A Xunta perdeu de ingresar mil millóns en oito anos polos "beneficios fiscais" no imposto de patrimonio
As algo máis de 8.000 persoas suxeitas ao imposto en Galicia acumulan un patrimonio de case 50.000 millóns de euros polo que pagan algo menos de 67 millóns. As exencións supoñen unha mingua de ingresos superior aos cen millóns anuais, segundo a Xunta, perda que aumentará na declaración de 2022 por entrar en xogo a bonificación do 25% aprobada aínda con Feijóo como presidente
Lugo, única cidade sen ningunha conexión a prezo súper reducido nos autobuses concesionados pola Xunta
Tras Lugo, a seguinte cidade galega con menos conexións por bus a prezo inferior a un euro é Ourense. Só dispón dela con Santiago, única ruta na que compite co tren. Ferrol tenas con Vigo, Santiago e Pontevedra pero non coa Coruña, a súa cidade máis próxima e coa que ten conexións ferroviarias moi deficientes. Monbús, principal empresa do sector, lanzou os descontos adicionais para "responder aos abonos ferroviarios gratuítos" e advirte de "avalanchas" de usuarios
- Crónica
- Política
Xira de Rueda cos seus delegados polas cidades antes do enésimo intento do PP por obter poder urbano
Ao contrario que Feijóo, o agora presidente da Xunta non recibirá os alcaldes e alcaldesas en San Caetano, senón nas delegacións da Xunta nas cidades para encontros onde o acompañarán os delegados territoriais do Goberno galego. O actual mandato municipal é o primeiro dende 2007 no que o PP non ten ningunha alcaldía nas cidades e hai que remontarse a 1995 para atopar un mapa da Galicia urbana con maioría de alcaldes populares
Unanimidade en Galicia contra o veto á pesca de fondo imposto pola Comisión Europea en 87 zonas do Atlántico
A Consellería do Mar estima que afecta directamente a uns 200 barcos de capital galego. Goberno galego, PP, BNG e PSdeG censuran que a UE non tivese en conta o sector e que trate igual artes de pesca dispares para decidir unha prohibición na que, advirten, non ten en conta a súas repercusións socioeconómicas
A Xunta amaga con desafiar o Estado cunha lei para xestionar a ocupación privada da costa sen traspaso de competencias
A consulta pública da Xunta sobre unha futura lei do litoral para fixar "os criterios das concesións e autorizacións da costa" non ten consecuencia xurídica ningunha. Só a tería se chega a ser aprobada, o cal o PP galego defende facer para "sortear a lexislación estatal". A reclamación da xestión do litoral agudizouse dende que o Estado limitou a intención da Xunta de aumentar o volume de construcións á beira do mar ata nun 50% e impulsou a lei de cambio climático, que limita as concesións costeiras a 75 anos incluíndo prórogas
A Xunta procura a "interpretación axeitada" da lei que lle prohibe renovar en 2023 a subvención a colexios que segregan por sexo
"A Xunta vai cumprir a lei" cando "esteamos de acordo en cal é a interpretación axeitada", di o presidente Rueda sobre a vixente normativa educativa, que estipula que os centros "sostidos parcial ou totalmente con fondos públicos (...) non separarán o alumnado polo seu xénero"
Beiras, Nogueira, Otero e Suárez Canal secundan a Pontón no inicio da celebración dos 40 anos do BNG
A portavoz nacional do Bloque destaca, entre rostros históricos do nacionalismo que participaron no documental sobre a historia da formación, a "vocación unitaria" coa que naceu en 1982. "Chegamos en plena forma" aos cuadraxésimo aniversario, "con máis gañas ca nunca" porque "moita cidadanía nos ve como a esperanza deste país", afirma Pontón
- Documento Que turismo?
- Política
A Xunta axudou con 150.000 euros á Conferencia Episcopal para "mellorar a imaxe" da masiva peregrinación xuvenil a Santiago
O Goberno galego aprobou en xullo 360.000 euros "para a organización e actividades" da Peregrinación Europea da Xuventude, pero meses antes xa achegara á Igrexa outros 150.000 destinados a custos de comunicación e imaxe do evento, para o que puxo en total máis de medio millón. O convenio, asinado por Rueda aínda como vicepresidente, incluíu financiamento para a aplicación móbil e sitio web da peregrinación, ademais de materiais para os participantes como mochila, camisola ou unha batería portátil para o móbil
Santiago avanza na limitación dos pisos turísticos para "evitar a desaparición" da vivenda habitual
A reforma do plan urbanístico, aprobada por ampla maioría absoluta e a única oposición do PP, fixa requisitos como restrinxir as vivendas turísticas a baixos e primeiros andares. Trátase, defende o goberno local, de procurar que a cidade non vire en "mero destino para visitar" sen ser "lugar para vivir"
A Xunta chega á metade da lexislatura sen entregar o 80% dos documentos reclamados por BNG e PSdeG
O Goberno galego ten sen tramitar 809 das 1.036 solicitudes de documentación formuladas pola oposición, a gran maioría (792) fóra do prazo regulamentario de 30 días para responder. Entre as non atendidas destacan, entres outras, as relativas aos proxectos avalados pola Xunta para optar a fondos europeos ou aos datos de mortes de persoas coa COVID-19 en residencias. O PP leva tramitadas 4 e 3 xa tiveron resposta
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
O PP equipara as críticas do PSOE a Feijoó con ataques a Galicia
Tras as críticas do ministro Bolaños na Coruña contra o agora líder do PP, na liña iniciada por Pedro Sánchez no Senado, os populares instan o PSOE a "sacar as súas sucias mans da xestión dos gobernos de Feijóo" e acúsanos de "burlarse" da "intelixencia dos galegos", que "non son parvos"
- Crónica
- Política
Fortalecer o poder local entre sombras de Feijóo: as axendas de BNG e PSdeG para aspirar á Xunta
Principia unha intensa xeira electoral na quea actual oposición galega non desbota que os populares tenten xogar a baza dun Feijóo 'candidato a todo' ante o menor potencial de Rueda. Nas contornas das direccións de BNG e PSdeG dan por descontado que o PP medrará nas municipais a respecto do seu mal resultado de 2019. Pero iso, analizan, non debera ser dabondo para perderen e mesmo ampliaren a súa presenza en gobernos locais e provinciais, o cal ven clave para poder retornar ao Goberno galego