A nova norma estatal de universidades endurece os requisitos para a privada de Abanca, que afirma que se adaptará
O decreto estatal supón que a nova entidade teá que ampliar a súa oferta de ensinanzas, algo que Afundación di estar xa preparando e para o que a normativa concede cinco anos de marxe.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O impacto das vacinas da COVID: unha quinta parte de hospitalizacións e 17 veces menos mortes coa mesma incidencia
A última vez que Galicia rexistrou incidencias da COVID semellantes ás actuais, en febreiro, as persoas hospitalizadas co virus eran máis de 1.450; agora son algo menos de 270. Daquela, o Sergas notificaba unha media diaria dunhas 25 mortes de persoas co virus. Agora son 1,4
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta estende a 60 concellos a obriga de test negativo da COVID ou vacina para entrar en bares, entre eles as sete cidades
As farmacias poderán certificar o resultado negativo dos test COVID que venden e ese xustificante será válido para acceder á hostalería nos concellos onde a Xunta impón ese requisito. O Sergas segue detectando máis de mil casos novos diarios, pero en dúas áreas sanitarias a incidencia acumulada entra en zona de descenso e nas outras cinco, o crecemento frea dende hai días
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia está a piques de completar o 70% da vacinación contra a COVID e o Sergas segue detectando máis de mil casos diarios
Sanidade notificou este martes 1.300 casos novos e, nos últimos sete días, diagnosticou unha cifra media semellante de infeccións activas cada xornada. O ritmo de crecemento da incidencia segue freando e tamén tende a estabilizarse o incremento da hospitalización, que segue á alza pero moi por baixo de anteriores vagas
- Crónica Día Nacional 2021
- Política
Día estatal en Galicia
O retorno da Xunta ao 25 de xullo nove anos despois quedou, en boa medida, nun segundo plano nunha xornada protagonizada por un amplo despregamento das principais institucións do Estado en actos que reflectiron parte dos tirapuxas e equilibrios da política española
- Datos Coronavirus
- Acontece
O descenso da incidencia da COVID consolídase en Ourense e o ritmo de incremento xa frea en todas as demais áreas
O Sergas notifica este luns 1.115 casos novos e diagnosticou unha media diaria dunhas 1.277 infeccións activas na última semana. Entre as seis áreas nas que a incidencia a 7 días aínda non diminúe a máis próxima a entrar en terreo de descenso é a de Pontevedra-O Salnés. Ás seis da tarde do domingo había 258 persoas ingresadas con test positivo, 118 máis que hai unha semana
Un acto da Xunta no Día Nacional de Galicia, nove anos despois e co rei
Tras a suspensión da entrega das Medallas en 2013 polo accidente de Angrois, o Goberno galego alegou a lembranza do sinistro para trasladar ao día 24 o acto que viña facendo as veces de celebración dun día ao que o actual Executivo retira o cualificativo oficial de "Nacional"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A mellora relativa na área de Ourense permite que a suba da incidencia da COVID en Galicia siga freando aos poucos
O Sergas notifica máis de 1.500 casos rexistrados nun día e volve evidenciar que a maior parte son das persoas menos protexida ata agora pola vacinación. O Grove, Sanxenxo ou Cambados son os concellos coas incidencias máis altas a 14 días. Tamén a cidade de Ourense onde, non obstante, o freo no incremento é claro. O incremento da carga asistencial segue concentrándose na Atención Primaria e no rastrexo.
A Xunta legaliza a súa nova imaxe ano e medio despois de comezar a substituír a adoptada por Fraga tras o Prestige
O Goberno galego aproba por decreto a súa nova imaxe corporativa co correspondente manual de identidade, deixando atrás de vez o logotipo e demais elementos gráficos implantados en 2003 e retocados levemente en 2005 e 2009. Atendendo ao novo manual, a imaxe corporativa do Sergas dilúese na xeral da Xunta por primeira vez dende a súa creación
A Xunta abre a autocita de vacina para 16-19 anos con 17.000 doses de persoas de máis idade que calcula que non acudirán
“Fixemos unha composición sobre que vacinas quedarían libres” en función de “como evoluciona” a campaña activa aos grupos de idade superior e “as persoas que non acoden”, di Feijóo
- Datos Coronavirus
- Acontece
A suba da incidencia da COVID acouga aos poucos en Galicia e a vacinación achégase aos grupos máis desprotexidos
Nos últimos sete días con datos completos, o Sergas notificou unha media diaria de 1.153 infeccións activas cos casos novos concentrados nos grupos aínda fóra da vacinación masiva. Alén dos reproches contra o Estado, a Xunta avanzou que se dispón a inxectar as primeiras doses de vacina a menores de 30. A situación asistencial continúa contida nos hospitais, pero con forte presión no resto do sistema sanitario
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta volve limitar encontros de non conviventes e pide test negativo ou vacina na hostalería de concellos con máis restricións
O Goberno galego restrinxe os encontros de non conviventes a 10 persoas ao aire libre, 6 no interior ou dúas unidades de convivencia e volve prohibilos a partir das horas en que a hostalería está pechada. Implanta a obriga de amosar certificado de vacinación, de test negativo ou de enfermidade superada para consumir no interior de bares e restaurantes dos concellos en nivel máximo e alto e mantena para pubs e discotecas alí onde poden abrir