- Crónica Pola sanidade pública
- Política
Un plus contra a mobilización a prol da sanidade pública
Xunta e PP retrucaron a protesta de SOS Sanidade en febreiro con alcumes e acusacións de partidismo aos convocantes. A folga de CESM recibírona con contrariedade, pero con cautela e "man tendida".
- Datos Dereito á vivenda
- Política
A Xunta de Feijóo reduciu a cero a nova vivenda pública de alugueiro malia aos milleiros de peticións pendentes
A nova lei estatal e o plan para alugar pisos da Sareb puxo a vivenda no centro da axenda política. As críticas do PP a ambas fixeron agromar lembranzas da política dos gobernos de Feijóo na materia .O discreto balance da vivenda protexida impulsada polos Gobernos do PP en Galicia dende 2009 é aínda máis cativo ao ollarmos aos pisos para alugar, con ata seis anos sen ningunha nova e un máis, o 2018, cunha soa
Fin da folga médica: máis remuneracións e ampliar a persoal que traballa na privada o plus do que o fai só no Sergas
O pacto co Sergas para suspender a folga do CESM inclúe remunerar máis as gardas e que os arredor de 1.400 médicos que tamén traballan na privada cobren o complemento duns 800 euros ao mes ata agora reservado a quen ten exclusividade coa pública. Sanidade remite mensaxes a pacientes afectados polos milleiros de citas canceladas pedindo desculpas e indicando que reprogramará as súas consultas, probas e operacións cirúrxicas
Catro de cada dez acordos do Parlamento son peticións ao Goberno de España, case o dobre que no último ano con Rajoy
No último ano con Rajoy gobernando no Estado, o 2017, o 60% das iniciativas aprobadas no Parlamento galego eran peticións á Xunta. O pasado 2022 foron apenas a metade do total. O pasado 2022 a Cámara aprobou en pleno e comisións 233 destas iniciativas, segundo o informe de Relacións Parlamentarias. Sete de cada dez recibiron o visto e prace por unanimidade
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Feijóo clama pola construción de máis pisos tras deixar a vivenda protexida da Xunta en mínimos históricos
Nos anos 90 en Galicia construíanse, de media, máis de 3.000 vivendas protexidas ao ano e na primeira década do século roldaban as 2.700. Nos anos dez, con Feijóo ao mando, foron apenas 300. "Sabedes como se baixan os prezos da vivenda? Facendo máis vivendas, que haxa máis vivendas e baixaremos os prezos das vivendas", responde o actual líder do PP á nova lei estatal para o sector
O 'banco malo' ten 1.800 vivendas en Galicia atinxidas polo plan de "alugueiro accesible" que lanza Pedro Sánchez
Dende o seu nacemento, a Sareb vénse caracterizando pola opacidade sobre o parque inmobiliario que absorbeu das entidades financeiras rescatadas, que incluíu os 5.000 millóns de 'ladrillo tóxico' de Novacaixagalicia, e que entidades e partidos da esquerda viñan reclamando liberar para alugueiro social. Sánchez encadra este plan no "gran logro" da nova lei de vivenda, que a Xunta ataca como "totalmente extremista" e descualifica como "atentado contra a clase media" porque, segundo a conselleira Ángeles Vázquez, "impón vivir continuamente de alugueiro"
- Crónica
- Política
A longa carreira cara ás eleccións galegas xa comezou no estranxeiro
Alfonso Rueda visita Panamá, Venezuela e México en calidade de presidente da Xunta e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acode estes días a Basilea e Zürich, en Suíza. A emigración e a súa descendencia non teñen dereito ao voto nas municipais do 28M. Pero estes comicios abren un intenso ciclo electoral que culmina nunhas eleccións galegas nas que, coa nova reforma electoral, o sufraxio do exterior pode volver ser decisivo
- Datos Crise de prezos
- Economía
A suba xeral dos prezos retrocede a niveis de hai dous anos en Galicia, pero cos alimentos disparados por riba do 16%
O efecto estatístico e a caída dos prezos enerxéticos de ata un 35% contribúen a situar o IPC no 3,4%, unha décima por riba da media estatal. Azucre, ovos ou hortalizas son ata un 30% máis caros que hai un ano. Tamén están por riba do 20% interanual alimentos coma o leite, aceite, patacas ou cereais
Besteiro, centrado en "facelo ben" como delegado, remite a candidatura á Xunta ás primarias dun "reforzado" PSdeG
Dende a "extraordinaria afinidade" con Formoso, o novo delegado do Goberno de España en Galicia evidencia, na súa primeira comparecencia ante os medios en sete anos, que as candidaturas ás primarias do PSdeG chegarán "cando corresponde" e amosa a súa disposición a participar na campaña das municipais. "A rendición de contas sobre os cartos que recibimos temos que facela todos", di Besteiro, que defende que "tamén a Xunta" debe deixar claro "onde chega cada euro" dos fondos europeos transferidos polo Goberno de España, "de onde procede e como se inviste"
- Crónica Pola sanidade pública
- Política
Mobilización sanitaria por riba e por baixo
Galicia rexistra dúas vagas de mobilizacións sanitarias, a do sindicato médico CESM polas condicións do persoal facultativo e as de SOS Sanidade Pública a prol da atención primaria. Paralelas e mesmo coincidentes nalgunhas reclamacións, pero diverxentes tanto na súa representatividade como na visión global da sanidade pública
O PP galego aplaude como "promoción turística" a visita do rei Juan Carlos a Sanxenxo da que foxe o seu fillo
"Gústanos que estea alí, é bo para promoción turística de Sanxenxo e de Galicia", di o presidente da Xunta, mentres o alcalde da vila e candidato popular á reelección se declara "encantado". "Coñece moi pouco aos galegos se cre que van recibir cos brazos abertos a un monarca corrupto", retruca Ana Pontón (BNG)
O PP promete para os concellos oficinas 'antiocupacións' como a que pagou na Xunta, con 30 consultas nun ano
Os programa dos populares para o 28M oferta unha versión ampliada da oficina 'antiocupas' que implantaron na Xunta aínda con Feijóo como presidente, cuxos resultados o propio Goberno galego acabou admitindo como "discretos". O pasado 2022 rematou con quince desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación en Galicia