- Datos Coronavirus
- Acontece
A OMS subliña as "considerables incertezas" sobre ómicron e o mundo rico axítase en vésperas do segundo Nadal coa COVID
A Organización Mundial da Saúde resalta que é "de vital importancia que as desigualdades no acceso ás vacinas sexan urxentemente abordadas". En Galicia, co 85% da poboación vacinada, o Sergas vén diagnosticando unha media duns 440 casos novos na última semana mentres o ritmo de incremento da incidencia tende a frear e as hospitalizacións soben, pero ata niveis moi por baixo dos de hai un ano
Carlos Valcárcel, fotógrafo da vida galega que foi
Valcárcel, falecido este 28 de novembro aos 92 anos, foi fotógrafo de vocación e oficio aínda que non o fose de profesión, referente para profesionais e documentalista excepcional da Galicia do século XX
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta revela que o 65% das persoas ingresadas na UCI co coronavirus no que vai de novembro non están vacinadas
A obriga de amosar o certificado COVID en restaurantes todo o día e nos bares pola noite está en vigor dende este 27 de novembro e, como mínimo, ata o 18 de decembro. Sanidade subliña que xa manexa datos que acreditan que "o risco de ingreso de persoas non vacinadas é maior" se contraen a COVID e tamén "evidencia de que a vacinación diminúe o risco de transmisión". A incidencia acumulada a 14 días no global galego rolda os 133 casos novos por cada cen mil habitantes e as hospitalizacións son en torno a un cento
O pleno de Santiago aproba pedir á Xunta implantar unha taxa turística coa abstención do PP
A iniciativa, que retomou Compostela Aberta, foi aprobada cos votos a prol do PSdeG e do BNG tras introducir o goberno local a emenda de que debe ser a Xunta a que a regule por lei tanto para estancias hoteleiras como para excursionistas. O Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2017-22 contempla a taxa "nun tipo medio dun euro e un máximo de cinco días por cota"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Extensión xeral da terceira dose e vacinación infantil, seguintes metas no plan europeo para frear a COVID
O groso do incremento dos casos detectados en Galicia sitúase nas áreas sanitarias de Ourense e Vigo e as maiores incidencias a 14 días rexístranse na infancia non vacinada e mais nos grupos de idade de persoas adultas menos cubertas pola vacinación. O impacto das vacinas permite afirmar á Xunta que non prevé risco de "colapso" nos hospitais malia á suba da incidencia do virus
- Datos Coronavirus
- Acontece
A igual incidencia, tres veces menos ingresos e a sexta parte de mortes: as diferenzas entre os dous outonos da COVID
En outubro de 2020 a incidencia da COVID-19 a 14 días tamén roldaba os 106 casos novos por cada cen mil habitantes, como na actualidade, pero a mortalidade era seis veces superior. Daquela aínda non comezara a vacinación. A axencia sanitaria da UE pide "pechar urxentemente a fenda de inmunidade" en países con baixas coberturas da vacinación e recomenda doses de reforzo en toda a poboación adulta
Feijóo volve desdeñar a reforma do Estatuto que reclama o PSdeG e esixe que o BNG "abandone o soberanismo"
O PSdeG reclama retomar a reforma estatutaria aparcada para "abrir unha nova páxina na historia da autonomía" tras a pandemia. Antes "se conformaban con ser unha nación, agora se plantexan ser unha república", caricaturizou Feijóo ao BNG, cuxa portavoz nacional, Ana Pontón, ve o presidente da Xunta inmerso "no Matrix de Monte Pío, que lle impide escoitar"
- Documento
- Política
A Xunta e outros sete gobernos piden atender a "emerxencia demográfica" no financiamento autonómico, caducado dende 2014
Feijóo afonda na liña de deixar á marxe tanto posibles negociacións bilaterais co Estado como as ligazóns co resto de nacionalidades históricas nun documento que pide "acertar na definición dos custos reais" dos servizos públicos e a "incidencia significativa" que a demografía ten neles. No foro participaron a presidenta e presidentes de Asturias, Cantabria, La Rioja, Aragón, Castilla-La Mancha, Extremadura e Castilla y León
A Xunta promove esixir o certificado COVID nos restaurantes todo o día e nos bares dende as nove da noite
Para entrar en vigor, o requisito precisa o aval do Tribunal Superior de Xustiza. As novas medidas chegan cando o 93% da poboación galega susceptible de ser vacinada xa recibiu a pauta completa e mentres o Consello Interterritorial de Saúde revisa os protocolos COVID estatais
- Datos Coronavirus
- Acontece
Anatomía dunha vaga da COVID inédita: uns 200 casos ao día, unha trintena de concellos e o parapeto das vacinas
Na maioría dos concellos que concentran o groso dos casos novos nos últimos días, a campaña de vacinación está completada a máis do 90%. Máis da metade da poboación galega maior de 70 recibiu xa a dose de reforzo. As persoas hospitalizadas co coronavirus roldan as 80 en toda Galicia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dezasete concellos concentran o groso dos novos casos da COVID ás portas da extensión das vacinas de reforzo
Os incrementos de casos detectados dos últimos días sitúanse, sobre todo, nas cidades e concellos das súas contornas de influencia. O único grupo de poboación fóra da campaña de vacinación e os dous con menor cobertura da inmunización son os que presentan incidencias a 14 días máis altas. A hospitalización de persoas coa COVID segue roldando o medio cento de persoas
As vilas medias reivindícanse como baluarte fronte á crise demográfica e esixen a "fin da discriminación" orzamentaria
Os concellos de entre 20.000 e 40.000 habitantes únense para subliñar a "necesidade absoluta" dun mellor financiamento e sinalar a "urxencia de acadar cambios na xestión dos fondos europeos de reconstrución, nos que a alcaldesa da Coruña e o alcalde de Vigo tamén reclaman unha maior participación durante un encontro institucional