- Crónica
- Política
O PPdeG, do "nacionalismo moderado" no inicio do fraguismo ao mandato no que Feijóo superará ao fundador
O PP de Galicia referenda por quinta vez como líder a Feijóo tres décadas despois de que 'don Manuel', da man de Cuíña, culminase a viraxe ideolóxica e organizativa na que asentou a súa hexemonía. O actual presidente da Xunta acumula así máis anos á fronte do partido dos que sumou o seu antecesor. Na tese política que aproba o PPdeG neste 2021 sobrevive o termo da "autoidentificación" nun ideario e nunha estratexia afastadas daquel inicio do fraguismo. No patio de butacas da xornada inaugural estarán dirixentes como Díaz Ayuso e o discurso de clausura corresponde a Pablo Casado
O director xeral da CRTVG estrea o seu terceiro consello de administración e os venres negros xa son 165
Sánchez Izquierdo foi nomeado por Feijóo ao abeiro da lei da CRTVG de 1984. En 2015, o PP aprobou en solitario unha reforma da nova lei de medios que lle permite continuar no posto por tempo indefinido. Tras a ratificación dos novos membros do Consello de Administración, o colectivo 'Defende a Galega' volveu urxir o cumprimento íntegro da lei de medios, incluíndo o nomeamento da dirección xeral por maioría reforzada do Parlamento
- Datos Coronavirus
- Acontece
As áreas de Ourense, Pontevedra e Vigo encabezan a incidencia da COVID mentres as vacinas amortecen o seu impacto
Este 15 de xullo o Sergas notifica mil casos novos en vinte e catro horas por primeira vez dende o 5 de febreiro, pero Sanidade advirte de que, por efecto da vacinación, as incidencias acumuladas xa non poden ser, por si soas, os únicos indicadores de referencia. Entre a poboación máis moza, a aínda non incorporada á vacinación masiva, as incidencias acumuladas igualan ou mesmo superan as acadadas no conxunto da poboación tras o Nadal
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta estende a obriga de certificar test negativo da COVID ou vacinación para entrar en todos os pubs e discotecas
O límite nas terrazas hostaleiras baixa a 10 persoas e 6 no interior dos locais. A Xunta "recomenda" esta referencia para os encontros privados en toda Galicia. Notifica 766 casos novos e estima que a vacinación da poboación de 20 a 29 anos comezará "arredor do 9 de agosto"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia pecha a fenda na vacinación de 60 a 69 anos e a incidencia da COVID segue á alza nos grupos aínda sen vacina
Nos grupos de 12 a 19 e de 20 a 29 anos, os menos cubertos pola vacinación, a incidencia a 14 días aumentou en máis de 400 puntos en apenas unha semana. Entre a poboación máis protexida pola vacina, o incremento rolda os 10 puntos. O Sergas notifica máis de 700 casos novos en vinte e catro horas mentres a hospitalización segue en niveis baixos, con apenas 60 ingresos
O Parlamento aproba a 'lei Ángeles Alvariño' para evitar a discriminación ás científicas que sexan nais
A proposta orixinal, formulada polo BNG, fixaba un único criterio para evitar a penalización ás nais nas axudas á investigación científica; as emendas do PP fixan que cada convocatoria establecerá "o factor corrector que en cada caso corresponda". As impulsoras da iniciativa aplauden a súa aprobación por unanimidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
Ourense encabeza a suba da incidencia nunha vaga da COVID que a vacinación vira en incomparable coas anteriores
Nos últimos sete días completos, o Sergas diagnosticou unha media diaria dunhas 450 infeccións. Na anterior ocasión en que os novos casos aumentaron cun ritmo semellante ao actual, a hospitalización de pacientes coa COVID disparouse un 130%. Agora aumentou apenas un 10% mentres o groso da presión polo incremento de contaxios recae na Atención Primaria e no rastrexo de xeito paralelo á vacinación, co 60% da 'poboación diana' xa coa pauta completa
O 12X, un ano despois: case todo foi pandemia
Por presenza e por ausencia, a COVID fora protagonista dunhas eleccións nas que o PP logrou a súa cuarta maioría absoluta consecutiva tras unha campaña na que, alén da triunfante candidatura de Feijóo, quen tirou máis partido foi o BNG. Un ano despois, segue a resultar difícil que o debate público vaia alén da pandemia mentres as forzas políticas retoman procesos internos que aqueles comicios e o propio coronavirus obrigaran a adiar
A empresa promovida pola Xunta para captar fondos da UE incorpora tres mulleres á directiva ata agora composta por nove homes
A sociedade, impulsada pola Xunta e con control privado encabezado por Abanca, terá a Enyd López como directora xeral e suma ao seu consello á catedrática da UDC Amparo Alonso e mais a Rosa Sánchez-Yebra, antiga alto cargo do Goberno de Rajoy
Nubes no horizonte da praia privada en dominio público do río Miño en Lugo
O Club Fluvial de Lugo remóntase a 1935 e dende 1998 gozou dunha concesión á beira do Miño que tenta renovar sen éxito dende 2018. A Confederación Hidrográfica volveulla denegar neste 2021 por interromper o dominio público con instalacións como piscinas ou valados. A denegación é aplaudida dende o movemento ecoloxista e acollida con gran contrariedade nun Club que conserva gran influencia social e mesmo política
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera a metade da poboación coa vacinación completa contra a COVID no día con máis casos rexistrados dende febreiro
Nos días de febreiro cun número semellante de casos novos ao actual, en Galicia puxéranse apenas 125.000 doses de vacinas e este venres superáronse os 3 millóns. A maior incidencia segue na área de Pontevedra-O Salnés, pero a peor evolución e agora a de Ourense mentres continúa a concentración dos novos casos entre a poboación máis moza, a aínda non incorporada á vacinación masiva
O Consello da Xunta aproba sen anuncialo o decreto para que o Sergas cumpra a lei de eutanasia
A creación da comisión que avaliará as solicitudes de eutanasia foi aprobada no Consello da Xunta deste 8 de xullo, pero non foi incluída na referencia pública sobre os asuntos tratados polo Goberno galego. O persoal médico pasa de ter 5 a 7 representantes nela e o pesoal de enfermaría, de 3 a 2. O texto outorga aos comités de ética asistencial do Sergas a capacidade de "propoñer alternativas e solucións éticas" cando haxa "discrepancias" do persoal médico coas persoas enfermas terminais e as súas familias sobre "decisións clínicas controvertidas"