- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera o millón de persoas coa vacinación completa contra a COVID e a incidencia segue contida en risco baixo
O 41% da nova poboación diana da campaña de vacinación, composta agora por todas as persoas de 12 ou máis anos, ten xa posta a pauta completa e o 62% recibiu polo menos unha dose. O Sergas notifica este luns 56 casos novos do coronavirus os mesmos que unha semana antes, e as persoas hospitalizadas coa COVID son menos de 60 por primeira vez dende mediados de agosto de 2020
O gran centro de discapacidade da Xunta non usaba o 70% do espazo un ano despois de abrir tras outros cinco rematado e pechado
O proxecto do CEGADI remóntase a 2005; foi impulsado polo Goberno de coalición PSdeG-BNG e asumido polo PP tras volver á Xunta. As obras non remataron ata 2013, con catro anos de demora e un custo duns 13 millóns, arredor dun 40% máis do previsto. Segundo as condicións do contrato de limpeza que a Xunta está a tramitar, uns 7.400 metros cadrados dos máis de 10.200 que ten o recinto seguen sen uso permanente
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os maiores de 80, de encabezar o incremento de mortes coa COVID a ser o grupo no que menos soben tras a vacinación
Máis do 70% das persoas que morreron en Galicia coa COVID tiñan 80 ou máis anos e neste grupo de idade o ritmo de falecementos ligados á pandemia cae a maior ritmo que no resto da poboación dende o comezo da vacinación. Antes da vacinación, as mortes coa COVID de persoas que viviran en residencias chegaran a ser o 40% do total, con ata 790 falecementos; dende marzo non se rexistra ningunha
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID estáncase en Galicia no nivel máis baixo en dez meses ás portas da fin da obriga xeral de levar máscara ao aire libre
A incidencia acumulada da COVID-19 a 14 días só sobe na área sanitaria da Coruña-Cee e os indicadores a unha e dúas semanas para o conxunto de Galicia mantéñense estables no nivel de risco baixo. Mentres, o país aproxímase ao millón de persoas con pauta completa de vacinación
- Datos Coronavirus
- Acontece
Máis da metade da poboación galega vive en concellos con menos de 10 casos novos da COVID nas últimas dúas semanas
Os 165 concellos sen casos novos nos últimos 14 días suman algo máis de 400.000 habitantes. O Sergas notifica 94 casos novos nun clima de estabilidade dos principais indicadores epidemiolóxicos e tamén da ocupación hospitalaria
Sanidade di á Valedora que se os doentes rexeitan operacións na privada non esperan máis dun ano pola atención no Sergas
Sanidade é a consellería atinxida por un maior número dos asuntos dentro das queixas recibidas pola Valedora durante 2020, un terzo do total. Case o 60% das actuacións da Valedoría durante o pasado ano foron referidas ao Goberno galego e catro de cada dez, aos concellos
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia, na 'zona verde' de Europa malia ás subas en tres áreas nos últimos días
Os aumentos na incidencia na área da Coruña-Cee e, en menor medida, nas de Lugo e Ourense, propician que o dato galego deixe de baixar e entre nunha fase de estabilidade. Pedro Sánchez anuncia a fin da obriga xeral de uso de máscara ao aire libre para o 26 de xuño e sinala o avance na vacinación como clave na relaxación desta restrición, que en Galicia rexe dende xuño de 2020
A banca pechou 18 sucursais en concellos onde a Xunta a vai subvencionar con 2,8 millons para poñer caixeiros
En 16 dos 34 concellos que xa se sumaron ao plan, os bancos pecharon unha ou máis das súas sucursais dende 2003. Noutros 15 xa non había banco a principios de século e os 3 restantes tiñan en 2020 cadansúa oficina. A Xunta repite que os concellos "non terán que facer ningunha achega económica", pero os convenios establecen que pagarán subministros como auga, luz ou telefonía. Resta saber que banco se vai beneficiar deste "incentivo"
- Datos
- Acontece
As mortes duplicaron os nacementos en Galicia en 2020 por primeira vez dende que hai datos comparables
Os datos demográficos actualizados polo INE reflicten que en Galicia morreron 17.610 persoas máis das que naceron durante o pasado ano. As mortes de persoas coa COVID notificadas polo Sergas durante 2020 equivalen ao 3,6% do total de falecementos en Galicia rexistrados polo INE
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID, en risco baixo e diminuíndo en seis das sete áreas sanitarias ás portas da nova fase da 'desescalada'
A Xunta ultima o documento no que plasmará a seguinte relaxación das restricións e o Goberno de España avanza que "pronto" rematará a obriga xeral de uso da máscara en espazos exteriores. A incidencia acumulada a 7 e 14 días segue baixando no global galego e só aumenta na área sanitaria da Coruña-Cee. As 62 persoas ingresadas con test positivo do coronavirus marcan outro mínimo dende agosto de 2020
O PP bloquea a transferencia do tráfico á Xunta tras as protestas de gardas civís e a presión da extrema dereita
Apenas dous días despois de volver permitir iniciar o trámite para solicitar as competencias de tráfico, desta volta a instancias do BNG, o PP comezou a recuar mentres colectivos de gardas civís e Vox os acusaban de pretender expulsar o Instituto Armado de Galicia. Agora asegura que vira da abstención ao "non" porque non ve "prioritario" o traspaso do tráfico e para non "tapar" outras transferencias pendentes, como a da AP-9
A Xunta ten dez días para adaptar o Sergas á aplicación da lei de eutanasia
O vindeiro 25 de xuño acaba o prazo para crear a Comisión de Garantía e Avaliación que aplicará a lei en Galicia, cuxo proxecto está xa redactado pero aínda sen aprobar.