Máis facilidades ao persoal médico que vai á privada e menos centros de saúde, opcións da Xunta para frear a protesta sanitaria
Na véspera doutra xornada de mobilizacións de SOS Sanidade Pública, o Sergas comprométese a "flexibilizar" as incompatibilidades para facultativos que traballan na pública e na privada e comprométese a estudar a "reestruturación territorial da Atención Primaria", a cal reitera que é unha proposta do Consello Galego de Colexios Médicos, a cuxa directiva recibiu en San Caetano
O TSXG conclúe que "cabe a revisión de condenas" coa lei de liberdade sexual caso a caso e só se "favorece o reo"
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronúnciase por primeira vez de maneira xenérica sobre a aplicación da lei de liberdade sexual na revisión de penas e lembra que a nova lei "redefiniu as agresións sexuais" para incluír nelas "o que antes se catalogaba como abusos", o que deu lugar ao "redimensionamento dos marcos penais". Na liña deste criterio, rexeita revisar unha condena de once anos e medio a un agresor sexual de menores e rebaixa en seis meses a doutro, que queda en dez anos e medio
Feijóo formulou catro iniciativas en medio ano como senador polo Parlamento, ningunha sobre Galicia
A actividade parlamentaria de ex-presidente como senador limítase ata o momento a dúas preguntas a Pedro Sánchez e outras tantas respostas en senllas comparecencias do titular do Goberno de España. Tellado, que accedeu canda Feijóo ao Senado, leva rexistradas unha vintena de iniciativas, a maioría ligadas con Galicia. Neste tempo, o terceiro senador por Galicia, o socialista Leiceaga, tramitou 21 preguntas e participou en varios debates e iniciativas lexislativas
O 67% dos ingresos do ensino privado en Galicia son subvencións públicas, dez puntos por riba da media
Os colexios privados ingresaron no curso 20-21, marcado pola pandemia, unha media de 2.726 euros públicos por estudante en Galicia. Son uns 600 euros máis que na anterior edición do estudo, hai media década. Só en tres autonomías os ingresos privados superan aos públicos nestes centros, segundo o INE
- Documento Prestige 20
- Política
O Nunca Máis desbordou o fraguismo nas escolas malia ás ordes de censura
O Goberno de Fraga tentara frear as mobilizacións nos centros de ensino contra a xestión da catástrofe do Prestige e a guerra de Iraq cunha circular que instaba as direccións de colexios e institutos a retirar a cartelaría "ilegal". O veto fora respondido con máis mobilizacións de sindicatos, organizacións estudantís e ANPAs
"Compostela Aberta abriu debates valentes que non gustaron a unha minoría poderosa, pero o tempo deunos a razón"
María Rozas será a candidata de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago nas vindeiras eleccións municipais. Nun complexo escenario político para formacións como a súa, di estar en condicións de ofrecer "propostas para que Santiago mellore que non son de hai trinta anos" e advirte de que, ante a eventualidade de ter que participar na conformación dunha maioría pola esquerda, CA ve clara a necesidade de que cambie a alcaldía que actualmente ostenta o socialista Sánchez Bugallo
O PP renega do "repugnante" traspaso da competencia de tráfico que apoiou dúas veces en Galicia e despois bloqueou
Os populares descualifican como "repugnante submisión do Goberno ante Bildu" o pacto orzamentario que implica culminar o traspaso das competencias de tráfico a Navarra. Esta transferencia é das máis prometidas e frustradas en Galicia; os de Feijóo apoiárona abertamente en 2007 e 2008, tras a aprobación da Lei de Policía, e permitiron iniciar os trámites para pedila en 2019 e mais en 2021, cando acabaron vetándoa entre protestas de gardas civís e ataques da extrema dereita
Pontón defende o "avance" da lei de liberdade sexual e censura o "carroñeirismo" do PP, que a chama "covarde" por apoiala
A líder do BNG acusa o PP de "calar ante a sentenza da Manada" nun tenso tirapuxa co presidente Rueda, que lle lembra a declaración institucional "de condena" sobre o caso aprobada daquela no Parlamento e acusa o Bloque de "fariseísmo" por manterse a prol da lei do 'só si é si'
Homenaxe a "Don Manuel" e memoria sobre o "camarada Fraga" no seu centenario
Entre ecos do vixésimo aniversario do Prestige, clave na fin do seu mandato na Xunta, o PPdeG homenaxea en Vilalba a Manuel Fraga no seu centenario como fundador do partido e artífice de amplas maiorías a escasos metros da fundación que leva o seu nome, que segue abandonada. Mentres, a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña lembra cun documental a súa dilatada traxectoria como alto cargo da ditadura franquista
O PP tomba as emendas ao orzamento da Xunta, que prevé litigar contra o Estado na defensa da rebaixa fiscal ás rendas altas
Ana Pontón (BNG) reclama "unha política fiscal valente" no canto das rebaixas ás rendas altas e exemplifica con senllas botellas de leite e aceite a necesidade de que a Xunta axude a poboación fronte á crise de prezos. O PSdeG ve as contas galegas para 2023 ao servizo "da competición desbocada entre comunidades do PP polas rebaixas fiscais" ás rendas altas
Os fondos de Memoria Democrática enviados polo Estado a Galicia servirán para exhumar foxas na Capela, Lousame e Celanova
O Plan Cuadrienal de Memoria Democrática transfire fondos para as exhumacións á Xunta, que opta por dar aos traballos un baixísimo perfil público. O grupo Histagra da USC coordina os traballos, que no Plan de Memoria Democrática de Galicia para este 2022 prevén exhumar os corpos dunha ducia de asasinados polos golpistas
- Crónica
- Política
Alto, a sanidade ou a AP-9
A pasada semana comezou política e informativamente marcada sanidade pública e o aniversario do Prestige, dous asuntos incómodos para o PP que desapareceron con celeridade da cúspide da axenda política e mediática. A expectativa dunha suba das peaxes na AP-9 tivo na conversa pública galega un efecto moi semellante ao das revisións de condenas ao abeiro da lei de liberdade sexual no seu equivalente a nivel de Estado mentres, non obstante, continúan as mobilizacións para reclamar máis persoal médico