O Tribunal Superior avala a plena legalidade da ordenanza de uso do galego do Concello da Coruña
En resposta a un recurso do colectivo denominado 'Hablamos español', o TSXG dá o seu visto e prace a preceptos como o "uso normal" da lingua galega nas actividades e documentos municipais e lembra que non implica prohibición ningunha sobre o castelán
A suba do recibo do lixo suma tensión á Xunta cos concellos en vésperas electorais e Rueda tenta arrefriala
Sogama, empresa da Xunta e Naturgy, decidiu suprimir o desconto do 10% na súa tarifa, implantado ás portas das municipais de 2019. Xustifícao polo incremento de custos malia dispararse tamén os seus ingresos por venda de enerxía. Tras semanas de controversia, o presidente anuncia unha nova bonificación do 15% pola implantación do novo contedor marrón, que o PPdeG e a Xunta levan meses pedindo atrasar ata o límite do 31 de decembro de 2023
Pontón promove recuperar a tarxeta de alimentos e subir as pensións non contributivas 100 euros ao mes e non 14,50 ao ano
Nunha xuntanza coa Rede Galega contra a Pobreza, o BNG avanza que proporá incluír nos Orzamentos de 2023 un novo bono para "familias con fillos en fillas en risco de exclusión". As emendas do Bloque incluirán tamén achegar 70 millóns adicionais a un "plan específico de vivenda"
- Datos Dereito á vivenda
- Política
A vivenda protexida segue en mínimos históricos en Galicia malia ás 468 rematadas no que vai de lexislatura
Na década pasada as novas vivendas no mercado libre sen ningún réxime de protección multiplicaron por dez ás protexidas en Galicia. Nese período chegou a rexistrarse un ano con só catro novas vivendas protexidas e outro con apenas dúas. As cifras baixan aínda máis ao atender as vivendas de promoción pública mentres 15.000 persoas agardan por un piso protexido no rexistro da Xunta, que sitúa as ocupacións como a súa "principal demanda" ante o Estado na materia
Concorrencia non competitiva: cando a axuda pública a leva quen máis corre
O Bono Cultura ficou esgotado apenas unha hora despois de abrir o prazo a medianoite, pero non é a única orde de axudas na que a Xunta só aplica a velocidade como criterio. Nos últimos anos abondan as convocatorias deste tipo dirixidas tanto á cidadanía a nivel individual como a empresas e concellos. Voces expertas explican que esta vía, que minimiza a burocracia, prioriza "gastar o crédito, con independencia da capacidade económica das destinatarias" nunha administración "infradotada"
Audasa é condenada a devolver o 50% de peaxes cobradas durante a obra de Rande tras lograr evitar a devolución íntegra
Ano e medio despois de que a Audiencia de Pontevedra anulase a sentenza que obrigaba a concesionaria da AP-9 a devolver as peaxes cobradas durante as obras, un xulgado da Coruña estima que a devolución ten que ser do 50% porque a concesionaria "cumpriu defectuosamente as súas obrigas" nese período
- Datos
- Economía
Galicia súmase pola mínima á inusual baixada do paro rexistrado en outubro e o emprego cae mentres sobe na media estatal
O paro rexistrado diminuíu en Galicia un 0,27% e no Estado un 0,92% en outubro, mes no que habitualmente se incrementa. A afiliación á Seguridade Social mantense practicamente plana (-0,06%) mentres na media estatal avanza un 0,51%
A cifra de persoas adultas tuteladas pola Xunta bate récords e a entidade que as atende prevé perder persoal en 2023
A Fundación Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga) prevé ter que abordar os arredor de tres milleiros de casos que atende con 27 profesionais no seu cadro de persoal no ano vindeiro, tres menos. Reitera nos seus orzamentos que prevé que continúe "incremento anual do número de persoas" ás que atende por factores como o envellecemento da poboación ou o aumento de enfermidades mentais en xente nova
Inhabilitado o ex-alcalde de Muras por contratar persoal do Concello sen máis proceso selectivo que "o seu libérrimo criterio"
"Queres traballar, si ou non?", respondeu Issam Alnagm ao ser preguntado no xuízo sobre "como se elixia as persoas para traballar no Concello. A condena ao ex-rexedor do PP, que perdeu a alcaldía fronte ao BNG en 2015, ten un carácter máis simbólico ou político ca efectivo, dado que aos seus 74 anos está retirado da política activa
- Datos
- Política
A Xunta fai un "balance positivo" da súa lei de impulso demográfico malia á escaseza histórica de nacementos
Política Social responde ao PSdeG que o "balance desta lei pioneira" é "positivo" pero xustifica que a pandemia tivo na natalidade "impacto negativo" na "posta en marcha de medidas" da lei, que Feijóo prometera en 2016 pero que foi aprobada en 2021. Encadra dentro da norma accións como a gratuidade das escolas infantís e medidas existentes dende media década antes, como a Tarxeta Benvida. O saldo migratorio positivo non logra, cando menos de momento, compensar os récords negativos das cifras de nacementos
Lula vence e proponse "acabar outra vez com a fome" e protexer a democracia do Brasil
"O povo brasileiro quer ter de volta a esperança", expresou o presidente electo tras impoñerse ao ultradereitista Bolsonaro co 50,9% dos votos, unha marxe de algo máis de dous millón de sufraxios. Deixa claro que o seu goberno situará o Brasil "pronto para retomar o seu protagonismo na luta contra a crise climática", a comezar por "lutar pelo desmatamento zero da Amazônia".
- Crónica
- Política
Feijóo rompe a última hora: do Estatuto e o decreto do galego ao Poder Xudicial
En 2007 "houbo mesmo un acordo técnico e informal" sobre a reforma do Estatuto, "pero chegou Feijóo e mandou parar", resumiu anos despois un dos participantes nunha negociación que ecoa neste 2022 no bloqueo da renovación do Poder Xudicial por parte do ex-presidente, agora líder do PP. Tras frear o Estatuto, o PP chegou a comparecer en público con PSdeG e BNG para anunciar o pacto sobre o decreto do galego que escasos meses despois denunciou como un exercicio de "imposición"