Rueda mantén que ter PAC só con enfermaría é só "conxuntural", pero "mellor iso que nin sequera ter iso"
Pontón (BNG) esixe "rectificar o despropósito", que ve produto de "trece anos de política de recortes" e lembra a súa proposta de inxectar 200 millóns extra en Atención Primaria. Formoso (PSdeG) censura que Rueda e Comesaña volvan poñer o foco na falta de prazas MIR, que "o Goberno de Pedro Sánchez aumentou un 30%": "Os profesionais marchan ao acabar a formación polas condicións laborais"
Feijóo segue dando a "benvida" da Xunta a bebés que nacen en Galicia medio ano despois de deixar a presidencia
Algunhas das 'Cestas Benvida' entregadas a familias tras naceren os seus bebés seguen incluíndo unha carta asinada polo agora líder do PP. Política Social sinala que "as cartas que acompañan a Cesta Benvida foron modificadas" tras a marcha do ex-presidente, pero admite que "nalgún hospital" pode "quedar algunha das elaboradas con anterioridade"
O TSXG sentencia que o Rexistro Eólico da Xunta "non é fiable" e obrígaa a tramitar a solicitude dun parque na Laracha
O Tribunal Superior conclúe que o Goberno galego denegou a Norvento a tramitación do parque por "solapamento" con outros sen "xustificación documental nin técnica" e apoiándose só no seu Rexistro Eólico, que "non permite sequera a identificación administrativa" das instalacións, no canto de manexar todos os datos precisos
- Datos Crise de prezos
- Economía
A moderación na suba de luz e gas frea a inflación mentres o prezo dos alimentos segue á alza co azucre disparado
A alimentación é un 15% máis cara que hai un ano e xa é a principal fonte de incremento dos prezos. O dato xeral do IPC, malia caer dende setembro ata o 7,3% pola influencia de medidas de intervención pública no mercado enerxético, é o máis elevado en Galicia dende 1989. Os prezos do azucre están case un 60% por riba dos de hai un ano, coas restricións ás exportacións da India entre as causas
A Xunta esvaece no aniversario do Prestige
Rueda, quen durante a catástrofe do Prestige era director xeral no Goberno de Fraga, acudiu este 13 de novembro a unha gala benéfica na Coruña. O Goberno galego emitiu 16 comunicados durante a xornada, ningún vinculado ao aniversario. A Xunta enviou o subdirector de Gardacostas ao acto institucional do Estado en lembranza do Prestige, en Camariñas. Fora convidada a conselleira do Mar, directora xeral na Consellería de Pesca ás ordes de López Veiga nos tempos do desastre do petroleiro
Nadal no cárcere para o capitán Mangouras, culpable oficial
O capitán do Prestige foi enviado a prisión preventiva aos catro días do accidente baixo fianza de 3 millóns, acusado de delitos contra o medio ambiente e de desobediencia. Mangouras acabou sendo condenado a dous anos e nove meses de prisión. Logrou non ter que volver á cadea, pero foi en todo caso a única persoa que pisou o cárcere por mor da catástrofe
- 📺 Crónica Prestige 20
- Política
"Galicia, máis que nunca" ou o principio da fin do fraguismo e do ascenso de Feijóo
A xestión da catástrofe do Prestige desencadeou unha profunda crise na Xunta de Fraga que derivou na defenestración de Xosé Cuíña e no desembarco de Feijóo como home forte do gusto da dirección de Aznar, que reduciu as voces críticas co acontecido a cans "ladrando o seu rancor polas esquinas". Tras as municipais de 2003, algunhas análises consideraran que os populares non sufriran conscuencia electoral ningunha, pero comezara un devalo que desembocaría na perda do Goberno galego en 2005
O Sergas recorreu en setembro a 28 millóns do fondo de imprevistos para "cubrir desaxustes" en contratacións de persoal
O Sergas indica que inxectou 25 millóns en atención hospitalaria e 3 na primaria en setembro pola "variabilidade da actividade asistencial asociada ás circunstancias estacionais" e por contratos para substitucións. O Consello de Contas vén reprochando "de forma recorrente" a Sanidade que comece cada ano con orzamentos que sabe que non vai cubrir todo o que vai ter que gastar, tendo que recorrer a fórmulas extraordinarias para "gastos que teñen carácter previsible"
O Tribunal Superior avala a plena legalidade da ordenanza de uso do galego do Concello da Coruña
En resposta a un recurso do colectivo denominado 'Hablamos español', o TSXG dá o seu visto e prace a preceptos como o "uso normal" da lingua galega nas actividades e documentos municipais e lembra que non implica prohibición ningunha sobre o castelán
A suba do recibo do lixo suma tensión á Xunta cos concellos en vésperas electorais e Rueda tenta arrefriala
Sogama, empresa da Xunta e Naturgy, decidiu suprimir o desconto do 10% na súa tarifa, implantado ás portas das municipais de 2019. Xustifícao polo incremento de custos malia dispararse tamén os seus ingresos por venda de enerxía. Tras semanas de controversia, o presidente anuncia unha nova bonificación do 15% pola implantación do novo contedor marrón, que o PPdeG e a Xunta levan meses pedindo atrasar ata o límite do 31 de decembro de 2023
Pontón promove recuperar a tarxeta de alimentos e subir as pensións non contributivas 100 euros ao mes e non 14,50 ao ano
Nunha xuntanza coa Rede Galega contra a Pobreza, o BNG avanza que proporá incluír nos Orzamentos de 2023 un novo bono para "familias con fillos en fillas en risco de exclusión". As emendas do Bloque incluirán tamén achegar 70 millóns adicionais a un "plan específico de vivenda"
- Datos Dereito á vivenda
- Política
A vivenda protexida segue en mínimos históricos en Galicia malia ás 468 rematadas no que vai de lexislatura
Na década pasada as novas vivendas no mercado libre sen ningún réxime de protección multiplicaron por dez ás protexidas en Galicia. Nese período chegou a rexistrarse un ano con só catro novas vivendas protexidas e outro con apenas dúas. As cifras baixan aínda máis ao atender as vivendas de promoción pública mentres 15.000 persoas agardan por un piso protexido no rexistro da Xunta, que sitúa as ocupacións como a súa "principal demanda" ante o Estado na materia