A aguilloada de Ana Pontón
Tras lograr en 2020 lograr a representación parlamentaria máis ampla da historia do BNG, Pontón fixou o reto de pelexar pola presidencia en 2024. Esa formulación contribuíu a que causase máis sorpresa o anuncio de "reflexión" sobre o seu papel futuro, en vésperas da Asemblea Nacional. A súa contorna afástao de calquera escenario de crise e voces internas encádrano entre a reivindicación do equipo que se puxo á fronte da formación tras a súa peor crise e a aposta por orientar a estrutura e estratexia política do Bloque cara á consecución do Goberno
O ex-conselleiro Jesús Vázquez dimite como edil en Ourense e senador tras o retorno do PP ao bipartito con Jácome
O ex-alcalde confirmou a súa marcha da política activa no pleno municipal de Ourense, onde rompeu a disciplina de voto cos socios do bipartito presidido por Jácome, a cuxa reconstitución se opuxo abertamente. Vázquez saltou ao primeiro plano da política galega en 2009 como primeiro conselleiro de Educación de Feijóo. Foi o responsable de aplicar controvertidas medidas como o 'decreto do plurilingüismo', os recortes no ensino ou despregar a 'Lei Wert'
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia principia setembro con tres cuartos da poboación vacinada e a incidencia da COVID baixa ao maior ritmo en seis meses
O Sergas notifica 235 casos novos rexistrados en 24 horas, a cifra máis baixa en dous meses. Tras unha quinta vaga na a vacinación minorou con claridade o impacto hospitalario da COVID, as cifras de ingresos xa descenden con claridade e agora roldan as 200 persoas
A Xunta clama por que Ence siga en terreos públicos da ría de Pontevedra malia á sentenza da Audiencia Nacional
O vicepresidente Conde mantén, tras un encontro con persoal de Ence, que teimará en que a pasteira siga na ría e di non ver "real" o posible traslado, que Feijóo prometeu durante anos. O Goberno de España insta á Xunta e á empresa a elaborar os "informes que comprometeron" sobre as alternativas tras a sentenza e o BNG propón crear un consorcio público-privado da industria forestal seguindo modelos nórdicos que, subliña, pode saír adiante "con ou sen Ence"
A Xunta ten paralizado dende xaneiro o rexistro no que a lei a obriga a publicar os acordos con empresas e outros gobernos
A Xunta ten dende 2006 a obriga de publicar en internet relacións dos convenios que asina e datos básicos como a súa dotación económica. Dende 2016, a normativa contempla tamén a divulgación de documentación deses acordos. En anteriores ocasións nas que mantivo paralizada a actualización deste rexistro, a Xunta alegou falta de persoal para poder mantelo ao día
Oito mil ricos acumulaban case 50.000 millóns de patrimonio en Galicia antes da pandemia
O groso do patrimonio das fortunas galegas suxeitas ao imposto de patrimonio procede de accións en empresas que non cotizan en mercados de valores. Feijóo vén apostando por suprimir este tributo, recuperado polo Estado en 2011 para aumentar a recadación en plena crise financeira internacional
- Datos Coronavirus
- Acontece
As vacinas xa mudaron os picos da pandemia: de 25 mortes diarias a tres, de 1.400 hospitalizacións a 300
A media diaria a 7 días de infeccións activas diagnosticadas rolda os 1.050 casos; a finais de xullo eran máis de 1.300. O máximo de persoas ingresadas coa COVID-19 simultaneamente é cinco veces inferior ao pico de hospitalizacións na vaga posterior ao Nadal. Mentres, o país xa ten máis de dous terzos da poboación coa pauta completa da vacina
- Datos Coronavirus
- Acontece
Agosto comezou en Galicia coa COVID deixando atrás o pico da vaga estival en todas as áreas sanitarias
Cinco das sete áreas debuxan curvas claramente á baixa nas súas incidencias acumuladas a sete días e nas dúas onde o descenso aínda non é tan claro, A Coruña-Cee e Ferrol, a comparación cos datos de hai unha semana tamén apunta a decrecemento. Case o 73% da poboación de Galicia recibiu xa cando menos unha dose de vacina e practicamente dous terzos, a pauta completa
- Documento O foco na transparencia
- Acontece
A metade dos falecementos con COVID en residencias da Xunta foron en centros xestionados por DomusVi
A Xunta revela tras unha petición de transparencia que das 790 mortes ligadas a centros de maiores ou dependencia desde o comezo da pandemia, 80 foron en residencias de titularidade autonómica e a metade delas en centros adxudicados á principal empresa do sector
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia máis inmediata da COVID cae en seis das sete áreas sanitarias e case dous terzos da poboación ten vacina completa
A media a sete días de infeccións activas diagnosticadas polo Sergas rolda as 1.100 e traza unha liña claramente descendente. Nos últimos sete días, o Sergas notificou 24 mortes de pacientes que contraeran a COVID mentres as persoas hospitalizadas seguen roldando as 300
- Datos Coronavirus
- Acontece
A vaga estival da COVID emprende o descenso por onde comezara a subir: mocidade e as áreas de Ourense e Pontevedra
A incidencia acumulada a 7 días xa baixa con claridade e o indicador a 14 días disponse a facer o mesmo. O incremento na hospitalización de persoas coa COVID afonda no seu freo mentres o Sergas notifica dez mortes de persoas de entre 79 e 95 anos que deran positivo no virus, a metade falecidas o 1 de agosto
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia inicia agosto coa COVID á baixa en cinco das sete áreas sanitarias e o 65% da poboación vacinada por completo
O Sergas rexistrou algo máis de 28.000 casos novos durante o mes de xullo e comeza agosto coa media diaria de infeccións diagnosticadas a 7 días baixando con claridade. As 328 persoas coa COVID ingresadas ás seis da tarde do domingo eran 70 máis que unha semana antes. O domingo anterior, o incremento semanal era de 118 persoas