- Documento O foco na transparencia
- Política
Endesa, Ence, Naturgy ou Blackstone poderán optar ao Fondo de Transición Xusta tras pasar o primeiro filtro da Xunta
O Goberno galego evita dar detalles dos plans das grandes empresas que queren captar fondos da UE para compensar o peche das térmicas das Pontes e Meirama e, tras unha petición ao abeiro da lei de transparencia, limítase a citar os seus nomes. Unha filial enerxética do fondo de investimento Blackstone súmase á petición á que tamén concorren algunhas das principais eléctricas e compañías doutros sectores como as conserveiras Jealsa e Frinsa ou Leite Celta
Ence gaña 22 millóns en tres meses malia ter parada a fábrica de Pontevedra
A pasteira suma no terceiro trimestre 20 millóns máis en beneficios que hai un ano e acumula ata setembro 67 millóns de ganancias. Ence tamén menciona na presentación de resultados os seus plans para instalar nas Pontes unha factoría de "produción de fibra recuperada e biomateriais" e sitúa a "primeira fase" do proxecto en 2026
- Datos
- Economía
Galicia encabeza a suba interanual do paro malia caer no verán mentres sobe na media estatal
A poboación en desemprego é menos que antes da pandemia e cae en 4.600 persoas no terceiro trimestre, pero aumenta un 6,4% mentres na media estatal cae un 12,8% a respecto de hai un ano. A ocupación aumenta por riba da media en termos trimestrais, pero o crecemento interanual do 0,11% é o menor do Estado. A poboación ocupada con contrato indefinido bate récords e chega ao 80% mentres a parcialidade cae lixeiramente ata o 13,3%
O orzamento turístico da Xunta bate outro récord en 2023 e supera o cultural por terceiro ano consecutivo
Tanto cultura coma turismo soben por riba da media, pero o orzamento da área turística aumenta case seis puntos máis que o da cultural. Malia non ser Ano Santo, o Goberno mantén en 37,6 millóns a partida de promoción turística incrementa de 4,5 a 5,2 millóns a transferencia á S.A. do Xacobeo. As partidas de bibliotecas, arquivos e museos e mais a de protección do patrimonio cultural aumentan en 2023 mentres que a de fomento de actividades descende levemente
A Xunta accede a cofinanciar o Museo da Romanización que desbotou en 2019 tras procurar o Concello de Lugo 12 millóns da UE
A Xunta prometera en 2010 dez millóns para o Museo da Romanización no vello cuartel de San Fernando, do século XVIII. En 2013 paralizou o proxecto e en 2019 pediu ao Estado que no seu lugar abrise un Parador. Tras iniciar o Concello xestións ante o Estado para lograr 12 millóns da UE que financien o proxecto, Rueda asegura á alcaldesa que o Goberno galego volve estar disposto a "colaborar"
O PP pide asesorías 'antiocupacións' en cidades galegas tras recibir a da Xunta 30 consultas nun ano
En vésperas da convención sobre ocupacións organizada por Feijóo, líderes locais dos populares advertiron dun suposto incremento das ocupacións en cidades como Vigo e Lugo sen achegar datos concretos ao respecto mentres o Poder Xudicial amosa que os desafiuzamentos multiplican por quince este fenómeno en Galicia. Mentres, o orzamento da Xunta para vivenda en 2023 sobe un 14,38% e chega aos 125 millóns, un 40% menos que nas derradeiras contas do Goberno de coalición da esquerda
- Datos Orzamentos 2023
- Política
A Xunta ingresará 650 millóns máis en 2023 polos impostos cos que o PP acusa a Pedro Sánchez de "forrarse"
O Goberno galego prevé nos Orzamentos do ano vindeiro recadar 7.066,08 millóns por impostos, 1.127 máis que en 2022, un incremento de case o 20%. Os ingresos polo imposto sobre a renda suporán 522 millóns máis mentres que os derivados do imposto de patrimonio, que só atinxe á poboación máis rica e no que a Xunta duplica o desconto, diminuirán en case 16 millóns
- Interactivo Orzamentos 2023
- Política
Educación sobe por baixo da media nos Orzamentos da Xunta para 2023, que se disparan en comercio e enerxía
O Goberno galego entrega ao Parlamento o proxecto do maior orzamento da súa historia, con algo máis de 13.800 millóns contando a débeda, un 8,2% máis que para 2022. Comercio dispárase case un 40% polos bonos para facer compras e eficiencia enerxética increméntase nun 38%, sobre todo, polas inxeccións de fondos da UE para axudas a diversos sectores. No Sergas, a área de atención primaria terá un 10% máis e no ensino soben todas agás a de prevención do abandono escolar.
- Crónica
- Política
Feijóo tamén se queixou en Galicia do tempo para falar no Parlamento (na oposición)
Como moitas das estratexias e discursos que o ex-presidente e o seu equipo aplican dende o seu retorno a Madrid, a queixa polos tempos de intervención tamén foi ensaiada antes en Galicia. Feijóo tamén pedía a Touriño "non converter as sesións de control ao Goberno en sesións de control á oposición", reproche que el mesmo recibiu mentres foi presidente e que agora recupera contra Pedro Sánchez
O fondo base da Xunta para os concellos seguirá conxelado en 2023 e a Fegamp lamenta que aumente o que non é "obxectivo"
Os fondos que a Xunta orzamenta para transferir aos concellos levan trece anos na contorna dos 130 millóns anuais. O presidente da Fegamp, alcalde socialista de Vilagarcía, lamenta que a Xunta confirme que non vai "atender a petición dos 313 concellos de aumentar o fondo base, o que se reparte con criterios obxectivos". "Pretende que sigamos facendo máis cousas con menos cartos"
A xerente do Sergas axita o malestar sanitario ao reclamar "entender que non poderá haber pediatra en cada centro de saúde"
O BNG censura que o Goberno do PP pretenda "normalizar os recortes" mentres "fai un agasallo fiscal de 34 millóns aos ricos" e o PSdeG cuestiona que Estrella López-Pardo "deba seguir no seu cargo" á fronte do Servizo Galego de Saúde
- Crónica
- Política
Feijóo, 'presidente' por un día con Rueda ausente
Malia non estar incluído no programa inicial do evento, Feijóo interveu no congreso de familias numerosas celebrado en Santiago tras o vicepresidente da Xunta e o alcalde da cidade. A presenza do líder do PP no evento cunha comitiva de dirixentes do partido mesturados con representantes do Goberno galego deixou en segundo plano a presenza e o discurso do vicepresidente Conde mentres o actual presidente da Xunta continuaba de viaxe en Sudamérica