- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
2022 rematou con quince desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación en Galicia
No cuarto trimestre do pasado ano os desafiuzamentos foron 338 e os novos casos de ocupación, 19. A respecto do último ano previo á COVID tanto os desaloxos como os casos de ocupacións ilegais abordados polos xulgados caen un 30%
- Crónica
- Política
Un PP menos "deG" á sombra do ex-presidente
Hai un ano, cando o ex-titular da Xunta marchou remudar a Pablo Casado, a Xunta era Feijóo e o PPdeG, tamén. Agora sucede o mesmo na dirección estatal ante a que os populares galegos non amosaron aínda o estilo propio atribuído a Rueda en estratexias, discursos e mesmo estética
Do tren á policía: a Xunta redobra as esixencias ao Estado sobre competencias que renunciou a ter
A Xunta pon o foco na escaseza de efectivos na Unidade de Policía Adscrita, que ía ser substituída por un corpo policial galego integral ao abeiro da lei de 2007, a cal requiría dun traspaso de competencias ao que o PP bloqueou ante as críticas de gardas civís e da extrema dereita. Nos últimos días tamén intensificou as peticións ao Estado sobre o tren Ferrol-Ribadeo, que sería xestionado polo Ente Ferroviario Galego que Feijóo prometeu se o proxecto non fose abandonado
Xunta e Principado retoman os cumios galaico-astures evocando a Fraga e ignorando a Touriño
Rueda e Barbón anuncian un encontro bilateral en Taramundi o 17 de marzo para "abordar o reto demográfico" e aseguran "recoller o testemuño" das reunións de Laxe e Fraga cos seus homólogos asturianos, sen mencións ás mantidas por Emilio Pérez Touriño con Vicente Álvarez Areces
O PP de Ourense expulsa o seu histórico ex-alcalde de Celanova por "apoiar" o actual rexedor, dun partido independente
Mouriño, procedente de Centristas de Galicia, antigo partido dos Baltar, foi alcalde da Vila por dúas décadas e deputado no Parlamento. Os populares acúsano de "condicionar a vida política" da vila co seu apoio ao rexedor de Celanova Decide e bótano porque "non toleran deslealdades"
- Crónica Cara ao 28M
- Política
Cambio si, pero non aquí
Por que Feijóo dea xuntado unha maioría que o invista presidente do Goberno de España pasa boa parte da expectativa conservadora de reter a Xunta. Se a conta non sae, nos círculos do poder galego medrarían as dúbidas sobre Rueda. Neses mesmos círculos o perfil 'presidenciable' de Pontón comeza a ser considerado como hipótese e o "cambio" que non interesa a Rueda, como posible se Feijóo non triunfa á primeira, Sánchez recunca e o PSOE tamén aposta con forza pola mudanza en Galicia
Rueda presenta as municipais como "antesala" da campaña de Feijóo, que se atribúe a caída de Sánchez en 2016
O PP recupera a escenografía das súas grandes ocasións para presentar as cabezas de lista ás municipais facendo ver que conserva intacta a capacidade de organizar mitins de gran asistencia. O ex-presidente asegura que vai facer "no conxunto da nación" o que "fixemos en Galicia durante tanto tempo": "A suma de minorías radicais non poderá impoñerse ás maiorías democráticas", apelou
A Confraría de Noia tenta frear o vertido de 800.000 metros cúbicos de auga dunha mina autorizado pola Xunta
O pósito esgrime un informe dun experto en hidroloxía e residuos mineiros segundo o cal non está garantido que o vertido "non contamine a ría". "Como se pode permitir baleirar augas con materiais pesados a unha mina sen permiso para funcionar?", pregunta a Confraría, afectada este mes pola morte de ata o 81% do berberecho por baixa salinidade das augas, segundo a Xunta, por mor das fortes chuvias
A Xunta merca ao 'banco malo' 40 vivendas por 3,5 millóns que xa tiña cedidas para alugueiro social
A Sareb cedera estes pisos á Xunta cun convenio asinado en 2015 e renovado en 2019. Agora, no canto de continuaren a cesión, o Goberno galego mércallos á entidade que absorbeu o 'ladrillo tóxico' no rescate bancario, incluídos 5.000 millóns de activos inmobiliarios de Caixa Galicia e Caixanova. A finais de 2022 xa mercara por case 4 millóns 55 pisos que lle cedera Abanca
- Crónica Pola sanidade pública
- Política
2.400 millóns menos en 13 anos para Atención Primaria e a "impresora" de Ana Pontón
Pontón (BNG) reprocha a Rueda unha redución acumulada de 2.339 millóns de euros no orzamento de Atención Primaria a respecto de 2009 e o presidente asegura que se deben ao "aforro farmacéutico", se ben 882 millóns desa diminución non son atribuíbles á partida de medicamentos. Álvarez (PSdeG) advírteo de que "mente" ao culpar a Pedro Sánchez da escaseza de persoal médico tras cinco anos de máximos de prazas MIR. O titular da Xunta acusa o Estado de non "flexibilizar" os criterios de docencia para "desgastar" os gobernos autonómicos
A Xunta ultima a autorización dun casino en Santiago que legalmente estará na Coruña
A lei do xogo aínda en vigor só permitía instalar un casino na contorna da Coruña e outro en Vigo. Pero a reforma aprobada polo PP en 2014 permite que ambas empresas abran cadansúas "salas adicionais" a quilómetros de distancia se están na mesma provincia, norma coa que o Goberno galego xa deu luz verde ao casino de Vigo considerado unha sala do da Toxa
- 📺
- Política
O Parlamento Europeo afea a Israel a expulsión de Ana Miranda malia viaxar en misión oficial
"Que non me deixen entrar é o prezo a pagar por defender os dereitos humanos e denunciar a ocupación e o apartheid que Israel practica co pobo palestino", afirma a eurodeputada do BNG. A Eurocámara e o Goberno de España confirman protestas formais ante as autoridades israelitas pola expulsión, que foi respondida con mofa dende o PP de Galicia