O antigo psiquiátrico de Castro de Rei vira en centro de acollida para persoas refuxiadas
O hospital de San Rafael funcionou dende mediados dos anos 50 do século pasado e ata 2012, cando o servizo foi transferido ao Sergas e o edificio, pechado. Tras o acordo de cesión por 75 anos pechado coa Deputación de Lugo, o Ministerio de Inclusión prevé iniciar en 2024 as obras do Centro de Acollida de Protección Internacional, con capacidade para atender 250 persoas
Convocadas as eleccións municipais, vetadas as inauguracións e abertos os prazos para o voto por correo
Os gobernos teñen prohibido dende este 4 de abril celebrar inauguracións ou actos e campañas destinados a salientar os seus "logros". O sufraxio postal pódese solicitar ata o 18 de maio e remitir ata catro días antes das eleccións
O BNG lamenta que o PP prometa pisos protexidos "que non fixo en 14 anos" e defende chegar a un 5% de vivenda pública
No ano 2014 non se fixo ningunha vivenda de promoción pública en alugueiro, igual que en 2015, 2016 e 2017" e "só unha en 2018", subliña a deputada Alexandra Fernández para considerar que Rueda "carece de credibilidade" para prometer agora 1.800 vivendas novas na vindeira lexislatura
Besteiro toma posesión comprometendo "xustiza social, económica e ecolóxica": "Claro que veño facer política"
Nun acto institucional rodeado de expectación, o novo delegado gobernamental apela á xustiza, "un valor cun significado moi especial para min" e lamenta que "se empregue a expresión 'facer política' como algo negativo". "Fagamos política de verdade porque temos unha oportunidade histórica", sinala a Rueda, que lle reclama ser "avogado dos intereses" de Galicia ante o Goberno de España
Os beneficios da AP-9 medran tres veces máis que o tráfico en 2022 e xa rozan o seu récord histórico de 68 millóns
Durante o ano pasado Audasa logrou 67,64 millóns de euros en beneficios despois de impostos, case 16 millóns máis que en 2021. Case o 70% dos tránsitos xa son abonados mediante telepeaxe, un sistema á alza no seu uso por ser preciso para acceder ás peaxes subvencionadas polo Estado, vía que supuxo case 35 millóns de euros en ingresos nese exercicio
- Crónica
- Política
A volta de Besteiro electriza o PSdeG
Ninguén afirma, pero ninguén nega xa que que o novo delegado do Goberno de España vaia ser candidato á Xunta mentres agroman as cábalas sobre as primarias que o terían que ratificar: a máis tardar, xusto á volta do verán. Mentres, da contorna da dirección do PSdeG choven os eloxios polo seu retorno sete anos despois: dende o seu perfil electoral ao seu bo entendemento co BNG
O PSdeG amosa que a líder do PP de Lugo deu papeis á Fiscalía para "orixinar a persecución contra Besteiro"
Despois de que Rueda respondese que "non é certo" que Elena Candia manobrase para incriminar o agora novo delegado do Goberno de España en Galicia, o PSdeG divulga documentos nos que ela consta como a persoa que achegou en 2013 ao fiscal os papeis na orixe do caso 'Pulpo'. Os socialistas cren que foi unha "artimaña mesquiña" para "destruír" a Besteiro e ven "inhabilitada politicamente" á actual candidata do PP á alcaldía lucense
Inconcrecións e dilacións da instrución xudicial exoneran a empresa sinalada como centro da trama Pokémon
Esta semana transcendeu o arquivo outra peza do caso , unha das pólas coruñesas nas que De Lara acusaba edís de PP e PSOE, persoal municipal e o delegado da empresa Véndex en Galicia de participar nunha trama de tráfico de influencias e "enchufes". Non quedou "debidamente acreditado" que ninguén cometese delito ningún. O arquivo chega pouco despois de que o xulgado de Lugo que dirixía De Lara considerase inimputable ao fundador de Véndex, un home de avanzada idade que, tras máis dunha década de instrución, padece deterioro cognitivo
O primeiro gran incendio forestal do ano en Galicia chega ás 1.400 hectáreas en Baleira tras forzar desaloxos
O forte vento e as altas temperaturas contribúen ao espallamento das lapas no gran incendio da montaña lucense e noutros de menor dimensión en Alfoz, Viveiro e Taboada
"Inquietude" nas autonomías plurilingües porque Google "relega" os idiomas oficiais diferentes do castelán
Os gobernos asinantes do protocolo de colaboración en materia lingüística creado en 2007, entre eles o de Galicia, acordan na súa reunión periódica dirixirse "ás principais plataformas de contido audiovisual" para pedirlles "unha oferta suficiente de produtos dobrados ou subtitulados" ao galego, éuscaro e catalán alén do "avances recentes" e subliñan que pediron o mesmo a RTVE, especialmente para as súas canles infantís e xuvenís
Sánchez devolve a Besteiro á política galega como delegado do Goberno de España
Fontes socialistas consultadas por Praza.gal dan por seguro que o que fora secretario xeral do PSdeG entre 2013 e 2016 será nomeado polo Consello de Ministros este mesmo martes. O político lucense substituirá a José Miñones, novo ministro de Sanidade
Pontón pide reunirse con Rueda e Formoso para evitar que "naufrague" o traspaso da AP-9
A portavoz nacional do BNG reclama en senllas cartas aos líderes popular e socialista en Galicia "defender os acordos unánimes do Parlamento galego" e evitar que as emendas presentadas por cadanseus grupos no Congreso impidan que a lei para a transferencia da Autoestrada do Atlántico acabe sendo aprobada antes da fin da lexislatura estatal