- Crónica
- Política
Pactar con Feijóo: do Estatuto bloqueado e os Valedores falidos ao Poder Xudicial do Estado
A do Poder Xudicial non é, nin de lonxe, a primeira negociación de Feijóo e os seus asesores para pactar nomeamentos institucionais. En Galicia, as máis das veces eses acordos acabaron volvéndose contra quen sentaba da outra banda da mesa
O BNG valora levar a Xunta aos tribunais se non lle dá máis de 400 documentos que ten solicitados no Parlamento
O Bloque está pendente de recibir papeis da Xunta sobre asuntos coma "o fiasco de Pemex", expedientes a eléctricas, vivendas baleiras ou residencias de maiores. "Que teñen que esconder o PP e o señor Rueda?", pregúntase Ana Pontón. En 2020, a Xunta xa foi condenada a entregar papeis das caixas que negara ao ex-deputado Antón Sánchez
O uso do bus interurbano aumentou un 20% en Galicia no inicio das viaxes a metade de prezo
A Xunta asume como propias as queixas de Monbús ao reprochar que os bonos gratuítos de tren sufragados polo Estado "discriminan" as empresas concesionarias das liñas de transporte por estrada, xustifica que a empresa elevase a rebaixa ata o 95% para competir co tren no eixo atlántico e afirma que "non pode esixir a aplicación dun desconto semellante noutros traxectos"
- Interactivo
- Economía
A renda media só descendeu en medio cento de concellos no primeiro ano da pandemia
Oleiros mantívose como concello con maior renda media en 2020, ano no que os descensos deste indicador atinxiron, entre outros, a varios concellos moi ligados á actividade turística
O PP pediu no Congreso e no Senado borrar o artigo da lei de memoria que suprime o condado de Fenosa e o señorío de Meirás
Os populares, tanto con Casado como con Feijóo, emendaron a Lei de Memoria Democrática para, entre outros aspectos, pedir a supresión do artigo que anula os títulos nobiliarios concedidos pola ditadura. O ex-presidente votou a prol da emenda como senador por designación do Parlamento, igual que os senadores populares electos polas circunscricións galegas, mentres que os do PSdeG votaron en contra e apoiaron a lei
O Estado orzamenta uns 1.070 millóns de investimento en Galicia por segundo ano consecutivo
O montante de investimento previsto en Galicia nos Orzamentos Xerais de 2023 supón apenas 3 millóns máis que en 2022. A autovía A-54 segue sendo a principal obra estatal en territorio galego e, unha vez concluída a conexión por alta velocidade coa Meseta agás a variante de Ourense, o groso do investimento ferroviario vai á liña convencional. Alén dos investimentos, as contas contemplan case 70 millóns para bonificar peaxes da AP-9
Á procura do estudo que acredita un apoio cidadán do 83% á fusión de concellos, segundo a Xunta
Praza.gal solicitou ao abeiro da Lei de Transparencia os datos da enquisa sobre fusións municipais da que a Xunta publicitara algunhas cifras. Tras dous recursos, o Goberno di que só ten parte dos datos mentres a Fundación que fixo o inquérito completa un traballo máis amplo e só revela as "principais conclusións", como que o apoio ás fusións cae ao 56% se implican ao propio concello ou que "a poboación se identifica primeiro con Galicia, seguida da aldea ou vila de residencia e o barrio"
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Galicia rexistra 458 desafiuzamentos e 31 novos casos de ocupacións no segundo trimestre de 2022
Os desafiuzamentos seguen multiplicando practicamente por 15 os novos casos de ocupacións en Galicia. Mentres o Poder Xudicial difunde estes datos, Rueda axita no Parlamento a pantasma da ocupación en resposta a Pontón (BNG), que lle reclama máis investimento en "políticas sociais de vivenda". O presidente defende medidas como a previsión de 1.200 novas vivendas protexidas e asegura sen citar dato ningún que moitas persoas "teñen unha vivenda que non usan e non se atreven a poñela en aluguer" por se llela ocupan.
- Crónica
- Política
Tripartito: trinta e cinco anos da primeira paréntese na Xunta
No outono de 1987, o socialista Fernando González Laxe foi investido presidente da Xunta tras desbancar mediante unha moción de censura o popular Fernández Albor, albo de conspiracións no seu propio partido.
Novo imposto ás fortunas e rebaixa a quen menos gaña: as claves da reforma fiscal que vén
Pouco despois de dar por desbotada a reforma fiscal, o Goberno de España lanza un paquete de modificacións na materia que inclúe novos tributos para quen teña máis de 3 millóns e diminucións de impostos para salarios inferiores a 21.000. O pagado por imposto de patrimonio desgravará no das grandes fortunas, o que na práctica neutraliza rebaixas fiscais á poboación máis rica como a anunciada nos últimos días pola Xunta
Feijóo recupera á conselleira da fusión das caixas para a cúpula económica do PP
O ex-presidente incorpora á directiva estatal do seu partido a Marta Fernández Currás, quen como responsable de Facenda do Goberno galego asinara a autorización da fusión de Caixa Galicia con Caixanova, documento que a Xunta mantivo oculto durante anos, ata que foi condenada a entregalo ao Parlamento
O arquivo doutra peza contra o ex-alcalde socialista de Ourense enfraquece máis o que queda do caso Pokémon
Tras outro recente peche dunha póla do caso Pokémon contra Conde Roa (PP), un xulgado de Ourense arquiva as acusacións de tráfico de influencias contra o ex-rexedor ourensán Francisco Rodríguez ao velas baseadas en "sospeitas ou indicios preliminares". Os investigados "non tiveron posibilidade de recoñecer ou contrastar" as escoitas telefónicas nas que De Lara baseou o caso, di o xuíz