Rafael Pillado, vida de loita fronte ao franquismo, o silencio e a morte
O histórico sindicalista e loitador contra a ditadura faleceu do cancro que lle provocou a exposición ao amianto nas catro décadas nas que traballou nos estaleiros da Bazán. "Non quero morrer en silencio", advertira ao coñecer a enfermidade despois de décadas de denuncia sobre os efectos deste "asasino silencioso". Loitou ata a fin
- Crónica
- Política
A silenciosa caída definitiva do todopoderoso empresario que augurou a "fin de Galicia" se Feijóo non gobernaba
Esta semana o Supremo condenou o antigo presidente de Pescanova a 6 anos de cadea, dous menos dos que lle impuxera a Audiencia, ratificando que cometeu delitos de falsidades nas contas, de falseamento da información económica e de alzamento de bens
O máximo de prazas para formar persoal médico desmonta a cerna do argumentario do PP contra SOS Sanidade
As 8.550 prazas da convocatoria MIR de 2022 supoñen un 31% máis que na última da 'era Rajoy', durante cuxo mandato culminou un descenso de ata un 12%, e en Galicia as 620 prazas da última convocatoria son un 57% máis que hai media década
- Entrevista | Borja San Ramón
- Política
"Interésanos gobernar; na esquerda hai algunha xente cómoda na oposición, sendo moi coherente e sen mellorar a vida da xente"
O coordinador nacional de Podemos en Galicia e e candidato da formación ás municipais en Ferrol asegura que a dirección que encabeza dende hai dous meses ten o obxectivo de que a formación traballe con "vocación de continuidade" alén dos procesos electorais. Asegura que as "políticas concretas" impulsadas por Unidas Podemos no Goberno de España dende 2019 poden "mobilizar voto" cara ao partido nun contexto no que confía no acordo coa plataforma Sumar, de Yolanda Díaz, para os comicios xerais deste ano.
- Datos
- Acontece
Galicia principiou os anos 20 cun novo récord de envellecemento e baixa natalidade
Mentres o INE estima que os nacementos volveron caer en 2022 e quedaron en 14.556, un 1,56% menos, o IGE certifica que en 2021 o país xa tiña 167 persoas maiores de 64 anos por cada cen menores de 20 e rexistraba apenas 5,49 nacementos por cada mil habitantes, ambos indicadores con tendencia de empeoramento
BNG e PSdeG piden atender as súas propostas para o Sergas tras a "histórica" protesta de SOS Sanidade e o PP culpa a Sánchez
Pontón subliña que o Bloque ultima un plan de Atención Primaria que contempla dedicar a este servizo ata o 25% do orzamento sanitario, "o recomendado pola OMS", e os socialistas lembran iniciativas "rexeitadas polo PP" como fixar por lei un máximo de 48 horas de espera en Primaria. Os populares manteñen a súa campaña en redes sociais para culpar a Pedro Sánchez da carencia de persoal médico e reclaman á actual oposición que tras "capitalizar" e "manipular" a manifestación, se "envorquen en convencer" o Goberno de España
Un ano do incendio no PP que levou a Feijóo a Madrid e deixou a primeira dimisión dun presidente da Xunta
O 16 de febreiro de 2022 estouraba a crise coa que Ayuso tombaba a Casado para que os baróns desen o partido a un Feijóo que neste tempo vén replicando no Estado as mesmas estratexias que o levaron en 2009 a San Caetano
- 📺 Crónica Pola sanidade pública
- Política
Unha manifestación política
Xunta e PP condensan as súas acusacións contra SOS Sanidade reprochando que a protesta que reclama un cambio na política sanitaria ao responsable político do Servizo Galego de Saúde está "politizada". "Hai moita politización", lamenta o presidente
Feijóo di ver "correcta" a lei do aborto agora avalada polo Constitucional, cuxa derrogación apoiou dende a Xunta
En plena controversia pola contrarreforma que impulsaba o ministro Ruiz-Gallardón, o ex-presidente e actual líder do PP defendera que buscaba "recuperar o consenso tácito" da lei de 1985 e opúñase a de 2010, que recorreran os populares, por vela "imposta", "sen apoios suficientes" e "unilateral"
A Xunta esixe ao Estado tren de proximidade unha década despois de renunciar ao prometido Ente Ferroviario Galego
O ferrocarril de proximidade é unha das grandes materias pendentes en Galicia e o Goberno galego do PP prometera abordala coa creación do Ente Ferroviario Galego, que asumiría as competencias do Estado na materia e ademais, afirmaran, impulsaría e xestionaría liñas de metro lixeiro en Vigo, A Coruña e Santiago
O PSdeG acusa a Xunta de inserir candidatos do PP ás alcaldías en actos oficiais como "plataforma de publicidade electoral"
O vicepresidente Calvo mantén que "sempre que imos nunha visita institucional, está convidado o alcalde sexa do partido que sexa" e reprocha ao PSdeG ausencia de convites á Xunta en actos organizados polo Goberno de España en Galicia
Rueda intensifica o ataque á protesta de SOS Sanidade e sinala a BNG e PSdeG como "parte do problema" do Sergas
O presidente esgrime plans como "garantir 33 citas de 10 minutos" ao persoal de Atención Primaria e pagar máis se debe "prolongar a xornada" e carga contra gobernos locais de BNG e PSdeG por "pagar autobuses para manifestarse contra a Xunta". Pontón ínstao a "pedir perdón despois de trece anos poñendo en risco a saúde" da poboación con eivas como "listas de espera de ata 15 días para o médico de cabeceira" e Álvarez (PSdeG) pídelle "reflexionar" sobre as causas dos miles de apoios recibidos por SOS Sanidade