O PP pide máis subvención á peaxe da AP-9 no ano en que remataría a concesión se Aznar non a prolongase
Tras a prolongación do Goberno de Felipe González en 1994, o remate da concesión da AP-9 quedou no 18 de agosto de 2023. Pero a prórroga aplicada por Aznar no ano 2000, de cuxa legalidade dubida agora a UE, levouna ata 2048. Os populares reclaman asumir con fondos públicos a eventual suba das peaxes pola inflación en 2023, ano no que os Orzamentos do Estado inclúen 70 millóns para bonificacións nesta autoestrada
- Crónica
- Política
Escóitano? É o silencio
Un silencio, o de Feijóo tras a elección da Coruña como sede da Axencia de Intelixencia Artificial, foi unha das cuestións políticas máis comentadas nesta semana festiva en Galicia. A designación chegou en tempos preelectorais nos que Feijóo anima a despedirse de maneira "digna" a Ciudadanos, cuxa actual representación pode ser clave para o PP nalgúns concellos galegos
A Coruña concreta co Estado a instalación da Axencia de Intelixencia Artificial en 2023 entre ecos dos receos de Feijóo
A ministra Calviño e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, especifican que ambas administracións ultiman un convenio para a instalación da AESIA, que xa contaba con 5 millóns nos Orzamentos do Estado deste 2022. Formoso afirma que "como galego, dan mágoa as palabras dun ex-presidente poñendo en dúbida a adxudicación á Coruña, só podemos enmarcalas no seu seguidismo permanente de Ayuso"
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
Mercar unha vivenda en Galicia é un 6% máis caro que hai un ano malia dous trimestres de moderación dos prezos
Mentres o Índice de Prezos da Vivenda (IPV) do INE acredita a alza do custo da vivenda en propiedade, o Observatorio da Vivenda de Galicia certifica que os prezos do alugueiro están en máximos dende que hai datos comparables. Os arrendamentos máis caros están na cidade da Coruña, cuns 570 euros mensuais, cen por riba da media galega
A Xunta multou residencias ourensás por "desatender necesidades básicas" dos maiores e falta de persoal, pero non di cales
Unha resposta de Política Social ao BNG permite deducir que a Consellería impuxo sancións en 2020 ou 2021 a unha ou dúas residencias en Chandrexa de Queixa, Esgos ou Montederramo, de titularidade municipal. A Consellería fai arredor dunha vintena de inspeccións mensuais sobre o total de case 300 residencias de maiores, segundo se tira doutra resposta ao PSdeG
- Datos Sanidade pública
- Acontece
Tres de cada catro camas hospitalarias en Galicia están ocupadas e a COVID non supón nin o 1%
A repercusión do coronavirus é xa residual no que atinxe aos ingresos hospitalarios. As persoas ingresadas coa COVID como causa directa son apenas o 0,8% en unidades convencionais e arredor do 0,9% nas UCI mentres aumenta a presión no sistema por outras patoloxías
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Todo é gravísimo (agás algunha cousa)
Quen seguise de preto a política galega e a traxectoria de Feijóo nela apreciará no seu papel de líder do PP tramas e escenas xa vividas en Galicia, un 'remake' que implica sinalar a situación como máxima emerxencia. Onde antes había imposición do galego ou desbalde irreparable agora advírtese da "maior crise institucional da historia democrática". Mentres a hipérbole se desboca no inicio dun intensísimo ciclo electoral, en Galicia continúa un proceso xudicial que nos remite a feitos, estes si, obxectivamente de máxima gravidade
- Datos
- Economía
Paro e ocupación mantivéronse 'planos' en Galicia en novembro, mes de habitual destrución de emprego
Nun mes que adoita traer consigo un aumento do desemprego, o paro rexistrado cae un 0,67% en Galicia e un 1,15% na media estatal. A afiliación á Seguridade Social caeu un lixeiro -0,10% e os contratos indefinidos asinados son case un 80% máis que hai un ano. Feijóo e a dirección do PP desdeñan os datos do paro e descualifícanos como "maquillados" mentres a Xunta celebra que Galicia teña "a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica neste mes"
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Os desafiuzamentos caen en Galicia ata 300 en tres meses e multiplican por trece os novos casos de ocupacións ilegais
A maioría dos desafiuzamentos seguen sendo en vivendas alugadas, segundo o Poder Xudicial, con case 250 nun trimestre no que os novos casos de ocupacións volveron ser apenas unha vintena. Malia aos datos, a Xunta sinalaba recentemente que a loita contra as ocupacións é a súa "principal demanda" ao Estado en materia de vivenda
A Xunta leva concedidas 89 compatibilidades a persoal médico do Sergas para traballar na privada no que vai de 2022
Esta fórmula de duplo traballo volveu á actualidade tras a xuntanza do presidente da Xunta e do conselleiro de Sanidade co Consello de Colexios Médicos, na que o Goberno se comprometeu a "flexibilizar" os requisitos para obtela. Tras o encontro, a entidade colexial manifesta un "profundo malestar" con Comesaña, ínstao a asumir as súas "responsabilidades" con "valentía e solvencia" e rexeita que lle atribúan posibles peches de centros de saúde
Máis facilidades ao persoal médico que vai á privada e menos centros de saúde, opcións da Xunta para frear a protesta sanitaria
Na véspera doutra xornada de mobilizacións de SOS Sanidade Pública, o Sergas comprométese a "flexibilizar" as incompatibilidades para facultativos que traballan na pública e na privada e comprométese a estudar a "reestruturación territorial da Atención Primaria", a cal reitera que é unha proposta do Consello Galego de Colexios Médicos, a cuxa directiva recibiu en San Caetano
O TSXG conclúe que "cabe a revisión de condenas" coa lei de liberdade sexual caso a caso e só se "favorece o reo"
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronúnciase por primeira vez de maneira xenérica sobre a aplicación da lei de liberdade sexual na revisión de penas e lembra que a nova lei "redefiniu as agresións sexuais" para incluír nelas "o que antes se catalogaba como abusos", o que deu lugar ao "redimensionamento dos marcos penais". Na liña deste criterio, rexeita revisar unha condena de once anos e medio a un agresor sexual de menores e rebaixa en seis meses a doutro, que queda en dez anos e medio