As ocupacións, "principal demanda" da Xunta ao Estado en vivenda malia admitir que non manexa "cifras exactas"
Os prezos da vivenda aumentaron por riba do 20% en cinco anos en Galicia tanto en compras como en alugueiros. Os desafiuzamentos multiplican por 15 as novas demandas xudiciais por ocupacións ilegais, nas que a conselleira puxo o foco do seu encontro co delegado do Goberno de España en Galicia. O delegado gobernamental resalta que centrou a reunión en "debullar os 419 millóns de investimentos" do Estado en Galicia "para políticas de vivenda" e a importancia de que a Xunta as xestione "con dilixencia"
Os beneficiarios da nova rebaixa de impostos da Xunta dispararon un 55% o investimento en coches, xoias e peles na pandemia
A partida máis cuantiosa no patrimonio das arredor de 8.000 persoas ás que atinxe este imposto en Galicia son capitais mobiliarios como participacións en empresas, por algo máis e 43.000 millóns, pero a que máis aumentou en 2020 foi a de "bens suntuarios". A continuación, no último ano con datos dispoñibles destaca o incremento do patrimonio en bens inmobles
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda busca espazo no ano sen debate de política xeral
Rueda protagonizará unha inusual comparecencia sobre as "liñas estratéxicas" dos vindeiros Orzamentos na que gozará dun formato moi semellante ao que tivo Pedro Sánchez recentemente no Senado e incomodou abertamente a Feijóo. É un modelo moito máis cómodo para o presidente, á procura de proxección pública que o debate de política xeral reclamado por Ana Pontón (BNG); o Regulamento prevé non celebralo en anos nos que houbese investidura da presidencia da Xunta
- Análise
- Política
As campañas electorais galegas vólvense xogar tamén en América
Coa reforma que vén de ser aprobada definitivamente o electorado do estranxeiro recibirá os sobres de votación sen solicitalos, poderá descargar de internet as papeletas e votar en urna ou remitir por correo papeletas que xa non viaxarán en sacas, senón en valixa diplomática. A norma tamén prevé depurar o censo exterior, que en Galicia xa supón máis do 17% do total, co 70% das inscricións en América, a metade delas na Arxentina. Coas taxas de participación previas á reforma de 2011, cabe agardar a chegada a Galicia duns cen mil votos en cada convocatoria
A Xunta perdeu de ingresar mil millóns en oito anos polos "beneficios fiscais" no imposto de patrimonio
As algo máis de 8.000 persoas suxeitas ao imposto en Galicia acumulan un patrimonio de case 50.000 millóns de euros polo que pagan algo menos de 67 millóns. As exencións supoñen unha mingua de ingresos superior aos cen millóns anuais, segundo a Xunta, perda que aumentará na declaración de 2022 por entrar en xogo a bonificación do 25% aprobada aínda con Feijóo como presidente
Lugo, única cidade sen ningunha conexión a prezo súper reducido nos autobuses concesionados pola Xunta
Tras Lugo, a seguinte cidade galega con menos conexións por bus a prezo inferior a un euro é Ourense. Só dispón dela con Santiago, única ruta na que compite co tren. Ferrol tenas con Vigo, Santiago e Pontevedra pero non coa Coruña, a súa cidade máis próxima e coa que ten conexións ferroviarias moi deficientes. Monbús, principal empresa do sector, lanzou os descontos adicionais para "responder aos abonos ferroviarios gratuítos" e advirte de "avalanchas" de usuarios
- Crónica
- Política
Xira de Rueda cos seus delegados polas cidades antes do enésimo intento do PP por obter poder urbano
Ao contrario que Feijóo, o agora presidente da Xunta non recibirá os alcaldes e alcaldesas en San Caetano, senón nas delegacións da Xunta nas cidades para encontros onde o acompañarán os delegados territoriais do Goberno galego. O actual mandato municipal é o primeiro dende 2007 no que o PP non ten ningunha alcaldía nas cidades e hai que remontarse a 1995 para atopar un mapa da Galicia urbana con maioría de alcaldes populares
Unanimidade en Galicia contra o veto á pesca de fondo imposto pola Comisión Europea en 87 zonas do Atlántico
A Consellería do Mar estima que afecta directamente a uns 200 barcos de capital galego. Goberno galego, PP, BNG e PSdeG censuran que a UE non tivese en conta o sector e que trate igual artes de pesca dispares para decidir unha prohibición na que, advirten, non ten en conta a súas repercusións socioeconómicas
A Xunta amaga con desafiar o Estado cunha lei para xestionar a ocupación privada da costa sen traspaso de competencias
A consulta pública da Xunta sobre unha futura lei do litoral para fixar "os criterios das concesións e autorizacións da costa" non ten consecuencia xurídica ningunha. Só a tería se chega a ser aprobada, o cal o PP galego defende facer para "sortear a lexislación estatal". A reclamación da xestión do litoral agudizouse dende que o Estado limitou a intención da Xunta de aumentar o volume de construcións á beira do mar ata nun 50% e impulsou a lei de cambio climático, que limita as concesións costeiras a 75 anos incluíndo prórogas
A Xunta procura a "interpretación axeitada" da lei que lle prohibe renovar en 2023 a subvención a colexios que segregan por sexo
"A Xunta vai cumprir a lei" cando "esteamos de acordo en cal é a interpretación axeitada", di o presidente Rueda sobre a vixente normativa educativa, que estipula que os centros "sostidos parcial ou totalmente con fondos públicos (...) non separarán o alumnado polo seu xénero"
Beiras, Nogueira, Otero e Suárez Canal secundan a Pontón no inicio da celebración dos 40 anos do BNG
A portavoz nacional do Bloque destaca, entre rostros históricos do nacionalismo que participaron no documental sobre a historia da formación, a "vocación unitaria" coa que naceu en 1982. "Chegamos en plena forma" aos cuadraxésimo aniversario, "con máis gañas ca nunca" porque "moita cidadanía nos ve como a esperanza deste país", afirma Pontón
- Documento Que turismo?
- Política
A Xunta axudou con 150.000 euros á Conferencia Episcopal para "mellorar a imaxe" da masiva peregrinación xuvenil a Santiago
O Goberno galego aprobou en xullo 360.000 euros "para a organización e actividades" da Peregrinación Europea da Xuventude, pero meses antes xa achegara á Igrexa outros 150.000 destinados a custos de comunicación e imaxe do evento, para o que puxo en total máis de medio millón. O convenio, asinado por Rueda aínda como vicepresidente, incluíu financiamento para a aplicación móbil e sitio web da peregrinación, ademais de materiais para os participantes como mochila, camisola ou unha batería portátil para o móbil