A vaga de incendios azouta O Courel e Valdeorras mentres supera as 18.000 hectáreas ardidas
A actual onda de lume concéntrase en espazos de alto valor natural e patrimonial en áreas de montaña de Lugo e Ourense, entre eles espazos protexidos como a Serra da Enciña da Lastra e O Invernadeiro. Ademais de arrasar milleiros de hectáreas de monte, pon en risco e xa calcinou vivendas en varias aldeas
Os incendios na política, entre a urxencia de máis medios de extinción e a necesidade de abordar as causas estruturais
CIG e BNG advirten de que brigadas municipais contra incendios están sen constituír ou padecen escaseza de medios, o PSdeG sinala a "lentitude" da actuación en áreas coma o sur de Lugo. Rueda "garante" que están a actuar "todos os efectivos dispoñibles". Ante a actual vaga de incendios agroman tamén advertencias de maior percorrido, coma o impacto da crise climática ou o abandono da actividade agrogandeira
A vaga de incendios xa supera as 12.000 hectáreas, máis do ardido en toda Galicia durante 2021
Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Carballeda de Valdeorras e Vilariño de Conso son os concellos afectados polos principais focos tras "descontrolarse" a situación durante as treboadas da pasada semana, segundo Medio Rurall. En máis de media ducia de incendios os focos poñen en perigo contornas habitadas
O Concello de Sada advirte do risco de que os Franco leven bens de Meirás e pide acelerar a protección total
O Concello sadense insta o Goberno de España a presentar canto antes a demanda posesoria por todos os bens do pazo e urxe á Xunta a ampliar a declaración BIC de Meirás para protexer tamén todo o seu contido
- Datos
- Acontece
Os concellos galegos con máis nacementos que mortes caen un 94% nunha década e xa só quedan dous
O IGE ratifica que o saldo vexetativo e a cifra de nacementos foron en 2021 os máis negativos dende que hai datos comparables. En 13 municipios non se rexistraron nacementos durante o pasado ano
O xuíz impide aos Franco retirar un cento de bens de Meirás e deixa que leven unhas alfombras
O maxistrado conclúe que estes bens, que non inclúen elementos clave da 'herdanza' de Pardo Bazán, deben ser considerados "bens inmobles inseparables" do conxunto e avala tamén a conservación do inventario das propiedades do pazo. Subliña que non pode realizar resolución ningunha sobre a propiedade dos bens por non ser reclamada no proceso orixinal, pero lembra que o Estado pode reivindicalos nunha nova demanda
A Xunta retruca á condena á CRTVG por represalias a un traballador cargando contra Bildu e o Goberno galego de hai 13 anos
O BNG pide contas ao Goberno galego por un ditame xudicial "histórico" que, defende, vai alén do laboral e ten "dimensión colectiva" e "política". O vicepresidente Calvo responde que "critica por criticar" e acusa a Pedro Sánchez de facer "purgas" en RTVE
Sánchez dá por cumprida a metade do pacto de investidura co BNG e reivindica o seu "compromiso con Galicia"
O deputado do Bloque, Néstor Rego, reclama ao presidente do Goberno de España durante o debate de política xeral que "cumpra con Galiza" impulsando os puntos pendentes do seu pacto e coida que algunhas das medidas fronte á crise de prezos van "na boa dirección", pero manifesta "dúbidas": "En Galiza non existe Cercanías e os trens de media distancia necesitan mellorar en frecuencias, horarios e prezos", exemplifica
A demora do peche definitivo planea sobre a térmica das Pontes e o persoal da central pide acelerar os proxectos de renovables
A eléctrica e Transición Ecolóxica reuníronse sen informar ao respecto. Sobre a mesa, posibles novas reactivacións da térmica pola crise enerxética global, o que atrasaría o peche definitivo. No comité de empresa da central advirten de que, alén deste eventual "balón de osíxeno", cómpre "acelerar a vía da independencia dos combustibles fósiles foráneos, caros e contaminantes" cos proxectos de renovables coma os xa presentados
Sánchez anuncia impostos extra a enerxéticas e bancos, trens de balde e máis bolsas para combater a crise de prezos
No inicio do debate de política xeral no Congreso, o primeiro en sete anos, o presidente do Goberno de España di ser "plenamente consciente" do impacto da crise de prezos nos fogares e asegura estar en disposición de "deixar a pel" a prol da "maioría social"
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda segue a presentarse no inicio da segunda metade da lexislatura galega
Tras dous anos dende as eleccións e dous meses despois da súa elección como substituto de Feijóo, o presidente da Xunta semella seguir inmerso nunha prolongada rolda de presentacións polo país apoiándose nas súas competencias en materia turística e en reunións coas principais empresas. Mentres, os oito Consellos que leva presididos centráronse, en boa medida, en aprobar axustes no organigrama da propia Xunta e completar trámites de asuntos xa iniciados
A Xunta tenta mercar a Santa de Asorey e outros bens da Casa de Galicia de Montevideo "coa idea de mantelos en Uruguai"
A Xunta, que fora instada por BNG e PSdeG a actuar para preservar o legado cultural da disolta Casa de Galicia da capital uruguaia, di manexar unha "lista pechada e taxada por especialistas do Uruguai" sobre os "bens de interese cultural" da entidade en cuxa "adquisición está traballando"