- Calendario Feijóo en Madrid
- Política
O Parlamento xa tramita a investidura de Rueda, que prevé tomar posesión como presidente o 14 de maio
O presidente do Parlamento ratifica a previsión de que o debate de investidura se celebre os días 10 e 12 de maio, culminando o trámite para a remuda na presidencia que principia este luns, día 2, coa rolda de consultas aos grupos
Dimite Alberto Núñez Feijóo, quinto presidente da Xunta de Galicia
Despois de ocupar o cargo 13 anos e 11 días, o líder do PP fai oficial ante o presidente do Parlamento a maior crise de goberno na Xunta desde 1987, que derivará na elección dun novo Executivo. Entrou na Xunta como funcionario en 1985 e chegou ao primeiro posto político en 1991. Deixou Galicia para ser alto cargo nos gobernos de Aznar e regresou tras a defenestración de Cuíña, operación tras a que acabou remudando a Fraga
Tras entregar a carta de dimisión, preside unha reunión do Consello en funcións e escenifica a súa marcha cunha declaración sen preguntas no Pazo de Raxoi. Agora xa só depende dos prazos legais que a Cámara elixa en cuestión de días o seu sucesor, Alfonso Rueda
A Xunta suma consultas sobre desafiuzamentos ao seu teléfono 'antiocupacións' tras recibir só 30 chamadas nun ano
Vivenda asina un novo convenio co Consello da Avogacía no que fusiona o seu teléfono 'antiocupacións' co servizo de consultas sobre desafiuzamentos que deixara de financiar en 2018. Os desaloxos multiplican por vinte os novos casos de ocupacións en Galicia, segundo o poder xudicial. Está financiado con 50.000 euros, 39.000 para o servizo de consultas e os restantes 11.000 para "infraestrutura, formación, guías e difusión"
O Goberno de España logra manter o decreto contra a crise de prezos con votos do BNG e Bildu e malia ao "non" do PP
A irrupción o escándalo pola espionaxe mediante o sistema Pegasus tensou a votación do decreto que inclúe medidas como a rebaixa de 20 céntimos nos combustibles, que finalmente supera o transcendental exame parlamentario por maioría absoluta. Pontón e Rego, que sinalan que o Bloque optou pola "responsabilidade" detallan que a negociación co PSOE propicia ademais que, a cambio do seu "si", acceda a manter o trámite de exposición pública en parques eólicos e a "reactivar a axenda galega" que pactaran para a investidura de Pedro Sánchez
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Derradeiro pleno para o presidente Feijóo mentres o PP sitúa Galicia na "normalidade extraordinaria"
Con Alfonso Rueda xa encamiñado cara á remuda no PPdeG, a dimisión do presidente da Xunta non pasará desta semana. Feijóo di prever comunicar a data exacta da marcha no Parlamento, onde este mércores protagonizará a súa derradeira sesión de control. O sucesor, pola súa banda, di aspirar a unha "transición tranquila e exemplar" no partido e a unha maioría absoluta en 2024
O rei exclúe da información sobre o seu patrimonio ao BNG e outras forzas soberanistas do Congreso
Antes de publicar o comunicado que cifra en 2,57 millóns o patrimonio persoal do monarca, a Casa Real adiantou a información a parte das formacións políticas con representación no Congreso. A publicación do patrimonio do rei, que non especifica os fondos ou entidades onde admite que inviste, produciuse na véspera da aprobación en Consello de Ministros dun decreto para reforzar a "transparencia" da institución, cos escándalos do rei emérito como pano de fondo
A administración paralela na Xunta de Feijóo: máis fondos públicos ca nunca tras un aforro "histórico" que virou "residual"
O Goberno de Feijóo trasladou a entes instrumentais "importantes áreas de gasto" que antes eran xestionadas na Administración xeral da Xunta, segundo constatou o Consello de Contas, que concluíra que o aforro pola supresión de entes paralelos realmente fora "menor". O Executivo solicitara expresamente borrar esa conclusión e, en troques, reflectir o seu "gran esforzo" ao respecto
Feijóo xa é o primeiro presidente da historia da Xunta en deixar o cargo sen sumar competencias
O PP descualificara o Goberno de PSdeG e BNG como "sometido a Madrid" por lograr só 12 transferencias, que o futuro presidente Rueda considerara "traspasiños menores". Nos anos en que coincidiu no poder con Zapatero e Sánchez, Feijóo atribuíu o bloqueo dos traspasos a razóns partidarias. Nalgunha ocasión, tamén culpou o independentismo catalán
- Datos Coronavirus
- Acontece
A ocupación das UCI galegas por pacientes co coronavirus rolda o 2% e non supera o 5% dende mediados de febreiro
A porcentaxe de ocupación de camas de hospitalización convencional con pacientes COVID (8%) supera por primeira vez á das UCI dende que hai datos comparables. Con arredor de 600 persoas ingresadas con test positivo, o groso do incremento da hospitalización nas últimas semanas concentrouse nas camas convencionais, con apenas 15 persoas na UCI
O desconto estatal mantén os combustibles en niveis previos á guerra mentres as petroleiras retoman as alzas de prezos
O litro de gasolina sitúase na actualidade en Galicia nunha media un chisco superior aos 1,60 euros, incluíndo o desconto. Son uns 30 céntimos máis que antes da pandemia
- Guía Coronavirus
- Acontece
Adeus á máscara obrigatoria en interiores agás en centros sanitarios, residencias e transporte público
O BOE publica este mércores a modificación legal que converte en excepcional a obrigatoriedade de portar máscara baixo teito. O Estado mantén un amplo catálogo de usos recomendados para persoas "vulnerables" ou aglomeracións, aos que a Xunta agrega os centros de ensino, se ben admite que de agora en diante será unha acción "voluntaria". No eido laboral, o mantemento da máscara queda nas mans de cada empresa
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
8F do 2009: a outra foto 'ultra' que Feijóo esquivou (pero Rueda, non)
A ausencia de Feijóo na constitución do primeiro bipartito do PP con Vox fai ecoar o acontecido na manifestación contra unha suposta "imposición do galego" en vésperas das eleccións de 2009, cando ao daquela candidato lle cadrara participar en mitins en Bos Aires e a comitiva dos populares fora encabezada por Alfonso Rueda