- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo tamén recicla o 'Contrato con Galicia' e volve cuestionar o sistema electoral dos concellos
O ex-presidente substitúe o "contrato con Galicia" por un "contrato co país", presentado como en 2009 escasos días despois de brindar o apoio dunha ampla comitiva do PP a unha manifestación 'ultra' á que evitou acudir persoalmente. O líder popular di pretender confrontar un "asedio ás institucións" e reedita promesas como unha "rexeneración democrática", menor uso dos medios de transporte oficiais ou a esixencia de que nos concellos goberne "a lista máis votada"
CIG-Ensino alerta de que a Xunta deixa unha porta aberta a manter subvencións ilegais aos colexios que segregan por sexo
O sindicato coida que o Goberno galego "elude" citar a prohibición de subvencionar os centros segregacionistas para "pretender que centros que mantiveron o concerto grazas á blindaxe" da Lei Wert sigan "recibindo fondos". De ser así, advirten, recorrerán aos tribunais como xa fixeran na década pasada. Censura, asemade, que a Xunta estenda por 6 anos duración de todos os concertos, máis do fixado pola norma estatal
A caída da estrada entre Foz e Burela pon o foco nas eivas da mobilidade na Mariña e nas promesas para mellorala
A derruba condicionou fortemente as comunicacións nunha comarca que, só na beira litoral, suma case 57.000 habitantes e revela a enorme dependencia da N-642 para a mobilidade dos que quedaron sen acceso á autovía A-8. A Xunta xa desbotou a "autovía do norte Ferrol-San Cibrao" que Feijóo prometera para 2012 e pon o foco nos tramos do corredor que conta con apenas 8 quilómetros de Celeiro a San Cibrao. Na banda estatal, o principal compromiso que non pasou do papel é unha autovía de San Cibrao a Barreiros
O senador Tellado encabeza a comitiva do PP na manifestación que descualifica a Pedro Sánchez como "ditador e golpista"
Os populares lanzan contra Sánchez e o Goberno de España acusacións como estar inmersos nunha "deriva" na que o Estado está "dirixido" por EH-Bildu e ERC. Na súa etapa de oposición en Galicia Feijóo tamén apoiou que o PP se adherise a unha mobilización 'ultra', daquela para denunciar unha suposta "ditadura" lingüística, e igual que agora tamén evitou acudir
A Xunta destina 1.900 millóns a concertos coa escola privada ata 2029 e asume que é ilegal subvencionar os que segregan
O Goberno galego reserva 1.902,9 millóns de euros na orde de concertos que estende ata o curso 28-29. Son 352,28 máis que na anterior, un incremento do 22,7%. Fixa 6 anos de duración para todos os concertos, máis do esixido pola lei estatal, e remítese ás normas de escolarización fixadas nela, que indica que "en ningún caso haberá discriminación" por criterios coma o sexo
- Datos
- Acontece
Nove das 53 comarcas galegas gañan habitantes e as cidades xa concentran case o 40% da poboación
Betanzos e Santiago encabezan a lista de comarcas que no inicio de 2022 sumaban poboación, segundo os datos que vén de actualizar o IGE. Viana e Os Ancares, as que máis perden
A protesta sanitaria recrúa e a Xunta tenta contela en vésperas da primeira proba electoral para Rueda
Cunha cuarta parte do persoal médico maior de 65 anos e algo máis da metade por riba dos 55, profesionais apuntan que as malas condicións laborais e a propia saturación dificulta a captación e formación de novos cadros en áreas clave como a Atención Primaria. O presidente Rueda esgrime accións como o seu plan para rebaixar as listas de espera mentres a tensión mobilizadora non cede en vésperas da mobilización unitaria convocada por SOS Sanidade para o 12 de febreiro
Lanzada a fronte de concellos para alertar da "situación límite" do Sergas en Pontevedra, que a Xunta reduce a un "tema partidista"
Alcaldes e edís de PSdeG, BNG, EU e mesmo C's acudiron á xuntanza, á que declinou asistir o PP. Na vintena de municipios do distrito sanitario pontevedrés, advirten, ningún centro de saúde ou PAC "ten funcionamento normal" por falta de persoal, o que "conduce ao colapso das urxencias hospitalarias". O conselleiro Comesaña, que convocou os concellos para a vindeira semana, lamenta que a protesta non cite o Goberno de España
Nova carreira en internet para obter axudas da Xunta contra o 'feísmo': a medianoite para particulares, a mediodía para concellos
A Consellería de Medio Ambiente volve optar polo procedemento de concorrencia non competitiva para distribuír as súas axudas para corrección de impactos paisaxísticos, que desta volta suman 2 millóns, polo que a velocidade na tramitación no prazo aberto este 18 de xaneiro segue a ser o criterio determinante para logralas
Feijóo foi pioneiro en protexer por lei as teses antiabortistas: 13 anos de abeiro da Xunta á 'Red Madre'
Tras lograr a maioría absoluta en 2009, a primeira iniciativa lexislativa que impulsou o PP de Feijóo foi a da 'Red Madre' formulada polo Foro Español de Familia. A lei deu promoción legal á entidade antiabortista, despregada no territorio mediante asociacións que só nos últimos catro anos levan recibidos uns 300.000 euros da Xunta, que tamén lle cedeu espazos públicos para a súa actividade. A cuestión rexorde ao fío da ofensiva antiabortista do bipartito PP-Vox en Castilla y León
Rueda tenta frear os ecos de adianto electoral porque "se un se presenta para catro anos e cortas antes, non cumpriches"
"Se un se presenta a unha campaña para gobernar catro anos, os proxectos son para catro anos. Se cortas dous anos antes, está claro que non cumpriches o que tiñas que facer e eu pretendo cumprilo", esgrime ante os ruxerruxes dun eventual anticipo das eleccións. O actual presidente da Xunta e do PPdeG remudou a Feijóo na presidencia 1 ano e 8 meses despois das últimas eleccións galegas
A ocupación privada da costa e a subvención ao transporte en coche privado toman a axenda política malia á crise climática
Cidades galegas como Vigo ou Santiago rexistraron case 300 días con temperaturas por riba do normal en 2022, ano no que Galicia sufriu o maior incendio forestal dende que hai rexistros comparables mentres continúan as advertencias científicas sobre a suba do nivel do mar. Paralelamente, a Xunta intensificou a súa campaña a prol da ocupación do litoral a longo prazo e o Estado aumentou as bonificacións ás peaxes das autoestradas para 2023