- Datos
- Acontece
O 73% da poboación considerada galega no estranxeiro non naceu en Galicia
O padrón galego no exterior supera o medio millón de persoas, a maioría nadas fóra. As nacidas no país e polo tanto emigrantes só son maioría entre as que superan os 65 anos. A poboación de 16 ou menos anos que naceu en Galicia e vive noutro Estado pasou de apenas 800 persoas en 2009 a máis de 2.300 no inicio de 2022
O Goberno de Feijóo recomendou limitar a calefacción a 19 graos e o aire acondicionado a 25 para aforrar enerxía
A Xunta edita guías de aforro enerxético con temperaturas límite de aire acondicionado e calefacción, da que pide "non abusar". Agora, a dirección do PP cualifica medidas coma estas de "ocorrencia" ou "broma de mal gusto" do Goberno de España. Neste verán, xa con Rueda na presidencia, o Executivo galego volveu recomendar "controlar o consumo de aire acondicionado" cun límite de 26 graos e "manter pechadas portas e fiestras cando funcione a climatización"
Pardiñas volve a Pardiñas tras espallarse para resistir a pandemia
O veterano festival impulsado pola Asociación Cultural Xermolos regresa estes 6 e 7 de agosto ao seu histórico torreiro. Comando Curuxás, Ruxe Ruxe ou Carapaus, entre as bandas e artistas que desta volta responden á chamada de "vinde merendar a Pardiñas!"
O Concello de Lugo fai gratuíta a súa piscina de verán tras o veto da Xunta a unha zona de baño no Miño
A alcaldesa lucense ve motivacións partidarias no "non" da Xunta á praia fluvial pública que "permite a numerosos municipios da contorna. O Goberno galego alega a presenza dunha colonia de mexillóns e aspectos ligados ao caudal mentres a Confederación Hidrográfica sinala que a instalación "cumpre" a normativa de augas e advirte de que o Goberno galego tamén a está a frear para restaurar o caneiro da Acea de Olga
A masiva peregrinación xuvenil a Santiago axita os receos sobre o modelo turístico do Xacobeo
Non é a primeira vez, nin sequera a máis masiva. Pero o encontro que estes días acolle Santiago contribúe a acentuar a sensación de deterioro por repetición e saturación cun modelo turístico que a Xunta eleva á categoría de "puntal do despegue" de Galicia. As 12.000 persoas que participan no evento da Igrexa sumaranse ás máis de 218.000 rexistradas na Oficina do Peregrino ata agosto mentres a Xunta explicita a súa vontade de "bater o récord de peregrinos" de 2019 e superar as 347.000 chegadas
O lume volve poñer casas en risco nun incendio cunha decena de focos ás portas de Verín
Medio Rural e bombeiros forestais manifestan a convicción de que o incendio de Verín, onde xa arderon 600 hectáreas, foi provocado cadrando coas horas de máis calor. Tamén continúan sen controlar outros focos na Mezquita, Maceda, Calvos de Randín ou Ponteareas
A Xunta sinala como intencionados varios incendios de cuxa existencia non informara
Medio Rural revela a existencia de ata 26 incendios en dous días nos que apenas informou de media decena. A Xunta explica que a Unidade de Investigación de Incendios Forestais atopou "indicios de intencionalidade" en varios montes onde houbo "conatos" dos que tampouco informara
A AP-9 gaña 21 millóns en seis meses e ingresa por peaxes un 12% máis que antes da pandemia
Audasa cobrou en portaxes máis de 80 millóns de euros no primeiro semestre do ano, no que ingresou 17 millóns pola subvención do Estado. O tráfico da autoestrada de xaneiro a xuño supera nun 0,4% o rexistrado antes da pandemia mentres os ingresos da concesionaria soben un 12% e as ganancias, un 14%
O mercado laboral galego frea en xullo pero aínda medra e a contratación indefinida bate outro récord
O paro rexistrado sobe levemente na media estatal (+0,11%) e mantense nunha lixeira baixa en Galicia (-0,77%). A afiliación media á Seguridade Social é en Galicia a maior en termos absolutos dende finais de 2008. Os algo máis de 30.000 contratos indefinidos rexistrados son un novo máximo dende que hai datos comparables
Calefacción a 19 graos e luz apagada nos comercios e oficinas pechadas: guía do plan estatal de aforro enerxético
O decreto prohibe manter abertas as portas dos locais climatizados para evitar "o desbalde enerxético". As obras de eficiencia enerxética das Administracións poden acollerse á vía negociada sen publicidade "por causa de imperiosa urxencia"
- Crónica
- Política
O bipartito rachou dúas veces
A maioría das principais institucións locais galegas están gobernadas por coalicións entre as que destaca unha excepción convulsa, a do PP con Democracia Ourensana, que vén de rachar por segunda vez. Mentres, no Concello, Jácome se dispón a gobernar con 4 edís ata a fin do mandato, na Deputación Baltar ratifica o retorno ao PP da deputada que lle marchara a Ciudadanos en 2019 e garántese a absoluta sen DO
- Datos Crise de prezos
- Economía
Os combustibles baixan ao menor prezo en medio ano en Galicia malia roldar os 1,7 euros por litro
O petróleo cotiza nun 12% menos que no inicio da guerra da Ucraína, pero o litro de gasolinas e gasóleos é arredor de 10 céntimos máis caro que daquela