A Xunta abre a autocita de vacina para 16-19 anos con 17.000 doses de persoas de máis idade que calcula que non acudirán
“Fixemos unha composición sobre que vacinas quedarían libres” en función de “como evoluciona” a campaña activa aos grupos de idade superior e “as persoas que non acoden”, di Feijóo
- Datos Coronavirus
- Acontece
A suba da incidencia da COVID acouga aos poucos en Galicia e a vacinación achégase aos grupos máis desprotexidos
Nos últimos sete días con datos completos, o Sergas notificou unha media diaria de 1.153 infeccións activas cos casos novos concentrados nos grupos aínda fóra da vacinación masiva. Alén dos reproches contra o Estado, a Xunta avanzou que se dispón a inxectar as primeiras doses de vacina a menores de 30. A situación asistencial continúa contida nos hospitais, pero con forte presión no resto do sistema sanitario
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta volve limitar encontros de non conviventes e pide test negativo ou vacina na hostalería de concellos con máis restricións
O Goberno galego restrinxe os encontros de non conviventes a 10 persoas ao aire libre, 6 no interior ou dúas unidades de convivencia e volve prohibilos a partir das horas en que a hostalería está pechada. Implanta a obriga de amosar certificado de vacinación, de test negativo ou de enfermidade superada para consumir no interior de bares e restaurantes dos concellos en nivel máximo e alto e mantena para pubs e discotecas alí onde poden abrir
A investigación das caixas conclúe o segundo curso da nova lexislatura sen mover un só papel tras abrir por terceira vez
O PP accedeu por primeira vez a abrir a comisión de investigación sobre a fusión das caixas hai 8 anos, pero mantívoa paralizada durante máis de media década. O BNG coida que a reapertura da comisión foi "un xesto cosmético" do PP "sen vontade de ir máis alá, porque Feijóo é directamente responsable do que aconteceu" e o PSdeG ve a paralización "moi na liña da Xunta: facer que se fai" e "sepultar" o fracaso da fusión "baixo a aparencia dunha investigación"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta pide a contactos asintomáticos de positivos da COVID non iren á Atención Primaria entre alertas de saturación dos centros
A actual vaga da pandemia impacta moito menos que as anteriores nos hospitais, con 149 persoas ingresadas, pero a atención das case 12.000 persoas identificadas como casos activos con seguimento domiciliario si presiona os centros de saúde e os servizos de rastrexo. O Sergas volve notificar máis de mil casos novos, pero o incremento da incidencia segue a amosar sinais de freo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Tres quintas partes da poboación galega coa vacina completa da COVID entre leves sinais de freo na suba da incidencia
As case 60.000 doses administradas en Galicia dende o pasado venres foron, sobre todo, a completar pautas no grupo de 40 a 49 anos e a primeiras inxeccións a poboación de 30 a 39. As incidencias da COVID os grupos aínda non incorporados á vacinación masiva cuadriplican amplamente o dato global. As 140 persoas hospitalizadas con test positivo da COVID-19 ás seis da tarde do domingo eran 74 máis ca unha semana antes
Feijóo vólvese propoñer que o PP gañe poder municipal tras reconstituír o bipartito con Jácome
O local é un dos retos que Feijóo ten por diante dende que tomou as rendas do PPdeG hai 15 anos. Dende aquela, só nunhas eleccións municipais, as de 2011, puido presentarse triunfante case sen matices. Poucos días antes de apelar no congreso do partido a procurar gañar máis poder municipal, o xulgado reactivaba a investigación a Democracia Ourensana que o PP esgrimiu en 2020 para rachar o bipartito con Jácome que agora vén de reconstituír
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rolda o 60% da poboación coa vacina da COVID completa e suma máis de dez mil casos no que vai de xullo
Concellos como Ourense, O Barco e Sanxenxo seguen destacando polas altas incidencias acumuladas e o groso dos novos casos segue rexistrándose en idades aínda non incorporadas á vacinación masiva. Malia aos incrementos dos últimos días, as hospitalizacións coa COVID son dez veces menos que a anterior ocasión na que o ritmo de novos diagnósticos era semellante ao actual. Nove de cada dez persoas falecidas coa COVID-19 tiñan máis de 70 anos, o grupo que agora leva máis tempo con maior protección a través da vacina
Oito peregrinos confínanse en Palas tras o positivo por COVID dunha compañeira coa que facían o Camiño de Santiago
Unha compoñente do grupo de nove persoas que facían o Camiño xuntas, procedente de Mallorca, comezou a atoparse mal entre Portomarín e Palas, onde acudiu ao centro de saúde. Ante a imposibilidade de lle facer alí unha PCR, foi trasladada por un familiar dunha compañeira ao hospital de Santiago, onde foi confirmado o positivo. Falamos cunha das mozas, que sinala que súa inquietude pola demora no rastrexo se debe tanto por poderen ser positivas e asintomáticas como pola posibilidade de contaxio doutros peregrinos que continúan no Camiño
Pisos a 1 millón de euros no rañaceos que Caixa Galicia financiou en Benidorm en plena burbulla inmobiliaria
Caixa Galicia concedeu en 2005 un préstamo de 108 millóns de euros á promotora do edificio Intempo. Tras a fusión con Caixanova e posterior rescate de Novagalicia Banco, o 'banco malo' quedou coa débeda e colocoulla en 2017 a un fondo de investimento americano. As obras veñen de rematar e a promotora encargada está a vender os pisos por prezos que van dos 260.000 euros a máis dun millón
Feijóo, reelixido no PPdeG co 98% dos votos, di ter "ganas de máis" e de facer presidente a Casado
Entre eloxios de cargos galegos e convidados foráneos, o xefe de filas do PP en Galicia evita ofrecer pistas sobre o seu futuro alén de asegurar que agora ten máis "ilusión" que cando sucedeu a Fraga hai 15 anos. Di propoñerse incrementar o poder local do partido nas vindeiras municipais e contribuír a levar ao Goberno de España a Pablo Casado, quen na clausura do conclave proclamou que Pedro Sánchez "xa non pode pisar a rúa"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dous terzos dos novos casos e hospitalizacións da COVID en Galicia son da poboación menos cuberta pola vacinación
O Sergas suma este sábado 1.338 novos casos e plasma no DOG que dous de cada tres casos novos se rexistran en persoas de entre 15 e 39 anos. As 99 persoas ingresadas coa COVID ás seis da tarde do venres eran 40 máis que unha semana antes e a maioría dos novos ingresos son de menores de 40 anos. Concellos das Rías Baixas e a cidade de Ourense seguen rexistrando as incidencias máis elevadas