- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece
"Traballamos a mínimos para máximos": Pediatría ao límite no centro de saúde e no hospital
Dos centros de saúde aos hospitais, pasando polos PAC, as consultas de Pediatría están desbordadas coa volta da temporada de virus respiratorios que comezou en outubro. Unha "novidade" desde a pandemia da COVID-19, pois explican que os virus respiratorios que afectan ás crianzas volven circular con maior intensidade, é o caso da gripe A e do virus sincitial respiratorio
Das festas ao casete: Fuxan os Ventos celebra o seu 50 aniversario cunha mostra de "amor ao país"
'Fuxan os Ventos. 50 anos de historia' é a exposición inaugurada en Lugo coa que o mítico grupo reúne a súa historia, parella á de Galicia, con máis de 500 actuacións documentadas, cancións que non pasaron a censura e anécdotas como as que lembran para Praza Tereixa Novo e Pedro Lucas
"Cando era pequeno e o mundo estaba bastante complicado Chopin sempre foi o meu refuxio"
"En Galicia hai moita máis empatía e humanidade que en moitos outros sitios". O pianista James Rhodes é un declarado admirador do noso país. Un entusiasmo que se percibe desde o comezo desta conversa con motivo da súa actuación no ciclo Noites do Porto da Coruña o domingo 23, na que tocará por primeira vez un repertorio íntegro de Chopin.
- Reportaxe
- Cultura
A escena artística máis íntima, de mulleres e sobre mulleres, centra a recta final do FIOT de Carballo
Espectáculos como 'Freak', 'Impalpable' ou 'Pequenas mentiras para contar grandes verdades', que se representan no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, teñen en común equipos con maioría de mulleres nos que se fala do traballo da actriz en primeira persoa, das mulleres que loitaron contra o illamento do rural e dos límites que pór nas interaccións sexo-afectivas
Arte e emoción como catalizadoras do galego: "terapeutas emocionais" nos Encontros para a Normalización Lingüística
É a primeira vez que os Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega desde hai 24 anos, se centran nas artes e na cultura. Xosé Antonio Touriñán, Elena Ferro, Alba Cid, Ángeles Huerta ou Yoseba Muruzábal son os "terapeutas emocionais" que abren un debate que está nos teatros ou nas prazas de abastos, non só nas facultades
- Entrevista | Xabier Cid
- Cultura
"Era moito máis precario 'Memorias dun neno labrego' que isto"
Xabier Cid (Ourense, 1975) traballou como rider, ou como el prefire dicir, como deliveira, entre os anos 2018 e 2020 en Escocia. Unha experiencia marcada por un momento vital moi concreto que decidiu contar no libro ′10.000 millas de andar na bici′, editado por Xerais este ano.
Insultos na rúa, agresións físicas, ciberacoso: o observatorio contra a LGTBIfobia constata o incremento dos delitos de odio
O informe de 2021 do Observatorio impulsado por Alas A Coruña mostra un incremento dun 70,83% con respecto aos datos de delitos de odio recollidos en 2020 e reclama "iniciativas a prol da visibilidade LGTBI" desde o sector público
Unha cultura diversa nun rural vivo: a Rede Aldear nace para impulsar a colaboración entre Lugo e Ourense
Colectivos instalados no rural das provincias de Lugo e Ourense suman forzas na "asociación de asociacións" Rede Aldear, coa que buscan promover accións culturais diversas e visibilizar o traballo sociocultural e de desenvolvemento rural que se está a levar a cabo nestas contornas
"Na xente nova está o futuro da lingua": Youtubeiras crea novos premios para seguir tecendo rede entre as creadoras da internet galega
"Dignificar a lingua" e "visibilizar a todas esas persoas que están creando en galego" son os principais obxectivos dos premios Youtubeiras, que chegan á sexta edición volvendo admitir a todas aquelas persoas que teñan compartido vídeos no Youtube en galego e crean un premio para quen está presente tamén noutras plataformas
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece Santiago
Ao límite no hospital de Santiago: profesionais de Medicina Interna claman por máis persoal para garantir a asistencia
Os internistas critican que "o Servizo de Medicina Interna do CHUS ten na actualidade o menor ratio de internistas por 100.000 habitantes de todos os hospitais do terceiro nivel do Sergas"
- Reportaxe
- Acontece
A sexualidade nas mulleres novas: sexo por compromiso, comentarios sexistas e preocupación polas violencias
Un informe sobre a sexualidade nas mulleres de 18 a 25 elaborado polo Instituto de las Mujeres a nivel estatal confirma a presenza das violencias sexuais no día a día das rapazas, que manteñen patróns que demostran a desigualdade entre homes e mulleres. Por exemplo, máis da metade das entrevistadas afirma que mantivo relacións sexuais por compromiso
Galicia reivindica as súas capacidades de urbanismo sostible no congreso europeo celebrado en Pontevedra
A portavoz do Goberno municipal de Pontevedra, Anabel Gulías, ve no encontro Placemaking Week Europe Pontevedra un fito para reivindicar a capacidade de "crer nas nosas propias posibilidades e ideas" como país para levalas a cabo. "Se unha cidade de Galiza como Pontevedra foi quen de acometer unha das transformacións urbanas máis nomeadas e reclamada en calquera tipo de congreso, é xusto que reivindiquemos esa capacidade", di