Dúas residencias de maiores que a Xunta manterá con xestión privada tiveron sancións por falta de persoal e obstruír inspeccións
Ao ser cuestionada polas infraccións de empresas concesionarias de residencias públicas da terceira idade nos últimos catro anos, Política Social sinalou que a Concepción Arenal da Coruña e mais a de Bande tiveron sancións firmes. Ambas están xestionadas por empresas do grupo DomusVi
- Datos Coronavirus
- Acontece
Noiteboa foi o día con máis PCR procesadas no Sergas dende o comezo da pandemia
Este 24 de decembro o Sergas procesou case 14.000 probas PCR e a súa positividade media a sete días rolda o 15%. Contando todos os tipos de test, na última semana foron realizados en Galicia máis de 140.000
A Xunta encargou a falida busca de investidores para Vestas á consultora coa que xustificou a fusión das caixas
A multinacional eólica, que quere pechar a súa fábrica de Viveiro, fixo público que se reunira con fondos de investimento propostos pola consultora KPMG, "contratada pola Xunta" e que os encontros acabaron sen avances pola "ausencia de interese" na compra. O Goberno galego asegura que "atopou" tres investidores "interesados na propiedade da planta" e que "renuncian ante os atrancos impostos" por Vestas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia bate récords de probas e casos da COVID no comezo do Nadal mentres a hospitalización frea
O alto ritmo de probas segue facendo aflorar cantidades inéditas de casos confirmados, con máis de dous mil nun día. Polo momento, o ritmo de hospitalizacións segue desacoplado do incremento da incidencia polo papel clave da vacinación. As 268 persoas ingresadas coa COVID ás seis da tarde do xoves eran 9 menos que hai unha semana
A Xunta aproba manter na xestión privada varias residencias públicas que ten encomendadas a DomusVi
O Goberno galego prevé destinar ata 50 millóns de euros en cinco anos para que compañías privadas xestionen catro centros da terceira idade de propiedade pública na Coruña, Vigo, O Carballiño e Bande que suman 430 prazas. Renuncia así, a efectos prácticos, á posibilidade de reintegralos na xestión pública ao remate dos contratos vixentes
A nova norma de uso da máscara ao aire libre só deixa fóra da obriga os "espazos naturais" e o deporte individual
O Goberno de España ratifica no BOE que se adhire ás teses de gobernos autonómicos que, como a Xunta, reclamaran reimplantar a máscara no exterior con independencia da distancia de seguridade. A excepción para "actividades de carácter non deportivos" en "espazos naturais" non especifica que contornas en concreto terán esa consideración
- Datos Coronavirus
- Acontece
O aluvión de test en vésperas do Nadal detecta dez mil casos da COVID nunha semana mentres a hospitalización segue estable
Na última semana o Sergas procesou unhas 62.000 PCR, cifra que tende a aumentar coa apertura de probas voluntarias previa ás festas. Con case o dobre de incidencia acumulada que no pico do outono de 2020, cando aínda non se administrara unha soa vacina, as hospitalizacións simultáneas de persoas coa COVID (273) son menos da metade que daquela
- Datos Coronavirus
- Acontece
O primeiro trimestre do curso remata cuns 3.000 casos da COVID nas aulas e un terzo da infancia de 5 a 11 cunha dose de vacina
A rapidez da vacinación e a escaseza de poboación infantil propician que menos de 50.000 nenas e nenos que xa recibiron a primeira dose supoñan o 31,4% do grupo de 5 a 11 anos e que Galicia lidere, xunto a Extremadura, a inmunización pediátrica no conxunto do Estado
Estado e Xunta esquivan novas restricións pola COVID para o Nadal tras amagar con endurecer o uso da máscara
"Mantense a obrigatoriedade da máscara en exteriores", afirmou Pedro Sánchez despois da conferencia de presidentes, coas excepcións que xa estaban en vigor a respecto da distancia de 1,5 metros de seguridade. Pola súa banda, o presidente da Xunta lanzou ao remate da reunión as súas recomendacións para as celebracións dos días 24 e 25
- 📺 Con vídeo
- Política
O BNG responde con retranca á iniciativa contra o soberanismo presentada polo PP, que evoca a ETA
"Tráiolles hoxe nacionalismo galego para dummies", ironizou a deputada Olalla Rodil, antes de evidenciar que o Bloque é nacionalista e considerar que o PP está "tan obsesionado por caricaturizar o BNG que acaba resultando bastante ridículo". Tellado concluíu o debate cunha alusión ao 'comando Barcelona' de ETA
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia tivo no outono un 20% menos de casos COVID que o pasado ano e un 80% menos de mortes
O país rexistrou no outono de 2021 algo máis dun milleiro de hospitalización de persoas co coronavirus e hai un ano, antes da vacinación, foran unhas 3.400. Os ingresos reducíronse tres veces máis que os casos novos detectados
- Datos Coronavirus
- Acontece
Só a área de Ourense superou o pico da vaga outonal da COVID a catro días da Noiteboa
O freo no ritmo de incremento da incidencia acumulada global para Galicia está a ser substituído nos últimos días por un estancamento. A área sanitaria de Vigo é a que ten agora as cifras máis elevadas mentres nas cifras de hospitalización total continúa a tendencia ao acougo. A conferencia de presidencias autonómicas para abordar a situación epidemiolóxica chega un ano despois de que, cando aínda non comezara a vacinación, o groso das restricións fosen suspendidas ou flexibilizadas polo Nadal