Feijóo carga dende os congresos provinciais do PP contra BNG e PSdeG por celebraren procesos internos
Nas clausuras dos conclaves do PP de Lugo e Pontevedra, o presidente da Xunta e dos populares en Galicia defendeu que os seus congresos non son equiparables aos do resto de forzas, porque "son útiles e se centran nas ideas", mentres que BNG e PSdeG se reúnen para "despedazarse e poñerse zancadillas"
Sanidade esgrime os datos dun día para afirmar que a consulta telefónica é a "preferencia" de quen pide cita "por vía telemática"
A Xunta conclúe que "a modalidade de atención telefónica segue a ser a preferencia" de quen pide cita médica por internet ou teléfono porque no primeiro día co servizo reactivado, o 47% "escolleron a atención presencial" e o total de citas concertadas por esta vía "se incrementou moi pouco" a respecto do día anterior
- Datos Coronavirus
- Acontece
Apenas medio cento de concellos teñen máis de 10 casos COVID en dúas semanas mentres Galicia encara a fin da vacinación
En máis de 180 concellos non houbo casos novos do coronavirus na última semana. A vacinación con pauta completa achégase ao 82% da poboación de Galicia e só media ducia de municipios, todos eles con escasa poboación, non superan aínda o 80% de cobertura con pauta completa. As 116 persoas ingresadas con test positivo da COVID son 36 menos que hai unha semana
DomusVi destitúe a Josefina Fernández como conselleira delegada tras ano e medio cuestionada pola xestión da COVID
Tras dúas décadas como conselleira delegada e despois dun convulso ano e medio marcado pola xestión da COVID, no que varios centros DomusVi acumularon grandes cifras de mortes, Fernández pasa a ser "presidenta institucional" con funcións representativas. O seu posto ocuparao un enxeñeiro procedente de Prosegur que atopa sobre a mesa asuntos como a xestión da información ligada á pandemia: DomusVi recorreu á Xustiza para evitar que a Xunta divulgue as cifras de mortes co coronavirus en cada residencia
O Concello de Lugo acode á Fiscalía por posibles filtracións nas oposicións da Policía Local
A maxistrada que presidía o tribunal das oposicións detectou "coincidencias patentes" entre as respostas dos catro axentes que obtiveran as mellores notas do exame do suposto práctico e destas co cadro de solucións correctas do exercicio. "A Alcaldía, como non pode ser doutro xeito, deu traslado á Fiscalía por se procede abrir dilixencias coa fin de pescudar se os feitos poden ser constitutivos dalgún ilícito penal", sinala o goberno local
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta levanta as limitacións pola COVID ao dereito de reunión entre non conviventes
A nova relaxación nas restricións chega mentres a incidencia acumulada do coronavirus a 14 días baixa de 100 casos novos por cada cen mil habitantes por primeira vez en dous meses e medio e as 134 persoas ingresadas con test positivo son 35 menos que hai unha semana. Todo, cando o país xa superou o 80% de poboación con pauta completa da vacina
Feijóo dá de baixa como deputados do PP a todos os membros do Goberno agás aos vicepresidentes Rueda e Conde
Rueda e Conde quedan como únicos membros do Consello da Xunta que, de agora en diante, poderían suceder ao presidente ata o remate da lexislatura. Tamén o podería facer calquera outro dos restantes 39 integrantes do grupo do PP na Cámara. Pouco antes de anunciar este movemento interno, Feijóo apelou a Pontón a "reflexionar máis sobre Galicia e menos sobre a UPG"
O Supremo avala á Xunta para esixir o certificado COVID na hostalería, pubs e discotecas
Ao contrario que o TSXG, considera que amosar o certificado de vacinación, de test negativo ou de ter a enfermidade superada é unha medida "axeitada", "acorde coas esixencias" de "protección da saúde" e sen impacto excesivo en dereitos como a intimidade ou a igualdade. A sentenza chega na véspera da implantación do novo protocolo da Xunta para a hostalería que, cando menos de momento, segue adiante segundo o previsto
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia cruza o limiar do 80% de poboación coa vacina completa contra a COVID
As cifras de casos novos do coronavirus detectados polo Sergas son as máis baixas dende finais de xuño; a incidencia acumulada a 14 días está a piques de baixar dos 100 casos por cada cen mil habitantes e a 7 días xa está por baixo de 40
Ence, cun pé fóra da ría de Pontevedra vinte anos despois da súa privatización
A sentenza que anulou a prórroga concedida polo Goberno de Rajoy a Ence para seguir na ría ata 2073 chegou no vixésimo aniversario da súa privatización polo gabinete de Aznar, tras a que a papeleira tivo como primeiro presidente a José Luis Méndez, na altura director xeral de Caixa Galicia. Neste tempo, pola dirección de Ence pasaron ex-cargos de gobernos do PP, o que outras forzas políticas sinalan como mostra de conivencia dos populares coa pasteira
- Datos Coronavirus
- Acontece
A vaga estival da COVID queda atrás na semana en que Galicia superará o 80% de poboación con vacina completa
O Sergas notifica menos de cen casos novos en vinte e catro horas por primeira vez dende xuño e as 158 persoas ingresadas con test positivo da COVID ás seis da tarde do domingo eran 43 menos que unha semana antes. Só quedan tres concellos cunha cobertura da vacina con pauta completa inferior ao 70% e nun cento xa supera o 90%
- Crónica
- Política
Todos os arquivos de Orozco
Seis anos despois de verse empurrado a abandonar a alcaldía de Lugo, Orozco está a piques de librarse da última da decena de imputacións xudiciais ás que se tivo que enfrontar, a maioría emanadas do xulgado que dirixía Pilar de Lara e arquivadas tras anos de espera. "O dano que me fixo é irreparable", "puxo en dúbida a miña honorabilidade", reflexiona o veterano socialista, quen coida que "aqueles que fixeron de xuíces en maio de 2015 no Concello de Lugo sentiranse avergoñados. Algúns xa me pediron desculpas", relata