- Datos
- Acontece
Sofía e Mateo son cada vez menos: os datos de 2020 e o avance de 2021 apuntan a outro mínimo de nacementos en Galicia
Hai apenas dúas décadas, os nomes máis frecuentes dos bebés que nacían en Galicia repetíanse máis de 400 veces nun ano. Agora abondan apenas 200 para ser o nome máis elixido. Tras un 2020 con mínimo histórico de nacementos, os 3.380 rexistraros polo IGE entre xaneiro e marzo deste ano, o primeiro influído dende o inicio pola pandemia, sinalan unha aceleración da tendencia á baixa
O BNG denuncia que a Xunta tivo sen escolarizar durante un mes a cinco residentes nun centro de menores e Educación négao
Olalla Rodil (BNG) afirma que "cinco rapaces deste centro estiveron durante un mes sen escolarizar por falta de profesorado" e reclama unha investigación ao respecto. Política Social remítese a Educación, que asegura ter "garantido en todo momento o plantel de profesorado necesario para atender as necesidades educativas do centro"
Un gromo en Carral eleva a 15 os focos do coronavirus detectados en granxas de visóns en Galicia
Máis de 50 positivos foron rexistrados en diferentes instalacións desde que comezara a pandemia no país, que conta con 25 das 37 granxas de todo o Estado.
Semana definitiva na pugna polo liderado do PSdeG
Gonzalo Caballero pide o apoio para ser reelixido na secretaría xeral e "avanzar pola esquerda e da man das bases" no canto de "retroceder cara a outros modelos". Formoso defende que "os socialistas do século XXI non falamos de baronías" e asocia a Caballero cun "conformismo" que "pode levarnos á irrelevancia"
O Estado pide a Feijóo "terreos viables" para trasladar Ence tras anular a Xustiza o seu permiso de ocupación da ría
Feijóo indicou que entregou á ministra Ribera un informe sobre a eventual adscrición dos actuais terreos de Ence ao porto de Marín, posibilidade que o propio Ministerio xa desbotou e que a papeleira nin menciona na información aos accionistas sobre os seus plans de futuro
O orzamento do Sergas para Atención Primaria deixa de subir na 'era Feijóo' sen chegar a superar o da coalición PSdeG-BNG
O plan que financia equipamento, mobiliario e reformas en centros de saúde pasa de 27,4 millóns en 2021 a 7,6 millóns en 2022 e é clave na diminución global do orzamento de atención primaria; a Xunta incrementárao nos últimos anos tras case eliminalo na década pasada. Mentres, as subas dos fondos para construcións, ampliacións e equipamentos de hospitais, con fortes inxeccións da UE, manteñen a partida de atención hospitalaria no seu nivel máis alto
A Xunta levanta ano e medio despois as restricións de saídas e visitas nas residencias de maiores e amplía horarios da hostalería
Restaurantes e bares poderán abrir nas fins de semana ata as 1.30 horas. Os pubs ata as 4.30 e discotecas ata as 5 e ambos poderán empregar xa o 100% da súa capacidade, pero con certificado COVID
- Interactivo Orzamentos 2022
- Política
Vivenda e enerxía encabezan as subas no orzamento da Xunta para 2022 polo impulso dos fondos estatais e da UE
Como cada ano, sanidade é a partida máis cuantiosa do orzamento e o seu incremento interanual é de apenas un 0,03%. Tras ela vólvese situar educación, cun 2,4% máis. A continuación segue o pago da débeda malia caer un 20%. As principais caídas porcentuais rexístranse na partida que inclúe o fondo para imprevistos, nos fondos de desenvolvemento empresarial xestionados polo Igape e na área de normalización lingüística
O tratamento contra o cancro anunciado por Feijóo no debate de política xeral é unha doazón da Fundación Ortega ao Estado
Un dos dez equipos de protonterapia que a Fundación Amancio Ortega financia ao Ministerio de Sanidade será instalado en Galicia, segundo anunciou Pedro Sánchez no acto público en que asinou o convenio coa entidade, onde estivo presente o conselleiro de Sanidade. Esta terapia "é unha alternativa eficaz para tumores nos que a radioterapia convencional non resulta efectiva e a cirurxía non é unha opción"
A Audiencia Nacional ratifica noutra sentenza a anulación da prórroga de Rajoy a Ence á espera do ditame definitivo do Supremo
Como xa fixera ao atender os recursos do Concello de Pontevedra e de Greenpeace, o tribunal acepta o formulado pola APDR ao considerar que na prórroga do Goberno de Rajoy a Ence non quedou "acreditado" que a factoría teña que operar nos terreos públicos da ría e non noutro lugar
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID na infancia segue á baixa tras máis dun mes de curso escolar
No conxunto de Galicia, a incidencia da COVID a 14 días segue baixando, agora xa moi levemente, e rolda os 14 casos novos por cada cen mil habitantes. Case o 85% do total da poboación de Galicia recibiu a pauta completa da vacina e só dous grupos de idade dos incluídos no grupo 'diana' están por baixo do 90%
A Xunta aproba un orzamento de 11.627 millóns para 2022, un 0,56% máis que o deste ano
O Goberno galego estima un crecemento do PIB do 6%, igual que este ano, e unha baixada do paro do 12,2% ao 11,7%. O investimento caerá en 92 millóns, un 6%, ao pasar de 1.534 a 1.441 millóns. A Xunta argumenta que sobe porque o compara coas contas de 2021 restándolles a achega extraordinaria do Estado pola COVID