Xunta e PP esgrimen que piden competencias tras 13 anos para que a costa non caia "nas mans de Sánchez"
Os populares intensificaron a reclamación das competencias sobre o litoral tras frear o Estado ao Goberno galego na intención de permitir aumentar ata un 50% o volume de múltiples construcións costeiras. A unanimidade do Parlamento avalou esta semana unha iniciativa do BNG para reclamar estes traspasos e outros pendentes, a comezar pola AP-9
A inédita nova derruba no viaduto da A-6 aboca a un prolongado corte da conexión coa Meseta por Pedrafita
O "diagnóstico técnico sobre os fallos estruturais" determinará se cómpre "cambiar todo o viaduto" ou aínda cabe a posibilidade da reconstrución. O delegado do Goberno central en Galicia sinala que tamén dependerá desas pescudas determinar "se é necesario recorrer á vía xudicial" sobre o acontecido na infraestrutura, adxudicada en 1997 e inaugurada en 2001. A ministra de Transportes visita este venres a zona
- Crónica
- Política
Rueda reenvía ao Goberno de España as reclamacións de BNG e PSdeG pola falta de médicos e a crise de prezos
O presidente da Xunta sométese á súa segunda sesión de control como tal e remite a Pedro Sánchez a responsabilidade ante os cuestionamentos da oposición. "Galiza necesita un Goberno, non xente quentando unha cadeira", sinala Ana Pontón, que insta a asumir o paquete de propostas do Bloque para conter a inflación. "Se non é un problema de cartos, probe a subir os orzamentos do Sergas, a ver que pasa", convida o voceiro socialista, Luis Álvarez
- Interactivo Que turismo?
- Política
Os patrocinios turísticos da Xunta suman 7 millóns dende o inicio do Xacobeo e antes de grandes eventos do 2022
A suma dos patrocinios, que chegaría aos 10 millóns contando o festival O Son do Camiño cancelado en 2020 pola pandemia e que se celebra agora, engadirá nos vindeiros meses diversos concertos e accións do Xacobeo cuxos importes aínda non foron ratificados oficialmente. Todo, nun ano no que a área turística da Xunta manexa un orzamento récord de 115 millóns de euros
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Un mes de Rueda na presidencia: reconstrución do núcleo duro á espera da pugna con Pedro Sánchez
Á espera do primeiro encontro con Sánchez e das primeiras decisións que poidan permitir albiscar o seu selo alén da mera continuidade, Rueda desprega unha axenda pública que semella encamiñada a darse a coñecer. Polo momento, as reunións do Consello da Xunta co novo presidente á fronte céntranse en nomeamentos e en completar asuntos que xa tiñan a súa tramitación iniciada
Dez anos do rescate bancario, a "liña de crédito" perdida na que esvaeceron Caixa Galicia e Caixanova
En xuño de 2012, o Goberno de España asumía o rescate da UE para sanear parte do sector bancario. "Non ten nada que ver cun rescate" e os bancos terán que "devolver" os cartos "no seu momento", aseguraran. Só rescatar Novagalicia Banco custou uns 9.400 millóns de euros públicos dos que o Banco de España deu por perdidos máis de 8.600
O Sergas prevé pechar unhas 600 camas durante o verán de 2022
As camas hospitalarias bloqueadas son arredor do 10% das dispoñibles e Sanidade vén reiterando que as abriría antes do previsto se fosen precisas
O Concello de Lugo ten que investir un millón de euros en reparar eivas para abrir o auditorio que Feijóo inaugurou en 2016
O Concello recibiu o edificio en 2020, catro anos despois de que Feijóo inaugurase a obra contratada pola Xunta, cando "moitas das garantías xa estaban caducadas", resalta a alcaldesa. O estudio de arquitectura que avaliou os problemas do edificio detecta "problemas estruturais e deficiencias construtivas" ás que se engaden os efectos do prolongado peche
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda, Pontón e Formoso inauguran a nova xeira política galega en senllas xuntanzas sen pactos
O presidente da Xunta centrou os seus primeiros encontros institucionais coa portavoz nacional do BNG e o secretario xeral do PSdeG na axenda de asuntos que prevé trasladar a Pedro Sánchez cando o reciba na Moncloa. A necesidade de inxectar máis fondos no Sergas, a comezar pola Atención Primaria, encabezou as reclamacións dos líderes da actual oposición
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Quince desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación en Galicia no primeiro trimestre de 2022
A maior parte dos lanzamentos seguen rexistrándose en vivendas alugadas, con 351 fronte aos 84 derivados de hipotecas. Os novos casos de ocupación quedaron en 29, sete máis que nos dous trimestres previos
- Interactivo
- Economía
O día do leite no país do (medio) millón de vacas
O pasado 31 de maio celebrouse o Día do Leite nun contexto marcado pola redución de explotacións e un relativo mantemento do número de animais, con algo máis de medio millón de vacas rexistradas, arredor de 300.000 delas de muxidura. Repasamos a súa distribución sobre o territorio e tamén coñecemos os 65 concellos que, segundo os datos máis recentes, teñen máis vacas que persoas
O "non" do Estado ás competencias do litoral axita o veto do PP á reforma do Estatuto tras 13 anos de autogoberno freado
A transferencia da xestión do litoral xa fora abordada nos tempos do Goberno de coalición PSdeG-BNG e a Xunta do PP retomou a petición en 2021, despois de que o Estado limitase a súa intención de permitir aumentar ata un 50% o volume de construcións á beira do mar. O Goberno de España argumenta que para transferir estas competencias cómpre reformar o Estatuto