- Datos Coronavirus
- Acontece
Setembro remata en Galicia coa COVID en mínimos e a vacinación masiva a piques de rematar
As incidencias acumuladas a 7 e 14 días son as máis baixas dende que hai datos comparables e a súa tendencia continúa sendo descendente. Fronte ás máis de 6.000 hospitalizacións na vaga posterior ao Nadal, a que vén de pasar apenas superou as 2.000, unha mudanza na que é clave a ampla extensión das vacinas, con algo máis dun 83% da poboación coa pauta completa
Formoso disputará a secretaría xeral a Gonzalo Caballero nas primarias do PSdeG
O alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña formalizará a súa candidatura nun acto con militancia este 30 de setembro. Partidarios de Formoso manteñen que o lanzamento da súa candidatura ten o beneplácito da dirección federal do PSOE. Caballero reitera os chamamentos á "integración" e non ve proxecto "alternativo" con máis "capacidade e ilusión" ca o seu
De Ence á AP-9: os fíos que unen as privatizacións estrela de Aznar en Galicia e as súas concesións prorrogadas
Entidades financeiras como Caixa Galicia, o Santander ou o Pastor e dirixentes como Mariano Rajoy, Isabel Tocino ou o propio Aznar ligan o paso ao sector privado das antigas empresas estatais de autoestradas e celulosa e tecen vencellos entre as prórrogas agora cuestionadas pola Audiencia Nacional e a Comisión Europea
Feijóo aplaude a cuarta elección de Baltar onde tentou destronalo e pídelle máis alcaldías
José Manuel Baltar foi reelixido presidente provincial do PP ourensán no mesmo lugar onde, en 2010, o intento da dirección de Feijóo por destronar á saga acabou en derrota. Apenas tres meses despois de reconstituír o bipartito con Jácome, Feijóo proclama que o PP "ten que volver gobernar a cidade de Ourense" e Baltar promete que en 2023 vai "gañar en todos os concellos"
A incidencia máis inmediata da COVID en Galicia é a menor dende que hai datos comparables
Os 17 casos novos por cada cen mil habitantes que Galicia rexistra nos últimos sete días supoñen o nivel máis baixo dende que a capacidade diagnóstica é equiparable á actual. Os concellos que rexistraron máis de 10 casos novos nos últimos 14 días son apenas unha vintena e tras superar o 83% da poboación con pauta completa da vacina, o Sergas dá por pechada a fase da inmunización masiva e céntrase en captar persoas pendentes da primeira inxección
A ilegalidade que a UE detecta na prórroga de Aznar a Audasa ata 2048 fai revivir a súa controvertida privatización
A Comisión Europea confirma que emprendeu accións contra España só pola última prórroga, a aprobada polo Goberno de Aznar no ano 2000, apenas tres anos antes de privatizar a concesionaria da AP-9. O PP galego admite que as prolongacións da concesión son "cuestionables", pero pon o foco nas que non investiga a UE e sinala a antigos dirixentes como Touriño ou José Blanco e mesmo á UCD
O avogado do maquinista de Angrois oponse aos delitos que lle atribúe a Fiscalía por ser "unha vítima máis" da falta de seguridade
O xuíz propuxo xulgar o maquinista e un ex-xefe de Adif como acusados, en grao similar, de 80 delitos de homicio por imprudencia grave profesional e 144 de lesións. "Cos sinais e as balizas instaladas despois do accidente, aínda que o maquinista fixese o mesmo, o sinistro non ocorrería", resalta o avogado no escrito no que responde ao da Fiscalía, que pide 4 anos de prisión para os dous acusados
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia entra no menor nivel de restricións pola COVID en máis dun ano co 83% da poboación vacinada
Dende o sábado, as ocupacións máximas en diversas actividades sociais, culturais ou económicas aumentan ao 75%. Fano tras a fin das limitacións a encontros entre non conviventes e coa hostalería a implantar o seu novo protocolo. Mentres, a incidencia acumulada a 7 días xa cruzou o limiar do risco baixo e a 14 días, o valor máis elevado rexístrase no único grupo de idade aínda non incluído na campaña de vacinación, a poboación menor de 12 anos
Gonzalo Caballero confirma que optará á reelección como secretario xeral do PSdeG
O secretario xeral socialista dende 2017 evita formular "hipóteses" sobre a posibilidade de ter rivais no Congreso Nacional e advirte de que "a integración é a mellor receita" para que o partido "siga avanzando". Alén das cuestións estritamente internas, os seus críticos apuntan aos resultados dos comicios galegos de 2020 entre os seus argumentos para propiciar unha mudanza na secretaría xeral, ao que o actual líder retruca que, con el á fronte, o PSdeG "avanzou en apoios en todas as convocatorias electorais"
A UE conclúe que España quebrantou a lei comunitaria ao prorrogar a concesión da AP-9 sen concurso público
A Comisión Europea atende a denuncia da asociación En Colectivo e considera que a prolongación do ano 2000 incumpriu a normativa porque "equivale a unha nova concesión" que debe ser sometida a concurso público. Trátase da ampliación máis recente e prolongada e foi aprobada polo Goberno de Aznar, que outorgou a Audasa 25 anos máis, ata 2048, a cambio de estender a autoestrada ata Ferrol e tres anos máis tarde a privatizou
A Xunta recorta a información sobre os casos da COVID ligados a centros educativos
Os datos pasan de cinco días á semana a só un e unha suma por áreas sanitarias substitúe á relación de positivos activos e aulas pechadas en cada escola, colexio ou instituto. O primeiro parte co novo modelo reflicte 367 casos activos entre alumnado e persoal dos centros educativos, o que reflicte unha situación semellante á da pasada primavera á espera da autorización das vacinas para menores de 12 anos
- Entrevista | Anxo Lugilde
- Cultura
"A depresión é unha enfermidade totalitaria e con vocación asasina, domínate e tenta conducirte á morte"
Anxo Lugilde tira do prelo en galego, castelán e catalán 'A vella compañeira', un libro asentado na loita contra o estigma no que o relato de episodios de enorme sufrimento provocados pola depresión se entrelaza co ritmo dunha novela de viaxes e os detalles máis íntimos e duros da batalla, con doses esenciais de retranca