Lores lamenta que o Supremo se "cargue a Lei de Costas e a protección do litoral" para avalar que Ence quede ata 2073
"Poderoso caballero es don dinero", afirma afirma o alcalde de Pontevedra, quen sinala que os servizos xurídicos do Concello analizarán se hai marxe de manobra cando a sentenza sexa pública. En todo caso, advirte: "Non deixarei de loitar por todas as vías para ver cumprido o soño de ver a ría sen Ence"
A ría de Pontevedra, ata 115 anos xunguida a Ence coa blindaxe do PP que agora avala o Supremo
Durante anos o 2018 foi o horizonte para a saída de Ence da ría por ser o límite dos 60 anos da concesión franquista, pero comezou a esvaecer grazas á reforma da Lei de Costas do Goberno de Rajoy culminada en 2013, máis dunha década despois da privatización da pasteira. Os argumentos cos que o Supremo revoga a ilegalización da prórroga que sentenciara a Audiencia Nacional certifican que decisións políticas coma esa resultaron clave para que a compañía poida gozar dos terreos públicos da ría ata 2073
A Xunta comeza a inclusión de leiras abandonadas no Banco de Terras, que o PP atacou por vela comunista
"A Xunta comezará a investigación da propiedade dos terreos de donos descoñecidos coa finalidade de incorporalos, no seu caso, ao Banco de Terras cara á súa posta en valor", confirma Medio Rural. Faino ao abeiro da lei de recuperación da terra agraria, que inclúe diversas medidas atacadas polos populares como unha "sovietización encuberta" de consecuencias "gravísimas" cando as impulsara o Goberno de PSdeG e BNG
Feijóo erixe a Aznar en "exemplo" vinte anos despois de que o inserise na Xunta de Fraga tras o Prestige
O ex-presidente xunta a Aznar e Rajoy e sinálaos coma o "mellor exemplo de que España pode contar co PP". Quen lideraba o partido e o Goberno de España en tempos do Prestige teoriza que o PSOE "non se presenta" ás eleccións municipais porque en realidade é unha "coalición negativa de populistas de extrema esquerda, de secesionistas"
Transición Ecolóxica identifica 53 puntos de augas contaminadas por nitratos agrarios en Galicia, oito deles en ríos
Unha directiva europea obriga dende hai máis de tres décadas a delimitar zonas vulnerables á contaminación por nitratos. En Galicia e noutros puntos do Estado non está designada ningunha, o que derivou nunha demanda da Comisión Europea. O Ministerio di que na resposta á demanda colaborou coa Xunta, que recentemente estimou a superficie afectada por nitratos nunhas 60.000 hectáreas, o 10% da terra agraria galega
- Crónica
- Política
A "lexitimidade" dun mandato (vitalicio?) na dirección da CRTVG
Mesmo ante un eventual cambio de Goberno en 2024, coas actuais regras o máis probable é que Sánchez Izquierdo puidese, se así o quixese, continuar dirixindo a Corporación Radio e Televisión de Galicia nun posto que a reforma unilateral do PP en 2015 virou en algo semellante a un cargo vitalicio
- Documento Pola sanidade pública
- Política
A Xunta recupera en plenas protestas os "incentivos" a persoal médico titor de futuros facultativos que xa anunciara en 2021
O Goberno reactiva o decreto de formación sanitaria en vésperas da mobilización convocada por SOS Sanidade para o 12 de febreiro. A primeira versión do proxecto de decreto prevía facilidades ata 2027 para que o persoal médico de Atención Primaria que titorice residentes poida ascender na carreira profesional. Contemplaba tamén que o persoal titor puidese dispoñer de "dúas horas por residente e mes" para este labor
- Datos
- Economía
A suba do paro en xaneiro volve a niveis previos á pandemia en Galicia, pero con máis poboación ocupada que daquela
O paro rexistrado aumentou no primeiro mes de 2023 menos que na media estatal, aínda que o dato interanual de afiliacións á Seguridade Social, cunha suba do 0,86%, dá sinais de desaceleración
Cinto verde ou de asfalto: o impacto dunha prometida autovía da Xunta na ribeira do río Rato axita a precampaña en Lugo
A Rolda Leste concibiuse para pechar o anel de circunvalación da cidade e conectar o hospital. Tras a conclusión da primeira fase, impulsada polo Goberno de PSdeG e BNG, a Xunta do PP anunciou en 2009 o proxecto da segunda, que tivo parado unha década. Agora vén de recibir a "actualización do proxecto" encargada en 2021 e fixo saltar as alarmas ao seguir prevendo elementos como un viaduto de 120 metros en plena reserva da biosfera Terras do Miño, xerando reticencias ou aberta oposición no goberno local de PSdeG e BNG e tamén en C's
- Crónica
- Política
Feijóo á procura dunha neveira
Sánchez afirma que abonda con ollar á "prensa conservadora" para saber o que vai facer Feijóo. Ten tamén a opción de botar man doutro guieiro: o sucedido en Galicia de 2006 a 2009, tal e como acredita a recente 'reciclaxe' do seu "contrato con Galicia". Aplicando o manual, a vicepresidenta Yolanda Díaz ou a ministra Irene Montero ben poden ser 'candidatas' para seren, proximamente, destinatarias de acusacións de "desbalde" e "súper-luxo" por parte do equipo do ex-presidente
Galicia seguiu á cola do Estado en cobertura das residencias de maiores durante o segundo ano da COVID
A Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais estima que Galicia precisaría unhas 14.000 prazas adicionais para chegar á recomendación da OMS de dispoñer de cando menos 5 por cada 100 persoas maiores de 65 anos. O aumento de prazas con financiamento público no país nos últimos anos chegou, sobre todo, pola vía da subvención a residencias privadas
O conselleiro asegura que a manifestación unitaria de SOS Sanidade Pública responde a "ordes de Ana Pontón"
As protestas polas eivas na Atención Primaria e outros servizos do Sergas marcan as críticas da oposición na comparecencia sobre medidas de saúde pública do conselleiro Comesaña, que reduce a plataforma que convoca a protesta do 12 de febreiro a "un grupo de directivos" do antigo Goberno de PSdeG e BNG (2005-2009), aos que descualifica como "SOS bipartito"