Competencia advirte ás eléctricas de que deben facilitar o pago aprazado dos recibos da luz atrasados dende hai meses
Milleiros de fogares non reciben facturas da luz dende a entrada en vigor da nova tarifa e ignoran como lles está a afectar a suba dos prezos dos últimos meses. A CNMC evidencia que o atraso das facturas é responsabilidade das eléctricas e causa "forte preocupación" na clientela afectada. Subliña que, atendendo á lei, "teñen dereito a aprazar o pagamento de cada unha delas en tantas facturas mensuais como meses sufrisen de atrasos"
Pontón reclama o traspaso a Galicia da competencia sobre ferrocarril interior, que Feijóo prometeu hai doce anos
No debate de política xeral de 2010, Feijóo anunciara a contratación do primeiro paso para crear o "Ente Ferroviario Galego", que tamén se ocuparía dos metros lixeiros, igualmente desaparecidos das promesas da Xunta nos anos seguintes. A portavoz nacional do BNG subliñou a necesidade do traspaso durante unha viaxe reivindicativa no tren de Ferrol á Coruña para reclamar mellores servizos e frecuencias na conexión entre ambas cidades
O Estado apunta ás Pontes ou Cerceda como posibles destinos de Ence
Á espera de se o Supremo mantén ou non a anulación da prórroga concedida por Rajoy, a ministra Teresa Ribera subliña que o traslado da pasteira sería "máis doado" se é instalada nunha das dúas contornas beneficiarias polos fondos de "transición xusta" para compensar o peche das centrais térmicas. Feijóo reitera o seu plan para esquivar as sentenzas adscribindo a fábrica ao porto de Marín, que Ence nin menciona na información aos accionistas sobre os seus proxectos para afrontar o posible pechce en Lourizán
- Datos Coronavirus
- Acontece
O acurtamento dos illamentos propicia 25.000 altas de pacientes coa COVID e a incidencia segue á alza co impulso dos autotest
O 'pico' de casos activos pasa de 76.000 no 12 de xaneiro a 67.400 o día 8 e co novo método xa descende.Os positivos por autotest, que nos últimos días xa eran maioritarios en varias áreas sanitarias, quedan incorporados aos datos xerais e xa non é posible coñecer cantos son detectados por probas no sistema sanitario. Hai un ano o número de hospitalizacións era semellante á actual, en torno ás 500, pero a incidencia acumuada era sete veces inferior á de agora
- Datos Coronavirus
- Acontece
A maioría dos casos COVID detectados nas áreas da Coruña e Vigo xa proceden de autotest
Máis da metade dos 7.600 casos novos rexistrados no conxunto de Galicia o pasado martes, día 10, eran resultados de probas feitas na casa. Os casos activos superan os 76.000 (entre eles, 412 residentes en centros de maiores), pero o total baixará apreciablemente dende este día 13 ao reflectir xa os datos a redución dos illamentos a 7 días para persoas asintomáticas. As hospitalizacións coa COVID roldan as 500 e as camas de UCI ocupadas por pacientes coa doenza seguen arredor do medio cento
A Xunta, a remolque do Defensor del Pueblo, muda a auditoría externa de Conxo que lle pediu o Parlamento por unha inspección interna
Sanidade non comunicou o resultado aos deputados, que coñeceron da existencia do informe sobre o psiquiátrico compostelán polo PP e non polo Goberno galego. O seu contido é coñecido tras unha reclamación de Praza.gal ao amparo da Lei de Transparencia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un de cada catro casos da COVID rexistrados na última semana en Galicia son resultados de autotest
Case 8.200 dos 32.600 casos rexistrados polo Sergas nos últimos sete días son positivos de autotest mentres os achados mediante probas do propio sistema sanitario descenden con claridade. As persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 seguen aumentando, pero de xeito contido, e roldan as 500. Mentres, o total de casos activos supera os 70.000, incrementando a presión en puntos do sistema como a Atención Primaria
Dúas opcións por provincia nas primarias territoriais do PSdeG
Tras a elección de Valentín González Formoso á secretaría xeral do PSdeG, o partido afronta o vindeiro febreiro os seus catro congresos provinciais. Tras a recolleita de avais fica confirmado que nas catro eleccións territoriais haberá dúas opcións de voto, nalgúns casos reproducindo en boa medida as afinidades entre as dúas opcións que concorreron ao Congreso Nacional e noutras, tamén dinámicas territoriais propias.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia retoma o curso escolar tras uns 10.000 casos da COVID entre menores de idade nas últimas dúas semanas
Á espera da súa plasmación nun novo protocolo definitivo, o reinicio do curso vén marcado polos cambios nos limiares para poñer en corentena unha aula e co impacto da COVID atenuado pola vacinación, pero agravado pola tradución da alta incidencia xeral nunhas 350 baixas de profesorado. Os datos xerais do coronavirus en Galicia comezan a reflectir o impacto dos autotest: en apenas catro días as probas realizadas polo Sergas detectaron 11.681 casos aos que se sumaron case 5.000 rexistrados mediante autodiagnóstico
- Crónica Investigación ás caixas
- Política
Novacaixagalicia, caso pechado
Este 2022 é o ano do décimo aniversario da fin definitiva de Novagalicia Banco, a entidade resultante do rescate de Novacaixagalicia nunha operación tras a que foron dados por perdidos 9.000 millóns de euros públicos. Mentres, hai máis dun ano que a comisión que no Parlamento segue tendo encomendado investigar o sucedido non move un só papel
- Documento Pola sanidade pública
- Acontece
O psiquiátrico de Conxo, a ollos do propio Sergas: instalacións deficientes, contención mecánica e doses "elevadas" de fármacos
O Sergas inspeccionou o psiquiátrico de Conxo no verán de 2021, un mes despois da segunda visita sorpresa do Mecanismo de Prevención da Tortura ao centro e cando xa pasaran catro anos dende que este departamento do Defensor del Pueblo sinalara eivas que o Parlamento pediu solucionar en tres ocasións. A inspección seleccionou unha mostra de 39 persoas entre as 198 ingresadas, entre elas "10 dos 17 que foran obxecto de contención mecánica", segundo o "informe auditoría", que consta de 4 páxinas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistrou un de cada cinco casos da COVID do persoal sanitario de todo o Estado na primeira semana de 2022
En termos absolutos, os 805 casos novos da COVID-19 rexistrados entre o persoal sanitario de Galicia na primeira semana do ano son a segunda cifra máis elevada entre as autonomías, só por tras de Navarra. Atendendo aos datos de casos rexistrados e do total de profesionais, a incidencia da COVID-19 entre o persoal sanitario galego duplica a rexistrada no global da poboación