Formoso e Caballero acordan a transición no PSdeG ata o congreso nacional de decembro
No marco do seu primeiro encontro tras as primarias, Formoso considerou "correcto" que Caballero continúe como voceiro parlamentario do PSdeG ata o Congreso Nacional que o partido celebra en decembro, onde o novo secretario xeral configurará o seu equipo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os prognósticos de focos locais da COVID nun panorama xeral de estabilidade comezan a cumprirse en Galicia
Os incrementos de casos novos rexistrados nos últimos días concéntranse en focos locais e os concellos con dez ou máis casos novos nos últimos 7 días son apenas media ducia mentres as persoas ingresadas con test positivo da COVID seguen roldando a trintena. O peso da incidencia acumulada segue sendo cada vez máis relativo ao estar vacinado practicamente o 85% da poboación
Pacto no Parlamento para homenaxear a Bóveda e outras vítimas da ditadura, pero non para oficializar o Día da Galiza Mártir
O PP accedeu a que o Parlamento, como propuña o BNG, homenaxee as vítimas da ditadura en xeral e a Bóveda en particular, pero rexeita institucionalizar o Día da Galiza Mártir malia ser unha data que xa conmemoran algunhas institucións gobernadas polos populares
A tese política da asemblea do BNG bosquexa o plan co que procurará "prepararse para gobernar"
A tese política que o Bloque abordará na súa asemblea nacional sinala que, tras "moitos anos de oposición" coa "imprescindíbel denuncia e a resistencia ás agresións que sofre Galiza" como "eixo central", o "novo escenario" como "alternativa ao goberno do PP" demanda "respostas novas". En clave organizativa, os textos incorporan un protocolo para abordar posibles casos de violencias machistas no seo da formación e mais a supresión do artigo que fixaba un límite de "tres mandatos consecutivos na mesma función" tanto orgánica como institucional
O presidente de Abanca entra na lista Forbes dos máis ricos de España cunha fortuna de 2.700 millóns
O banqueiro hispano-venezolano desembarcou en Galicia a través do Banesco; primeiro coa compra do Etcheverría e despois ao gañar a poxa por Novagalicia Banco, entidade resultante do rescate público de Novacaixagalicia. Os beneficios e expansión de Abanca cadran no tempo coas protestas pola redución de servizos da entidade nalgúns lugares e tamén co incremento da influencia de Escotet na economía e na actividade sociopolítica e empresarial de Galicia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia comeza novembro con mínimas oscilacións na incidencia da COVID malia á fin do groso das restricións
Malia á celebración de múltiples actos masivos e ao levantamento de limitacións, só cinco concellos rexistraron dez ou máis casos novos da COVID nos últimos sete días. Tras lixeiros ascensos, a incidencia a 14 días rolda os 19 casos novos por cada cen mil habitantes e as persoas ingresadas con test positivo da COVID roldan a trintena
- Interactivo
- Acontece
Galicia afronta o reto da nova mobilidade con máis coches ca nunca
Os 1,56 millóns de turismos que estaban inscritos en Galicia en 2019 eran un 40% máis que vinte anos antes, pero tamén un 7% máis que no anterior máximo, antes da crise financeira internacional de 2008. Os concellos con máis vehículos por habitante concéntranse sobre todo no interior e neles conflúen outras variables como o avellentamento da poboación ou a maior dificultade para o acceso ao transporte público
Pontón recuncará á fronte do BNG e fixa o reto de "disputar a hexemonía ao PP" para lograr gobernar
A portavoz nacional do Bloque sinala que a súa "reflexión" respondeu a que cómpre "fuxir dos camiños trillados, aínda que sexa a opción máis cómoda" para chegar a 2024 en condicións de "conseguir a presidencia da Xunta"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID 'toca fondo' en Galicia, que afronta a segunda metade do outono co 85% da poboación vacinada
Só cinco concellos galegos rexistraron 10 ou máis casos da COVID en sete días; nas últimas dúas semanas foron apenas nove. Malia o levantamento do groso das restricións, as taxas de incidencia acumulada a 7 e 14 días seguen sendo as máis baixas e estables dende que hai datos comparables alén de alteracións puntuais e as persoas hospitalizadas con test positivo do virus roldan a vintena
Turismo volve ter máis fondos que Cultura nos Orzamentos da Xunta para 2022 tras superala por primeira vez en 2021
Impulsado polas medidas ligadas ao Xacobeo e á pandemia, o orzamento de Turismo sobe un 10% en 2022 fronte ao 5% que ascenderá Cultura, consolidando a primacía das partidas da área turística sobre as da cultural. Boa parte do incremento do orzamento turístico son fondos para o Xacobeo, a promoción turística a través dos concellos e achegas a empresas do sector dentro do "plan de choque" pola COVID
Twitter conclúe que o PP é o máis beneficiado polo seu algoritmo entre os principais partidos españois
O estudo divulgado pola propia rede social admite que, na maioría dos Estados analizados, as mensaxes de opcións políticas de dereita son máis "amplificadas". Cando a páxina de inicio de Twitter está rexida polo algoritmo, os tweets do PP son amosados "a unha audiencia tres veces maior que a que acadan nas liñas de tempo cronolóxicas"
- Crónica 40 anos do Estatuto
- Política
Aniversario ás agachadas polos 40 anos das primeiras eleccións galegas (sen politizar)
A maioría das conmemoracións polo 40º aniversario do Estatuto e das primeiras eleccións consisten en sinxelos actos institucionais con xuristas ou algúns cargos da época, a maioría en horario de mañá, entre semana e en recintos pechados ao público xeral. Está a haber escasísimo oco para analizar os conflitos políticos e sociais da época e aínda menos para popularizar a conmemoración entre a sociedade