A crise climática xa está aquí: 300 días de temperaturas anormalmente altas en 2022
Santiago estivo 271 días do pasado ano con temperaturas moi por enriba do que sería normal en cada época e Vigo 266, efectos que van máis alá das puntuais vagas de calor. "Isto é só o comezo do que vén", asegura o científico climático Dominic Royé
Sanidade contratou ambulancias externas en fin de ano para cubrir dous PAC sen médico sen avisar o 061
CIG-Saúde denuncia a contratación de dúas ambulancias con persoal médico externo ao Sergas para cubrir os PAC da Parda e Baltar, que ficaron sen médico, sen informar ao persoal de enfermaría e do 061 que traballaba en fin de ano
Cando se coida quen coida? O 'patio de veciñas' d'A Morada como lugar de encontro
María José Gayoso, Fedra Alcaraz e Ana Martínez fundaron a cooperativa A Morada no barrio da Hispanidade de Vigo para "colectivizar os coidados" e que as mulleres que coidan (pero non só) teñan "un espazo para elas soas" sen "sentirse culpables" por "dedicarse tempo a si mesmas"
Alerta para toda a sociedade tras unha decena de asasinatos machistas no Estado este mes
A actual "repunta de feminicidios" provoca a primeira reunión dun comité de crise estatal que busca "extremar a precaución" e protexer máis e mellor ás mulleres, especialmente ás que se atopan en situacións de vulnerabilidade. Dende o colexio de Psicoloxía de Galicia advirten de que períodos festivos coma o Nadal son especialmente sensibles porque "se festexa un patrón de familia tradicional onde os homes teñen unha posición de superioridade"
Dimite o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos e acusa de "deslealdade" ao conselleiro
Isidro Lago, que seguirá como presidente do Colexio Médico de Pontevedra, manifesta que mantén rota "todo tipo de relación" coa Consellería de Sanidade e busca a interlocución co presidente da Xunta. Por este motivo, considera "incongruente" representar ao órgano que agrupa aos Colexios Médicos das catro provincias
O Tribunal Constitucional acepta o recurso do PP e suspende a votación no Senado para a reforma da súa propia renovación
A maioría conservadora do Tribunal Constitucional paraliza a votación das emendas para a súa propia renovación con seis votos fronte a cinco pasadas as dez da noite despois de non apartar aos dous maxistrados con mandato caducado que pedían recusar Unidas Podemos e PSOE
Nadal en Vigo: cando se fai excesivo o exceso?
Os "miles de milleiros" de leds, "miles de milleiros" de visitantes e "miles de milleiros" de hoteis, bares e restaurantes que colgan o cartel de completo na cidade olívica abren o debate nun contexto de conquista do espazo público pola cidadanía
- Entrevista | María do Cebreiro
- Cultura
"Parece incrible que para algo que leva estando aí desde que o mundo é mundo tamén vaiamos necesitar o algoritmo"
María do Cebreiro achéganos ao seu ensaio 'Maternidades virtuosas' onde a crítica aos modelos neoliberais de crianza non está exenta do humor, e mesmo da poesía, acompañando unha análise da sociedade actual desde o prisma de ser nai. Un libro no que pretendeu "falar desde o rigor a favor da maternidade"
Igualdade defende que a campaña do 25N "pasou o filtro dos galegos" e ve nas críticas un "insulto á intelixencia"
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta afirma que a campaña co lema "Non debería pasar, pero pasa" pasou "todos os controis habituais" e, a preguntas do PSdeG no Parlamento, replica que "é un insulto á intelixencia" sinalar "que ten outro obxectivo que non sexa a erradicación e prevención da violencia de xénero" e pide non trasladar á Cámara "polémicas de Twitter"
Sen piso en Vigo por racismo: "Parecíalles moi boa inquilina ata que viron onde nacín"
Nour Al-Hussen Villa non quere ser cómplice da discriminación por racismo que experimentou á hora de alugar unha vivenda e decidiu contalo nas súas redes sociais, onde tamén recibiu comentarios cargados de odio
- Reportaxe
- Acontece
Os problemas que a rapazada ten nas redes reflíctense no seu benestar: "Estámonos esquecendo de formar persoas"
Un de cada catro adolescentes galegos fai un uso problemático ou compulsivo das redes sociais, da internet e da tecnoloxía. "O limiar da felicidade dun rapaz hoxe en día está nas redes sociais", salienta o doutor en Psicoloxía Social da USC Antonio Rial Boubeta, responsable científico dun estudo con máis de 10.000 rapaces e rapazas galegas impulsado pola Fundación Barrié, que sitúa este problema ao mesmo nivel que as adiccións ao xogo e aos videoxogos
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece
A formación da medicina de familia do futuro atranca na escasa planificación do Sergas e na saturación dos centros
A falta de planificación no Servizo Galego de Saúde cun cadro de persoal avellentado que limita o acceso a titores dos residentes de Medicina Familiar e Comunitaria, sumada á experiencia dos centros de saúde sobrecargados, dificultan que os futuros médicos e médicas escollan esta especialidade