Turismo volve á Presidencia da Xunta nun ano de gasto récord do Goberno galego no sector
A área turística da Xunta, que na última década foi gañando peso orgánico e orzamentario, leva ao mando orgánico de Rueda dende 2020, cando Feijóo a trasladou á Vicepresidencia. Nos últimos dous anos, as partidas turísticas suman máis que as culturais nos Orzamentos. Neste 2022 acadan os 115 millóns, o groso xestionados a través da Axencia Turismo de Galicia, que nos últimos días pechou patrocinios con diversos medios de ámbito estatal por 1,2 millóns
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
O rei emérito pon no mapa a Rueda
Considerou que a visita de Juan Carlos de Borbón a Sanxenxo contribúe a "poñernos no mapa", xerando a súa primeira controversia política como presidente da Xunta. Pontón (BNG) ve "politicamente inaceptable" a afirmación, porque "dicir que un rei fuxido dá prestixio a Galiza é unha ofensa á xente deste país". O PSdeG sinala que a visita xera "unha sensación amarga" porque "quen ostentou a xefatura do Estado non cumpriu coa exemplaridade", polo que "non debería andar facendo ostentación"
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda e o galego, trece anos e tres meses despois
A casualidade e o calendario marcado por Feijóo para a súa remuda propiciaron que o primeiro acto oficial de Rueda como presidente tras as tomas de posesión sexa a celebración do Día das Letras Galegas. Transcorreron 13 anos dende que o agora presidente se manifestara contra unha suposta ausencia de liberdade en Galicia pola "imposición" do idioma ou dende que, como conselleiro, impulsara a reforma que eliminou a obriga de realizar cando menos un exame en galego en cada proceso selectivo da Xunta
Caixa Rural Galega bateu en 2021 o seu máximo de beneficios, crédito e persoal
Os depósitos da entidade cooperativa con sede en Lugo superan por primeira vez os 1.500 millóns (+20%) e o crédito acada os 784 tras medrar un 11%. "Seguimos convencidos da necesidade dunha banca diferente, con oficinas abertas, manténdoas todas e coa vontade de seguir abrindo estratexicamente algunha máis", sinala o seu presidente na asemblea xeral que aprobou as contas do pasado exercicio
Alfonso Rueda, elixido sexto presidente da Xunta
A maioría absoluta do PP inviste o ata agora vicepresidente como substituto de Alberto Núñez Feijóo na xefatura do Goberno galego. O que agora vén, sinala o novo titular da Xunta, non vai ser unha "ruptura", senón "continuidade da boa" a respecto dos mandatos do xa ex-presidente, a quen "non vai deixar de reivindicar"
Pontón ve na investidura do "presidente accidental" Rueda o inicio da "conta atrás" para un Goberno do BNG
A líder do BNG formula o seu discurso ante a investidura de Rueda como unha caste de primeira volta previa á disxuntiva electoral entre os modelos do PP e do Bloque e dedica a maior parte da súa intervención a expoñer as liñas mestras do programa de goberno da formación soberanista
Arquivadas as acusacións de financiamento ilegal de partidos galegos na trama Pokémon
"Non cabe reputar minimamente xustificada a perpetración de delito en relación coas supostas doazóns" do grupo Véndex que a sancionada xuíza De Lara atribuíu a cargos locais de PP, PSdeG e BNG en 2011, conclúe a maxistrada agora encargada desta peza do caso Pokémon, quen subliña que ata 2015 non existía como tal o delito de financiamento ilegal dos partidos
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Que pareza normal
Rueda esforzouse en facer ver que un episodio inédito da historia da autonomía non é un suceso que vaia moi alén dun trámite. O maior punto de tensión política chegou, posiblemente, no fragmento máis normal, no sentido de habitual, que tivo todo o discurso: o dedicado ás críticas a Pedro Sánchez
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Os escanos galegos do PP no Senado, de refuxio dos sacrificados nas municipais a altofalante para Feijóo
En 2019, o PP situou como senadores por designación do Parlamento aos candidatos que sacrificara ante Abel Caballero e José Manuel Baltar. "A representación galega no Senado está para defender a Galiza, non para dar inmunidade e un altofalante a Feijóo e aforrarlle dous salarios ao PP", advirte Ana Pontón
- Datos Crise de prezos
- Economía
Os combustibles acadan en Galicia o maior prezo dende a entrada en vigor do desconto estatal
A nova escalada nos prezos de gasolina e gasóleo comezou cadrando coa Semana Santa. Mentres, a Comisión Europea dá o visto e prace definitivo para que os gobernos español e portugués limiten o prezo do gas e así baixar o custo da luz
Jácome lembra que o bipartito do PP segue vixente
As coalicións foron historicamente caricaturizadas polo PPdeG como sinónimo de inestabilidade, pero no actual mandato municipal a principal fonte de turbulencias é o único bipartito urbano participado polos populares. A recomposición do bipartito do PP con Jácome tras a primeira ruptura non impediu que continuasen as descualificacións e saídas de ton. A última, un empurrón a unha sindicalista, mesmo con máis eco que as anteriores, en pleno proceso sucesorio no PPdeG
Os bombeiros 'desprivatizados' da Coruña, Lugo e Pontevedra serán persoal indefinido sen un novo proceso selectivo
Os tres gobernos provinciais de PSdeG e BNG subliñan que unha recente sentenza do Supremo referida ao servizo de axuda no fogar de Navarra lles permite "estabilizar" os bombeiros tal e como "queriamos facer". Din agardar que a Xunta, que participa ao 50% nos consorcios provinciais de bombeiros, se sume á estabilización do persoal igual que acabou accedendo a rematar coa xestión privada do servizo