendan o galego a través da Intelixencia Artificial é o reto que propoñen investigadores da Universidade de Vigo e a empresa Balidea con 'falAI' ás persoas galegofalantes
- Reportaxe Contra a violencia machista
- Acontece
"A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia
Dúas mulleres vítimas de violencia de xénero contan as súas experiencias de nove e tres anos cos dispositivos de control telemático que avisan de que o maltratador se achega e implica avisar á Policía. Piden máis recursos, mellorar a xeolocalización e "que haxa consecuencias" cando eles incumpren as medidas de protección. En todo o Estado hai 3.056 dispositivos en activo, segundo o Ministerio de Igualdade.
"Sen rede non es igual de libre": 'Soños' leva ao teatro os estigmas da mocidade tutelada
A ONG Igaxes e as produtoras Culturactiva e Artefeito únense neste proxecto para "chegar á xente a través da emoción, empregando o teatro como ferramenta para mudar a realidade", como resume a actriz Victoria Pérez. 'Soños' está escrita por Fernando Epelde, dirixida por Tamara Canosa e conta ademais cos actores Anxo Outumuro e Sara Ferro. Estréase o día 24 en Santiago
O comité da CRTVG denuncia que a dirección impediu informar de que a inflación supera en Galicia a media estatal
Catro traballadores da Radio Galega e da TVG foron trasladados do seu posto de traballo de forma "inminente" e o comité intercentros da CRTVG considera que se están a "vulnerar todos os códigos éticos da profesión xornalística"
O Sergas recoñece atrasos en citas de oncoloxía no hospital de Santiago por traslados previsibles de profesionais
A xerencia da área sanitaria de Santiago confirma "axustes de axenda" no servizo de Oncoloxía Médica do CHUS polas "incorporacións e traslados nos profesionais que acadaron un posto de traballo estable por oposición" e dá a situación por resolta
Unha masiva manifestación reclama "un cambio urxente" na política sanitaria da Xunta
Milleiros de persoas enchen a Praza do Obradoiro convocadas por SOS Sanidade Pública en demanda de solucións aos problemas da Atención Primaria e do conxunto do sistema público de saúde. A plataforma pide un incremento do orzamento sanitario e a "dotación inmediata do persoal mínimo necesario aos centros de saúde"
- Entrevista | Alex Sampayo
- Cultura
"A miña aposta con 'Hamelin' pasa por buscar debate constantemente"
Alex Sampayo está a piques de estrear a que considera unha das obras máis importantes da súa carreira. Unha obra dunha complexidade interna moi intensa, que sabe que non deixará ao público indiferente. Coa compañía Redrum Teatro adapta un segundo texto do dramaturgo Juan Mayorga: Hamelin. Un retrato social que aborda os abusos que se exercen sobre a infancia. Estréase o día 23 no Teatro Principal de Santiago e xirará por todo o país.
- Reportaxe
- Ciencia e tecnoloxía Santiago
A contaminación da época romana permitirá coñecer como entran os metais pesados no corpo humano
Os metais aínda presentes nos restos óseos das épocas romana e medieval permiten aprender sobre como nos contaminamos. O proxecto 'PollutedPast' da antropóloga da USC Olalla López Costas, que investiga ata onde chegan os efectos desta contaminación, recibe o respaldo do European Research Council da Comisión Europea
Letrados da Administración de Xustiza en folga: a protesta que paraliza os xulgados por unha profesión desbordada
Os letrados da Administración de Xustiza levan anos mobilizados porque as novas responsabilidades que asumiron en 2009 para "descargar" o traballo dos maxistrados para axilizar a actividade dos xulgados non chegaron acompañadas de incentivos, en abril acadaron un acordo que din que o Ministerio incumpre, polo que están en folga indefinida