Red Eléctrica programou un sistema vulnerable o día do apagamento e as privadas tampouco reaccionaron
O primeiro informe oficial do Goberno de España sobre o cero eléctrico reparte culpas entre o operador do sistema e as grandes compañías
As enerxéticas e Red Eléctrica usan información confidencial do apagamento para culpárense entre si
Coa investigación oficial baixo segredo, as compañías revelan en público datos internos para desligárense da orixe do suceso do 28 de abril. Red Eléctrica, operador semipúblico do sistema, acusa as enerxéticas de incumpriren coas súas obrigas de regulación de tensión e ocultárenllelo
O apagamento superou a capacidade dos cortalumes do sistema aínda que "funcionaron e se activaron"
No momento do apagamento había capacidade para perder sen previo aviso ata o equivalente ao 60% da enerxía, pero a desconexión en cadea de decenas de centrais superou as devasas e tombou a rede. Fontes de Transición Ecolóxicas defenden que o exceso de renovables non foi a causa, aínda que recoñecen que haberá que estudar cambios regulatorios para facelas máis seguras. A única tecnoloxía á que sinalan os técnicos por supor un problema no apagamento foi a nuclear: apagouse por seguridade durante o 'cero enerxético' do luns e non se deu prendido ata o mécores
- Vídeos
- Acontece
O temporal de València provoca a segunda riada máis mortífera de Europa no que vai de século
Con 155 mortes confirmadas ata a tarde deste 31 de outubro, é a maior catástrofe fluvial despois das inundacións de Alemaña de 2021, onde faleceron case 200 persoas
Que é o pago de dereitos de emisións e por que se amplía agora a edificios, coches e barcos
As navieiras que transportan mercadorías e persoas comezarán a pagar en 2025 polo CO2 que expulsen os grandes buques
A Comisión Europea cede e desmonta medidas clave para reducir a contaminación do agro
A presidenta Von der Leyen, do PP europeo, retira por sorpresa a revisión da directiva de pesticidas e a oposición a acusa de tratar de gañar o voto rural
Luces e sombras do biocarburante, a gasolina 'verde' que quere rivalizar co coche eléctrico
Os combustibles renovables xerados a partir de refugallos orgánicos ou aceites usados considéranse neutros en emisións, pero contaminan ao queimarse nun motor
Que é a lei europea para a reparación da natureza e por que o PP trata de freala
O 81% dos hábitats do continente están degradados e 1.667 especies están en perigo de extinción, polo que a UE quere agora ir máis alá de protexer os ecosistemas que xa teñen boas condicións e recuperar tamén os xa danados
A UE chama ao aforro enerxético e recortará os beneficios das eléctricas: "O mercado xa non funciona"
A Comisión Europea propón limitar os ingresos extraordinarios das eléctricas que producen enerxía barata e impoñer unha "contribución solidaria" sobre os beneficios extra das que usan fontes fósiles. En total, uns 140.000 millóns para rebaixar a factura da luz. "Estes ingresos poden utilizarse para proporcionar axudas á renda, descontos [na factura de electricidade], investimentos en enerxías renovables, eficiencia enerxética ou en tecnoloxías de descarbonización", sinala a proposta