- 📺 Datos Feijóo en Madrid
- Política
A Xunta prevé ingresar 2.461 millóns este ano polos impostos cos que Feijóo acusa a Sánchez de "forrarse"
O aínda presidente da Xunta desempoa o manual das eleccións galegas de 2009 para a campaña interna tras a que será aclamado como substituto de Casado no PP e carga contra os tributos que supoñen cada ano ao Goberno galego o equivalente ao orzamento da Consellería de Educación
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os gobernos frean a actualización diaria de datos COVID e avanzan na relaxación fronte ao virus dous anos despois
A redución dos 'partes' de datos prodúcese mentres as autoridades abordan o xeito en que flexibilizarán o uso da máscara en espazos interiores abertos ao público. Con máis do 90% da poboación vacinada, a incidencia acumulada volve apuntar a descenso en Galicia tras a leve alza tras o Entroido e as persoas ingresadas co virus eran o domingo 381, medio cento menos que unha semana antes
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Vox, como Jácome, xa non é "letal"
O bipartito con Vox en Castela e León foi recibido por diversas cabeceiras cun aquel de decepción, retratando a Feijóo fóra do carreiro de moderación no que algunhas delas o situaran. A xustificación do pacto non soa inédita en Galicia e evoca á utilizada para dar a Jácome a alcaldía de Ourense
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID vira en ruído de fondo dous anos despois do primeiro caso detectado en Galicia
A ampla cobertura da vacinación e as características da variante que predomina propicia que as autoridades sanitarias sigan adiante co levantamento das restricións que quedan. O pico de novas hospitalizacións na vaga deste inverno quedou arredor da metade das cifras de hai un ano
As semanas finais de Feijóo na Xunta comezan cunha xira por todas as autonomías como candidato a liderar o PP
O aínda presidente di que podería compatibilizar o liderado do seu partido co da Xunta durante "semanas ou meses" pero apunta a maio para a súa marcha definitiva. Será presidente estatal do PP o 2 de abril e, de aí en diante, cando presente a dimisión no Goberno galego activarase o proceso parlamentario para substituílo, que non pode durar máis dun mes
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
A fin da era Feijóo abre a BNG e PSdeG unha "fiestra de oportunidade" con vistas á Xunta
Dirixentes nacionalistas e socialistas consultados por Praza.gal ven claro que non todos os votantes que elixiron a Feijóo optarían mecanicamente por calquera outro candidato do PP. Aspiran a ir alén dos "vasos comunicantes" entre o electorado da esquerda, ao que queren facer ver a existencia dunha alternativa de goberno e de presidencia que tamén dependerán, analizan, da capacidade do PP para construír e blindar o liderado de quen remude ao actual presidente
- Con datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas ratifica a supresión de corentenas e rastrexo para contactos COVID agás en "ámbitos vulnerables"
Sanidade deixará de pedir unha listaxe de contactos ás persoas que dean positivo agás as ligadas a centros sanitarios, residencias da terceira idade ou discapacidade ou axuda no fogar. "Imos ir ao autocoidado", resume en vésperas da aprobación do novo sistema de vixilancia da COVID para todo o Estado, mentres constata que "a volta á normalidade comeza a ser unha realidade"
Feijóo emprende o camiño de ser o primeiro presidente que renuncie ao cargo en toda a historia da Xunta
O xa candidato a remudar a Casado evita aclarar cando renunciará á presidencia. Cando o faga, activarase un mecanismo inédito na historia da autonomía. Albor tivo que abandonar a presidencia por unha moción de censura; Laxe, Fraga e Touriño, por senllas derrotas electorais
- 📺 Con vídeo Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo di agora que si a presidir o PP estatal "porque a Galicia non lle é indiferente España" e hipoteca a estabilidade da Xunta
Tras argumentar en 2018 que non aspiraría a suceder a Rajoy porque deixaría a Galicia tirada en metade dunha lexislatura, nunha situación similar agora o popular considera máis importante non acomodarse polo ben do Estado. O aínda presidente evita dar pistas sobre os seguintes prazos para a súa marcha do Goberno galego mentres comeza a cargar contra Pedro Sánchez, a quen di querer "gañar", e contra o seu Goberno "multipartito" de "socialistas, comunistas e nacionalistas"
- Crónica
- Política
Pontón marca perfil institucional co lehendakari mentres Feijóo ratifica se quere suceder a Casado
A portavoz nacional do BNG sinala Euskadi como "exemplo de que o autogoberno é fundamental para avanzar" no inicio dunha viaxe cuxa segunda xornada estará centrada na I+D+i, cunha visita á entidade na que o Goberno vasco concentra a política de impulso da ciencia
Ence volve ignorar o plan apadriñado pola Xunta para mantela na ría se o Supremo non lle dá a razón
A compañía reitera que tería que pechar en Lourizán entre 2023 e 2024 se o Supremo non avala a súa prórroga, sen sequera mencionar a adscrición ao porto de Marín que vén defendendo a Xunta
O PP galego atribúe a invasión da Ucraína á Unión Soviética 31 anos despois da súa fin
Paula Prado advirte de que "a verdade é que os comunistas están invadindo un pobo soberano e libre" e acusa da guerra o "réxime comunista soviético de Putin".