- Datos
- Política
As prazas en residencias privadas de servizos sociais duplican as públicas en Galicia
As prazas públicas seguen sendo minoría absoluta, segundo o IGE, malia rexistrar un incremento do 84% entre 2017 e 2020. A ocupación dos centros residenciais públicos, do 94%, superou en dez puntos a dos privados no primeiro ano da pandemia nun sector protagonizado polos centros da terceira idade, con seis de cada dez residentes maiores de 80 anos
O PSdeG xa abre a porta ao retorno de Besteiro á primeira liña política: "Estará onde queira estar"
Formoso ve a 'desimputación' de Besteiro como "un dos días máis bonitos dos últimos sete anos" e mantén que "estará onde queira estar" por ser "un activo imprescindible do PSdeG". "Esas causas foron inducidas por anónimos e hai que lembrar que a señora Elena Candia trasladaba eses anónimos ao xulgado para enturbar, debería pedir perdón", advirte Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e vicesecretaria xeral do partido, reclamación que tamén secunda José Tomé, presidente da Deputación lucense e secretario provincial da formación
Uns 700 médicos que traballan no Sergas e na privada esixen cobrar o plus do persoal que só exerce na pública
Mediante unha recollida de sinaturas impulsada polo sindicato gremial O'Mega, este colectivo defende que "a non percepción" deste complemento salarial, duns 800 euros mensuais, é "unha marxinación económica" e aseguran que Feijóo lles prometera "solventar a situación" cando chegou á presidencia
Arquivada a última causa contra Besteiro, que queda sen freos xudiciais para a política
O xulgado arquiva o caso Pulpo sobre adxudicacións dun programa turístico da Deputación de Lugo, que precipitou a dimisión do lucense como secretario xeral do PSdeG en 2016. "Afírmanse irregularidades e ilicitudes, puntos escuros e/ou sospeitosos, pero os mesmos non son dabondo para configurar un xuízo indiciario de responsabilidade criminal (...), para reputar minimamente xustificada a perpetración de delito", afirma a xuíza
Se é verdade, por que me chamas?
David Lombao
O PP desenterra o argumentario contra as "coalicións de perdedores" tras entregar a alcaldía de Ourense á terceira forza
As enquisas apuntan a que os medres do PP nas municipais de 2023 chegarían sobre todo pola desaparición de C's nos concellos onde logrou representación en 2019. Crecen, pero volven quedar sen ninguén con quen pactar
- Datos Crise de prezos
- Economía
O prezo da gasolina baixa a niveis previos á invasión da Ucraína en vésperas da reformulación do desconto estatal
O prezo medio do litro de gasolina rolda agora en Galicia os 1,60 euros, prezo moi semellante ao de mediados do pasado febreiro. A cotización do petróleo caeu un 33% dende xuño e os prezos de venda ao público da gasolina, oito puntos menos
- 📺 Crónica
- Política
Feijóo tamén cuestionou que Touriño puidese ser considerado presidente
No actual cuestionamento da lexitimidade da presidencia de Pedro Sánchez ecoa tamén a estratexia de oposición de Feijóo en Galicia fronte ao Goberno de PSdeG e BNG. "Anda colgado por todas as farolas dicindo que é o presidente (...) Para ser presidente requírese gañar limpamente as eleccións e vostede nunca gañou unhas eleccións", afirmara Feijóo sobre Touriño cando o socialista levaba máis de tres anos na presidencia
- Documentos Pola sanidade pública
- Política
A condena á Xunta por non avaliar a tempo a sobrecarga do persoal médico de Atención Primaria axita a crise sanitaria
O TSXG condenou a Xunta a instancias do sindicato O'Mega por "vulnerar os dereitos" deste persoal médico ao "incumprir coas súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais" e "valoración da carga de traballo". O conselleiro de Sanidade confirma que a Xunta valora recorrer a condena e esgrime que "xa se está a facer" a enquisa incluída no plan para aplicar novas medidas fronte a riscos psicosociais do persoal do Sergas, cuxo cronograma chega a finais de 2023
O PP escíndese no gran feudo da dereita na montaña de Lugo
O que fora concelleiro de Cultura de Quiroga durante dúas décadas e ata o pasado outono, José Luis Rivera, anuncia a fundación dun partido independente para disputar en 2023 a alcaldía que ostenta o PP con amplas maiorías absolutas do mesmo alcalde, Julio Álvarez, dende os anos 80
- Datos Crise de prezos
- Economía
A inflación modérase tres décimas en Galicia pola luz e o prezo dos alimentos segue disparado co azucre á cabeza
O dato galego da suba interanual do IPC queda no 7,5% en outubro e no 6,8% na media estatal. Os prezos da enerxía e dos combustibles están agora apenas un 0,8% por riba dos de hai un ano pero os dos alimentos superan o 15% de incremento; o azucre é agora un 65% máis caro que doce meses antes e a suba de prezos en alimentos básicos como os ovos ou o leite rolda o 30%
Permiso de 8 semanas, renda crianza ou máis licenzas para coidar: o que xa sabemos da nova lei de familias
O permiso por accidente ou enfermidade de familiares amplíase de 2 a 5 días e esténdese a conviventes. Xunto a el, a lei crea un novo de 8 semanas para coidado de fillas e fillos ata oito anos e outro de catro días por "causa de forza maior" no ámbito familiar. A "renda de crianza" de 100 euros ao mes chegará á máis nais e as parellas de feito gozarán do permiso de 15 días ata agora limitado aos matrimonios