A Xunta quixo "reescribir" o informe onde Contas constata que incumpre a lei por non ter un rexistro de entes paralelos
A Xunta admite que o rexistro de entidades paralelas obrigado pola lei "non está creado", pero pediu ao Consello de Contas que "matice" o seu reproche porque ten publicada unha listaxe da administración paralela no seu sitio web de transparencia. O ente fiscalzador reitera que, malia á redución no número destes entes, o orzamento que xestionan apenas variou. Segue roldando os 1.700 millóns anuais
Veciñanza de Santiago pide aos peregrinos cumprir un "decálogo de boas prácticas" baseado en que a cidade está habitada
O colectivo veciñal A Xuntanza e a Asociación Empresarial do Barrio de San Pedro reclaman aos peregrinos respectaren o descanso evitando os berros, unha mellor xestión dos grupos moi numerosos, respectar os sinais de tráfico ou evitar deitar lixo nas rúas
Contas conclúe que o fondo do Estado polos gastos da COVID foi "suficiente" para a Xunta agás no ensino
O ente fiscalizador ditamina que os 735 millóns achegados polo Estado foron dabondo para afrontar os gastos sanitarios, sociosanitarios e doutros eidos pola COVID en 2020, pero que faltarían 3 millóns para compensar tamén os educativos. Fronte á suposta aldraxe sinalada por Feijóo, constata que Galicia recibiu menos fondos que outros territorios ao comezo da pandemia pola "menor incidencia relativa" do virus daquela
O maior incendio rexistrado en Galicia queda extinguido no Courel tras arrasar entre 11.000 e 13.000 hectáreas
Os incendio do Courel ardeu durante dúas semanas tras comezar o pasado día 14, igual que o de Valdeorras e o de Vilariño de Conso, que tamén foron dados por extinguidos nos últimos días e onde arderon unhas 10.500 e 7.000 hectáreas respectivamente, segundo as medicións provisionais
A recadación coa que Feijóo acusou a Sánchez de "forrarse" implica un 24% máis de fondos para a Xunta en 2023
O Estado achegará á Xunta 9.400 millóns durante 2023 e o conselleiro de Facenda admite que a "previsión de recadación" traza unha "evolución favorable" que supón unha "boa noticia". A ministra Montero di esperar que "eses maiores recursos sirvan para combater a inflación" e permitan ás autonomías "maior capacidade de investimento e prestación de servizos"
Feijóo tamén recicla a campaña contra o "gasto político" dez anos despois de teimar en recortar o Parlamento
O ex-presidente e o seu equipo continúan reciclando dende o liderado do PP en España boa parte do manual de oposición que xa puxeran en práctica en Galicia contra PSdeG e BNG. Tras defenderen reducir 14 escanos no Parlamento para aforrar cartos, engadiran outras explicacións coma o "simbolismo" ou pagar escolas infantís. Os populares mantiveran viva a iniciativa durante dous anos ata acabaren abandonándoa
Máis de 130.000 pacientes do Sergas pasan das mans dunha multinacional estadounidense ás doutra francesa
O hospital privado Povisa é propiedade de Ribera Salud, ata agora controlada pola estadounidense Centene Corporation, que vén de vender as súas accións á francesa Vivalto Santé. A decisión atinxe tamén ao lucense Polusa e ao ferrolán Juan Cardona, que tamén teñen concertos co Sergas, pero non unha poboación de referencia asignada polo Sergas para suplir a atención pública, o que si sucede no centro vigués. Ribera mantén que non implica cambios neles.
O maior incendio documentado na historia de Galicia xa supera as 11.000 hectáreas ardidas no Courel
A Xunta confirma que o do Courel xa é considerado un único incendio mentres os datos do satélite europeo Copernicus elevan a 13.000 as hectáreas ardidas. Medio Rural xa non considera activos ningún dos incendios comunicados na actual vaga, que rolda as 33.000 hectáreas
- Crónica Día Nacional 2022
- Política
O Goberno galego esvaece noutro 25 de xullo sen apelido
O único evento da Xunta ligado ao 25 de xullo, ao que segue sen referirse polo seu nome oficial, celebrouse no día previo cunhas Medallas de Galicia centradas no Xacobeo. No seu primeiro Día Nacional como presidente, Rueda acompañou o rei na ofrenda ao apóstolo e acudiu á Misa de Rosalía. Pontón, no regreso do formato multitudinario á manifestación do BNG, pediu confianza para encabezar un Goberno galego que ve "máis preto ca nunca" e Formoso centrou o acto do PSdeG en apostar pola reforma do Estatuto
Pontón pide confiar a acción política para saír da crise a un BNG co Goberno galego "máis preto ca nunca"
O Bloque recupera o formato masivo da súa mobilización central do Día da Patria. "Imos a por todas, sen límites, porque non podemos limitar o futuro de Galiza", proclama a portavoz nacional da formación soberanista
Os maiores incendios da vaga levan máis dunha semana a arder, pero frea o seu avance
Os focos do Courel, Valdeorras e O Invernadeiro suman unhas 28.000 hectáreas das arredor de 33.000 que van ardidas nesta vaga
A Xunta ten un estudo sobre o lume no Courel que pide "fixar poboación" e alerta do "abandono da xestión tradicional" do monte
O informe, incluído no plan contra incendios deste 2022, evidencia que o abandono dos traballos rurais deriva nunha "gran acumulación de biomasa", dende leña a pasteiros abandonados sen espazo entre eles, que vira a zona nun "ecosistema moi inestable" susceptible de arder nun "gran incendio difícil de extinguir" con "calquera raio, descoido ou neglixencia"