- Datos Coronavirus
- Acontece
A media diaria de casos COVID diagnosticados polo Sergas baixa de 200 por primeira vez en máis de dous meses
As 152 persoas ingresadas con test positivo da COVID son case medio cento menos que hai unha semana. Todos os grupos de idade agás o de 12 a 19 anos están por riba do 75% de vacinación con pauta completa
A Xunta confirma que Abanca gañou a súa subvención para instalar caixeiros onde xa non hai sucursais
A Consellería de Facenda corrobora o que a entidade xa comunicara ao seu persoal hai máis dun mes. O banco 'herdeiro' das antigas caixas faise coa axuda de ata 2,8 millóns para os próximos catro anos.
Feijóo remite a Abanca para explicar por que afirma que gañou a subvención da Xunta á instalación de caixeiros se non é oficial
"Se só hai unha entidade financeira que quere instalar un caixeiro nun concello, igual conclúe que o vai instalar o único solicitante, non debería estrañar a ninguén", conclúe o presidente. En realidade, a subvención da Xunta terá un único beneficiario para toda Galicia e non un por cada municipio onde se vaia ofrecer o servizo
- Datos Coronavirus
- Acontece
O ritmo de baixada da incidencia máis inmediata da COVID en Galicia é o maior no que vai de ano
Coas vacinas como pano de fondo, a hospitalización gaña peso como criterio para establecer restricións en lugar da incidencia. As 160 persoas ingresadas con test positivo da COVID son 46 menos que hai unha semana. A vacinación avanza nas últimas semanas entre os grupos máis mozos, os máis afectados pola quinta vaga por seren os últimos en acceder a ela. Na poboación de 20 a 29, a pauta completa xa supera o 75%
Ningún bar terá menos do 50% de capacidade pola COVID e a Xunta aínda non fixa a fin do límite ás reunións de non conviventes
O sábado, día 11, o Sergas abre os centros de vacinación da COVID para que calquera maior de 12 anos que aínda non teña a primeira dose poida recibila sen necesidade de cita previa. O novo protocolo da hostalería estará en vigor dende o 15 de setembro. Para acceder á máxima capacidade, os locais terán que cumprir requisitos como dotar o persoal de máscaras FFP2 ou manter un rexistro de clientela
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta comunica a bares e restaurantes que non terán que volver pechar o interior dos locais pola COVID
O novo protocolo para a hostalería preverá que cada local elixa un dos dous niveis de medidas definidos pola Xunta, "con independencia da situación epidemiolóxica de cada lugar". O Sergas comunica a cifra de casos novos máis baixa en máis de dous meses e as 191 persoas ingresadas coa COVID son o menor número dende principios de xullo
Baltar reconstitúe o bipartito co partido de Jácome na Deputación de Ourense
O retorno de DO ao goberno de Baltar a través do deputado Armando Ojea prodúcese escasos días despois da dimisión de Jesús Vázquez, principal dirixente do PP local crítico coa reconstitución do bipartito con Jácome no Concello. Ojea comezara o mandato como vicepresidente do barón popular, que o destituíu alegando "perda de confianza" no marco da ruptura do PP con DO no Concello
A Xunta reduciu este ano un 90% o importe da sanción por baleirar encoros que agora propón para Naturgy e Iberdrola
O Goberno galego basea as sancións nun regulamento de 1997 derrogado parcialmente dende este 2021 pola nova lei de pesca continental. Naquela norma, a infracción da que acusa ás dúas empresas estaba cualificada como moi grave e multada con entre 30.000 e 300.000 euros. Agora, a sanción máxima son 25.000
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia roza o 80% da poboación con vacina completa contra a COVID
A incidencia acumulada do coronavirus descende en todas as áreas sanitarias e tamén en todos os grupos de idade. Faino con especial intensidade entre a poboación máis moza, a que segue marcando incidencias máis altas por ser a última incorporada á vacinación masiva. As 201 persoas coa COVID ingresadas nos hospitais galegos o domingo eran 54 menos que unha semana antes
A aguilloada de Ana Pontón
Tras lograr en 2020 lograr a representación parlamentaria máis ampla da historia do BNG, Pontón fixou o reto de pelexar pola presidencia en 2024. Esa formulación contribuíu a que causase máis sorpresa o anuncio de "reflexión" sobre o seu papel futuro, en vésperas da Asemblea Nacional. A súa contorna afástao de calquera escenario de crise e voces internas encádrano entre a reivindicación do equipo que se puxo á fronte da formación tras a súa peor crise e a aposta por orientar a estrutura e estratexia política do Bloque cara á consecución do Goberno
O ex-conselleiro Jesús Vázquez dimite como edil en Ourense e senador tras o retorno do PP ao bipartito con Jácome
O ex-alcalde confirmou a súa marcha da política activa no pleno municipal de Ourense, onde rompeu a disciplina de voto cos socios do bipartito presidido por Jácome, a cuxa reconstitución se opuxo abertamente. Vázquez saltou ao primeiro plano da política galega en 2009 como primeiro conselleiro de Educación de Feijóo. Foi o responsable de aplicar controvertidas medidas como o 'decreto do plurilingüismo', os recortes no ensino ou despregar a 'Lei Wert'
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia principia setembro con tres cuartos da poboación vacinada e a incidencia da COVID baixa ao maior ritmo en seis meses
O Sergas notifica 235 casos novos rexistrados en 24 horas, a cifra máis baixa en dous meses. Tras unha quinta vaga na a vacinación minorou con claridade o impacto hospitalario da COVID, as cifras de ingresos xa descenden con claridade e agora roldan as 200 persoas