A Xunta accede a cofinanciar o Museo da Romanización que desbotou en 2019 tras procurar o Concello de Lugo 12 millóns da UE
A Xunta prometera en 2010 dez millóns para o Museo da Romanización no vello cuartel de San Fernando, do século XVIII. En 2013 paralizou o proxecto e en 2019 pediu ao Estado que no seu lugar abrise un Parador. Tras iniciar o Concello xestións ante o Estado para lograr 12 millóns da UE que financien o proxecto, Rueda asegura á alcaldesa que o Goberno galego volve estar disposto a "colaborar"
O PP pide asesorías 'antiocupacións' en cidades galegas tras recibir a da Xunta 30 consultas nun ano
En vésperas da convención sobre ocupacións organizada por Feijóo, líderes locais dos populares advertiron dun suposto incremento das ocupacións en cidades como Vigo e Lugo sen achegar datos concretos ao respecto mentres o Poder Xudicial amosa que os desafiuzamentos multiplican por quince este fenómeno en Galicia. Mentres, o orzamento da Xunta para vivenda en 2023 sobe un 14,38% e chega aos 125 millóns, un 40% menos que nas derradeiras contas do Goberno de coalición da esquerda
- Datos Orzamentos 2023
- Política
A Xunta ingresará 650 millóns máis en 2023 polos impostos cos que o PP acusa a Pedro Sánchez de "forrarse"
O Goberno galego prevé nos Orzamentos do ano vindeiro recadar 7.066,08 millóns por impostos, 1.127 máis que en 2022, un incremento de case o 20%. Os ingresos polo imposto sobre a renda suporán 522 millóns máis mentres que os derivados do imposto de patrimonio, que só atinxe á poboación máis rica e no que a Xunta duplica o desconto, diminuirán en case 16 millóns
- Interactivo Orzamentos 2023
- Política
Educación sobe por baixo da media nos Orzamentos da Xunta para 2023, que se disparan en comercio e enerxía
O Goberno galego entrega ao Parlamento o proxecto do maior orzamento da súa historia, con algo máis de 13.800 millóns contando a débeda, un 8,2% máis que para 2022. Comercio dispárase case un 40% polos bonos para facer compras e eficiencia enerxética increméntase nun 38%, sobre todo, polas inxeccións de fondos da UE para axudas a diversos sectores. No Sergas, a área de atención primaria terá un 10% máis e no ensino soben todas agás a de prevención do abandono escolar.
- Crónica
- Política
Feijóo tamén se queixou en Galicia do tempo para falar no Parlamento (na oposición)
Como moitas das estratexias e discursos que o ex-presidente e o seu equipo aplican dende o seu retorno a Madrid, a queixa polos tempos de intervención tamén foi ensaiada antes en Galicia. Feijóo tamén pedía a Touriño "non converter as sesións de control ao Goberno en sesións de control á oposición", reproche que el mesmo recibiu mentres foi presidente e que agora recupera contra Pedro Sánchez
O fondo base da Xunta para os concellos seguirá conxelado en 2023 e a Fegamp lamenta que aumente o que non é "obxectivo"
Os fondos que a Xunta orzamenta para transferir aos concellos levan trece anos na contorna dos 130 millóns anuais. O presidente da Fegamp, alcalde socialista de Vilagarcía, lamenta que a Xunta confirme que non vai "atender a petición dos 313 concellos de aumentar o fondo base, o que se reparte con criterios obxectivos". "Pretende que sigamos facendo máis cousas con menos cartos"
A xerente do Sergas axita o malestar sanitario ao reclamar "entender que non poderá haber pediatra en cada centro de saúde"
O BNG censura que o Goberno do PP pretenda "normalizar os recortes" mentres "fai un agasallo fiscal de 34 millóns aos ricos" e o PSdeG cuestiona que Estrella López-Pardo "deba seguir no seu cargo" á fronte do Servizo Galego de Saúde
- Crónica
- Política
Feijóo, 'presidente' por un día con Rueda ausente
Malia non estar incluído no programa inicial do evento, Feijóo interveu no congreso de familias numerosas celebrado en Santiago tras o vicepresidente da Xunta e o alcalde da cidade. A presenza do líder do PP no evento cunha comitiva de dirixentes do partido mesturados con representantes do Goberno galego deixou en segundo plano a presenza e o discurso do vicepresidente Conde mentres o actual presidente da Xunta continuaba de viaxe en Sudamérica
- Crónica
- Política
Pactar con Feijóo: do Estatuto bloqueado e os Valedores falidos ao Poder Xudicial do Estado
A do Poder Xudicial non é, nin de lonxe, a primeira negociación de Feijóo e os seus asesores para pactar nomeamentos institucionais. En Galicia, as máis das veces eses acordos acabaron volvéndose contra quen sentaba da outra banda da mesa
O BNG valora levar a Xunta aos tribunais se non lle dá máis de 400 documentos que ten solicitados no Parlamento
O Bloque está pendente de recibir papeis da Xunta sobre asuntos coma "o fiasco de Pemex", expedientes a eléctricas, vivendas baleiras ou residencias de maiores. "Que teñen que esconder o PP e o señor Rueda?", pregúntase Ana Pontón. En 2020, a Xunta xa foi condenada a entregar papeis das caixas que negara ao ex-deputado Antón Sánchez
O uso do bus interurbano aumentou un 20% en Galicia no inicio das viaxes a metade de prezo
A Xunta asume como propias as queixas de Monbús ao reprochar que os bonos gratuítos de tren sufragados polo Estado "discriminan" as empresas concesionarias das liñas de transporte por estrada, xustifica que a empresa elevase a rebaixa ata o 95% para competir co tren no eixo atlántico e afirma que "non pode esixir a aplicación dun desconto semellante noutros traxectos"
- Interactivo
- Economía
A renda media só descendeu en medio cento de concellos no primeiro ano da pandemia
Oleiros mantívose como concello con maior renda media en 2020, ano no que os descensos deste indicador atinxiron, entre outros, a varios concellos moi ligados á actividade turística