- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID vira en ruído de fondo dous anos despois do primeiro caso detectado en Galicia
A ampla cobertura da vacinación e as características da variante que predomina propicia que as autoridades sanitarias sigan adiante co levantamento das restricións que quedan. O pico de novas hospitalizacións na vaga deste inverno quedou arredor da metade das cifras de hai un ano
As semanas finais de Feijóo na Xunta comezan cunha xira por todas as autonomías como candidato a liderar o PP
O aínda presidente di que podería compatibilizar o liderado do seu partido co da Xunta durante "semanas ou meses" pero apunta a maio para a súa marcha definitiva. Será presidente estatal do PP o 2 de abril e, de aí en diante, cando presente a dimisión no Goberno galego activarase o proceso parlamentario para substituílo, que non pode durar máis dun mes
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
A fin da era Feijóo abre a BNG e PSdeG unha "fiestra de oportunidade" con vistas á Xunta
Dirixentes nacionalistas e socialistas consultados por Praza.gal ven claro que non todos os votantes que elixiron a Feijóo optarían mecanicamente por calquera outro candidato do PP. Aspiran a ir alén dos "vasos comunicantes" entre o electorado da esquerda, ao que queren facer ver a existencia dunha alternativa de goberno e de presidencia que tamén dependerán, analizan, da capacidade do PP para construír e blindar o liderado de quen remude ao actual presidente
- Con datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas ratifica a supresión de corentenas e rastrexo para contactos COVID agás en "ámbitos vulnerables"
Sanidade deixará de pedir unha listaxe de contactos ás persoas que dean positivo agás as ligadas a centros sanitarios, residencias da terceira idade ou discapacidade ou axuda no fogar. "Imos ir ao autocoidado", resume en vésperas da aprobación do novo sistema de vixilancia da COVID para todo o Estado, mentres constata que "a volta á normalidade comeza a ser unha realidade"
Feijóo emprende o camiño de ser o primeiro presidente que renuncie ao cargo en toda a historia da Xunta
O xa candidato a remudar a Casado evita aclarar cando renunciará á presidencia. Cando o faga, activarase un mecanismo inédito na historia da autonomía. Albor tivo que abandonar a presidencia por unha moción de censura; Laxe, Fraga e Touriño, por senllas derrotas electorais
- 📺 Con vídeo Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo di agora que si a presidir o PP estatal "porque a Galicia non lle é indiferente España" e hipoteca a estabilidade da Xunta
Tras argumentar en 2018 que non aspiraría a suceder a Rajoy porque deixaría a Galicia tirada en metade dunha lexislatura, nunha situación similar agora o popular considera máis importante non acomodarse polo ben do Estado. O aínda presidente evita dar pistas sobre os seguintes prazos para a súa marcha do Goberno galego mentres comeza a cargar contra Pedro Sánchez, a quen di querer "gañar", e contra o seu Goberno "multipartito" de "socialistas, comunistas e nacionalistas"
- Crónica
- Política
Pontón marca perfil institucional co lehendakari mentres Feijóo ratifica se quere suceder a Casado
A portavoz nacional do BNG sinala Euskadi como "exemplo de que o autogoberno é fundamental para avanzar" no inicio dunha viaxe cuxa segunda xornada estará centrada na I+D+i, cunha visita á entidade na que o Goberno vasco concentra a política de impulso da ciencia
Ence volve ignorar o plan apadriñado pola Xunta para mantela na ría se o Supremo non lle dá a razón
A compañía reitera que tería que pechar en Lourizán entre 2023 e 2024 se o Supremo non avala a súa prórroga, sen sequera mencionar a adscrición ao porto de Marín que vén defendendo a Xunta
O PP galego atribúe a invasión da Ucraína á Unión Soviética 31 anos despois da súa fin
Paula Prado advirte de que "a verdade é que os comunistas están invadindo un pobo soberano e libre" e acusa da guerra o "réxime comunista soviético de Putin".
Xustificar se Ence ten que estar en terreo público á beira da ría, clave na resolución do recurso que o Supremo xa tramita
O Goberno de Rajoy concedeu a prórroga á pasteira para permanecer na ría ata 2073 sen xustificar por que debe ocupar terreos públicos. Na anulación, a Audiencia Nacional sentenciou que non é preciso que as plantas de celulosa "teñan que situarse no dominio público marítimo terrestre", senón que poden estar "nas proximidades, pero fóra" dese espazo público
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo, rumbo a Madrid trece entroidos despois de bater o Goberno de PSdeG e BNG por un escano
A convocatoria do congreso que prevé aclamalo como líder do PP cadra co décimo terceiro aniversario das eleccións que lle permitiron chegar á presidencia da Xunta por primeira vez. O resultado daqueles comicios contribuíu a deixar en segundo plano as maneiras dos populares na campaña, na que fiaran o éxito ao descrédito de PSdeG e BNG entre acusacións de persecución do castelán ou tendencia ao luxo reforzadas por outras mensaxes 'extraoficiais' máis agresivas
Casado deixará paso a Feijóo tras un mes de transición
Pablo Casado marchará e deixará vía libre ao presidente da Xunta e do PP en Galicia, pero formalmente seguirá sendo líder do partido ata o congreso extraordinario dos vindeiros 2 e 3 de abril. Tras o encontro co presidente saínte e os líderes territoriais, que rematou de madrugada, o titular da Xunta evitou confirmar a súa candidatura "ata que non se convoque" o congreso, avanzando o que pode ser o guión das vindeiras semanas