Adif e Transportes foron os departamentos do Estado con máis investimento sen gastar en Galicia durante 2021
Na banda contraria dos ministerios, organismos e empresas estatais que non investiron todo o previsto estivo Adif-Alta Velocidad, que executou investimentos por máis do dobre do orzamentado nese ano para Galicia
O Estado gastou o 67% dos fondos que preveu para investimentos en Galicia durante 2021
Ministerios, entes autónomos e compañías estatais prevían investir 792 millóns de euros en Galicia e executaron 532. As empresas públicas, responsables de grandes obras como as ferroviarias, investiron en Galicia o equivalente a un 63% do que preveran en 2021, a maior porcentaxe en media década e só superaron o 100% de execución e Madrid.
As axendas de Pontón e Formoso para as primeiras xuntanzas oficiais con Rueda a un ano das municipais
Paliar a suba de prezos, 200 millóns para Atención Primaria e xestión pública das novas residencias de maiores son as prioridades da portavoz nacional do BNG para o encontro e o secretario xeral do PSdeG sinala o "colapso sanitario" como tema central que levará á xuntanza. Populares, nacionalistas e socialistas ollan de esguello ás municipais, primeiro reto electoral do novo ciclo político aberto coa marcha definitiva do ex-presidente a Madrid
Organismos da Xunta deixaron sen gastar 14 millóns de fondos COVID transferidos polo Estado en 2021
As consellerías trasladaron ao 2022 un total de 176,3 millóns de euros que deixaron sen comprometer en 2021, un 40% menos que un ano antes. Nas entidades instrumentais do Goberno galego, os fondos non gastados superaron os 270 millóns, máis do duplo que no exercicio previo. Os fondos trasladados, como norma xeral, non se perden. Son reasignados no exercicio seguinte para as mesmas ou outras funcións
Dous decretos permiten a Feijóo seguir saíndo nas fotos oficiais malia non ser presidente
Unha norma estatal de 1983 outorga un lugar preeminente ao líder do primeiro partido da oposición do Congreso nos actos oficiais e un decreto ditado polo Goberno galego en 2007 sitúa os ex-presidentes nestes eventos "no lugar inmediatamente posterior aos titulares dos departamentos da Xunta"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos graves, de máis idade e con outras doenzas: as cifras de ingresos coa COVID xa non significan o mesmo
Sen contexto, as cifras de hospitalización de pacientes co coronavirus poden levar a pensar que a pandemia están un escenario semellante ao de hai un ano, en plena vacinación e con múltiples restricións. Dende os hospitais subliñan que "non ten nada que ver" coas vagas previas. Analizamos os datos e coñecemos o perfil actual das persoas que ingresan "con" e "por" COVID coa axuda da xefa de Medicina Preventiva do CHUAC e da máxima responsable de Microbioloxía do CHUS
A ría volve ser só "de Ribadeo" por irregularidades no ditame que a nomeou tamén como "del Eo"
O Ministerio de Transportes estima parcialmente o recurso de varias administracións e impón a denominación ría de Ribadeo tras advertir da falta de motivación do informe no que o Instituto Xeográfico Nacional baseou a súa resolución e a imposibilidade de coñecer os argumentos e razóns desta.
- Documento
- Política
Volve o 'voto emigrante': papeletas por internet, depuración de censo e medio millón de sufraxios en xogo en Galicia
A reforma que vén de aprobar a comisión Constitucional do Congreso, promovida polo PSOE e UP, naceu coa intención de suprimir o voto rogado, implantado en 2011 para frear a fraude na participación electoral do censo dos chamados residentes ausentes. Establece, ademais dun novo modelo de participación en urna e por correo, que o censo exterior se revise cada cinco anos para suprimir inscricións de persoas falecidas e suprimir erros
Feijóo deixa de ser deputado 17 anos despois para pasar ao Senado co apoio do PPdeG que non tivo Fraga
O ex-presidente racha a súa última ligazón coas institucións galegas tres meses despois do inicio da crise do PP que o levou a Madrid
- Datos
- Acontece
Só un concello da Galicia urbana resiste con máis do 15% da poboación menor de 14 anos
Malia ao retroceso xeral, Ames segue sendo o concello demograficamente máis dinámico do país. Ferrol é o municipio con máis de 20.000 habitantes que ten maior porcentaxe da súa veciñanza de 65 ou máis anos, segundo os datos que vén de actualizar o INE
- 📺 Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo, senador por Galicia "censándose en Madrid"
"Estoume censando no Concello de Almeida", asegurou o ex-presidente da Xunta no congreso do PP de Madrid, onde sinalou que "nos próximos días" a "presidenta do meu partido" será a xefa de filas da formación na comunidade autónoma madrileña. Que pase a estar empadroado en Madrid non impide legalmente que sexa senador por Galicia, pero si implica que perde a "condición política de galego", segundo o Estatuto de Autonomía. BNG e PSdeG amosan a convicción de que o ex-presidente non vai "representar os intereses" de Galicia no Senado e se limitará a tentar confrontar con Pedro Sánchez
A Xunta fixo 10.000 valoracións de discapacidade por teléfono ou outra vía "non presencial" en 2020
Case o 40% das valoracións de grao de discapacidade no primeiro ano afectado pola pandemia foron realizadas sen atención presencial. Anteriormente, o habitual era que fosen apenas o 1%. Política Social admite os datos nunha resposta parlamentaria ao PSdeG, que ve "un erro" facer esta avaliación sen tratar en persoa cada caso e insta a revisar de oficio todos os expedientes afectados