- Guía Coronavirus
- Acontece
Adeus á máscara obrigatoria en interiores agás en centros sanitarios, residencias e transporte público
O BOE publica este mércores a modificación legal que converte en excepcional a obrigatoriedade de portar máscara baixo teito. O Estado mantén un amplo catálogo de usos recomendados para persoas "vulnerables" ou aglomeracións, aos que a Xunta agrega os centros de ensino, se ben admite que de agora en diante será unha acción "voluntaria". No eido laboral, o mantemento da máscara queda nas mans de cada empresa
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
8F do 2009: a outra foto 'ultra' que Feijóo esquivou (pero Rueda, non)
A ausencia de Feijóo na constitución do primeiro bipartito do PP con Vox fai ecoar o acontecido na manifestación contra unha suposta "imposición do galego" en vésperas das eleccións de 2009, cando ao daquela candidato lle cadrara participar en mitins en Bos Aires e a comitiva dos populares fora encabezada por Alfonso Rueda
- Entrevista | Ana Pontón
- Política
"O cambio de ciclo político xa empezou e a alternativa con vocación maioritaria é o BNG"
A portavoz nacional do Bloque dá por "constatado" que en Galicia existe "unha maioría social esgotada dos anos de goberno" dun PP que agora se limita a "cambiar caras" mentres mantén a Xunta "paralizada" na peor crise de prezos en catro décadas. "Non ter o obxectivo de ser unha forza hexemónica sería renunciar a dar un futuro mellor a este país", resalta nesta entrevista, na que repasamos algunhas das principais propostas do BNG e a conxuntura política galega e estatal
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID en Galicia a unha semana da fin da máscara baixo teito: medio milleiro de ingresos coa incidencia en segundo plano
Os hospitais galegos rexistran nos últimos días algo máis de 500 hospitalizacións simultáneas de persoas coa COVID-19, se ben Sanidade matiza que en torno á metade ingresaron por motivos diferentes ao virus. Os datos de incidencia, cuns 500 casos novos por cada cen mil habitantes a 14 días, están moi influídos pola fin xeral das probas fóra dos grupos "vulnerables" e porque os autotest feitos na casa xa non se inclúen no cómputo oficial
Galicia encamíñase a un trimestre de Goberno provisional mentres BNG e PSdeG reclaman acelerar a remuda
O aínda presidente avoga por acompasar a sucesión no PP e na Xunta, con finais de maio como horizonte para a mudanza efectiva. Pontón (BNG) sinala que Galicia precisa "un Goberno centrado en dar solucións á crise de prezos" e ten "un Executivo do PP paralizado polas liortas internas" da sucesión. Formoso (PSdeG) ve "importante que no PP se aceleren os prazos" mentres subliña que Feijóo se estrea como líder do seu partido avalando o bipartito coa extrema dereita en Castilla y León
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo non foi investido presidente "nas urnas" e quen o suceda, tampouco
A defensa que Feijóo realiza agora do sistema parlamentario para a súa sucesión na Xunta contrasta coas ocasións en que o cuestionou, xa fose para considerar que a primeira investidura de Sánchez fora allea á vontade do pobo ou que Touriño puidese ser considerado presidente
- Documentos Feijóo en Madrid
- Política
O camiño de Feijóo ao Senado xa o fixo Fraga sen o voto a prol do PP
A primeira elección de Fraga como senador en substitución de Corina Porro aprobárase en 2006 por unanimidade do Parlamento. Tras as xerais de 2008, PSdeG e BNG aprobaron asignar a cada grupo un dos tres postos no Senado que corresponden ao Parlamento galego, pero o PP reclamaba manter dous por "proporcionalidade". Non o lograron e converteron os seus votos en nulos
- Entrevista | Valentín G. Formoso
- Política
"O PSdeG está chamado a liderar o cambio en Galicia; somos quen de revolucionar o país de xeito tranquilo, pero contundente"
O secretario xeral socialista cre que o seu equipo pode "facer que a xente que nos vota nas municipais, europeas e xerais o faga tamén nas autonómicas, por iso iniciamos un novo proxecto no partido". "Era posible con Feijóo e sen el, máis", mantén mentres reitera a súa disposición a ser candidato á presidencia da Xunta e desbancar un Goberno do PP que, durante 13 anos, "se centrou no control do marketing político para parecer que facía en lugar de facer".
- 📺 Con vídeo Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo di que dimitirá en "semanas" e esgrime que Pontón tardou máis en dicir se continuaba como líder do BNG
O aínda presidente da Xunta afirma que o membro do PP que o suceda exercerá o posto "ata 2024" e mantén que a sucesión aberta "nada ten que ver co funcionamento ordinario" do Goberno, que BNG e PSdeG ven "paralizado" en plena crise de prezos. O novo líder estatal do PP volve dedicar boa parte da súa intervención parlamentaria a cargar contra Pedro Sánchez, a quen acusa de crear "folgas" e "desabastecemento" e de "utilizar os impostos" para atender "socios absolutamente independentistas"
Feijóo enche a súa axenda como líder do PP e Rueda di que agora toca "empezar a falar" da remuda na Xunta
Tras ser proclamado en Sevilla novo presidente do PP, Feijóo presidiu este luns a reunión da dirección do seu partido en Madrid, onde volverá mércores e xoves para ser recibido polo rei e por Pedro Sánchez. BNG e PSdeG coinciden en criticar a interinidade na presidencia, pero sinalan o PP como pasado de Galicia
- Datos Reféns de Audasa
- Economía
A AP-9 gaña un 20% máis que antes da pandemia e ingresou 14 millóns polas subvencións ás peaxes en 2021
A intensidade do tráfico e os ingresos por peaxes, superiores aos 150 millóns en 2021, aínda están por baixo das cifras de 2019, segundo os resultados de 2021 presentados por Audasa. O 95% das viaxes de pagamento xa se abonan a través de vías automáticas como a telepeaxe, dispositivo obrigatorio para acollerse aos descontos aplicados polo Estado
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Dez datas que explican o ascenso de Feijóo ás alturas do PP
O aínda presidente da Xunta vén de acadar a cúspide do poder no seu partido tras a defenestración de Pablo Casado e propicia o peche dun ciclo de década e media na política galega. O que agora acontece non pode entenderse sen, cando menos, outra decena de datas anteriores, dende a catástrofe do Prestige á fin do fraguismo ou os erros de cálculo do Goberno de coalición PSdeG-BNG