Pedro Sánchez nomea a José Miñones ministro de Sanidade e proxéctao de vez á primeira liña política
O ex-alcalde de Ames, doutor en Farmacia, chega ao Consello de Ministros tras dous anos como delegado gobernamental cunha intensa defensa do labor do Executivo do PSOE e UP en Galicia. O seu ascenso tamén dispara as análises sobre a eventual candidatura do PSdeG á Xunta
- Crónica Sector eólico
- Política
O PP galego, de asumir o "comunismo" na terra a avanzar no aire cara ao "atentado contra a liberdade de empresa"
Tras xirar para asumir como propio o Banco de Terras e mesmo levalo máis alá do previsto polo Goberno de PSdeG e BNG, o PP agora encabezado por Rueda vira o rumbo na enerxía eólica para prometer a participación pública da que aprobou "prescindir" nada máis retornar á Xunta hai década e media
Formoso censura que Rueda opte polo "seguidismo a Ayuso" para litigar contra o imposto "aos millonarios"
O PSdeG coida que a viraxe da Xunta sobre a participación pública debeu chegar antes das recentes autorizacións de case 80 parques eólicos: "Agora a posición negociadora vai ser feble"
A Xunta recorre o imposto estatal ás grandes fortunas na defensa da súa rebaixa tributaria ás rendas máis altas
Este tributo atinxe á poboación con máis de 3 millóns de euros e o Goberno de España concibiuno como "complementario" ao de patrimonio, para paliar rebaixas como as aplicadas por Galicia. Rueda esgrime que o Goberno galego recorre ao Constitucional na defensa da súa capacidade de aplicar descontos ao imposto de patrimonio, que neste 2023 implican unha diminución de 16 millóns de euros nos ingresos da Administración galega
O ex-ministro Caamaño e un ex-presidente da Audiencia Nacional, no equipo co que Pontevedra busca anular a sentenza de Ence
O Concello de Pontevedra recorrerá o aval do Supremo á permanencia da pasteira na ría cun incidente de nulidade e tamén, confirma Lores, en amparo perante o Tribunal Constitucional
Pontón lanza a reclamación de 35 competencias para "mellorar a vida" en Galicia tras 15 anos sen ningunha
O control do tráfico que implicaría despregar a Policía galega, salvamento marítimo, ordenación do litoral ou bolsas de estudo inclúense nos traspasos que o BNG reclama porque, sinala, defender "un novo status político de nación non impide avanzar no autogoberno pola vía das transferencias". Lembra que Rueda censurou como escaso que o Goberno de coalición PSdeG-BNG só lograse "14 traspasiños". Década e media despois "o balance é cero competencias novas"
A Xunta contrata espazos publicitarios en valos e autobuses ata mediados de 2024
O vindeiro maio expira o contrato de publicidade exterior asinado pola ex-secretaria de Medios Mar Sánchez Sierra o día do seu cesamento para marchar con Feijóo a Madrid. O Goberno galego volve contratar 58 valos, dos que cando menos a metade teñen que estar nas cidades, e espazos publicitarios en tres autobuses urbanos, un deles en Santiago e os outros dous rotando nas restantes seis urbes. Volve ofrecer ata 450.000 euros
Desbloqueada en Lugo a última operación urbanística para xuntar bus e tren nas cidades galegas
Adif, Xunta e Concello de Lugo asinan o convenio para a construción da nova estación intermodal da cidade, con senllas novas terminais de tren e autobús e unha remodelación urbana para integrar un complexo que prevén ter rematado en 2025
Regreso ao traspaso da AP-9 lonxe da unanimidade acadada en Galicia e coa fin da lexislatura estatal facéndoo perigar
Dous anos despois do primeiro visto e prace do pleno do Congreso, a lei do traspaso da AP-9 é desbloqueada sen que isto implique necesariamente que chegue a ser aprobada e, menos aínda, que o faga nos mesmos termos cos que saíu de Galicia. O PSOE defende transferir as competencias de administración e explotación da AP-9, pero non a titularidade. O PP reclama impoñer ao Estado novas obrigas económicas. O BNG aposta por aprobar a lei sen emendas, segundo o acordado no Parlamento galego
O Concello de Pontevedra activa a vía coa que tentará anular a sentenza que permite a Ence seguir na ría
Tramita un incidente de nulidade no que alega "indefensión" porque a Audiencia e o Supremo, di, só atenderon un dos cinco argumentos que esgrimiu contra a prórroga, deixando fóra aspectos como a ausencia de competencia ao ditala. Greenpeace, acode ao Constitucional ao considerar que o Supremo fai "unha interpretación incompleta" da protección da costa ao avalar a permanencia da pasteira baseándose unicamente nun informe da Xunta
- Crónica
- Política
De Sousa, Del Pino, a loita continúa
Década e media despois de acusar o Goberno de PSdeG e BNG de que Pescanova tivese que "marchar a outro lado" por anular a autorización dunha piscifactoría no cabo Touriñán, ilegal segundo o Supremo, o ex-presidente culpa a Pedro Sánchez de que Ferrovial traslade a súa sede aos Países Baixos
Formoso aspira a un quinto mandato como alcalde das Pontes sen desbotar ser candidato do PSdeG á Xunta
O secretario xeral do PSdeG defende que é momento de velar polos proxectos industriais en marcha na súa vila "dende As Pontes para Galicia" sen que iso supoña "renunciar" ao seu "compromiso" en clave galega: "Toca ser responsables"