O que di o plan remitido polo Goberno de España á Comisión Europea sobre o "pago por uso" de autovías
Un dos documentos remitidos polo Goberno de España no marco dos fondos europeos de recuperación exemplifica que a implantación do "pagamento por uso" comezaría eventualmente "unicamente" en vías "de alta capacidade" como as autovías e "a implantación efectiva poderíase realizar no ano 2024". O proxecto, con escasas concrecións, apunta a unha eventual aplicación sobre o sector do transporte e a posibles bonificacións
- Datos Coronavirus
- Acontece
Estabilidade da COVID en Galicia en vésperas de que a Xunta desvele o seu plan para a fin do Estado de Alarma
A Xunta concreta este xoves o plan que aplicará a partir do día 9 coa incidencia a 14 días na contorna dos 97 casos novos por cada cen mil habitantes e a incidencia a 7 arredor dos 46, o que apunta a unha liña lixeiramente descendente
Acordo con matices no Parlamento para ampliar a protección aos bens do interior de Meirás e que os Franco non os leven
O PP aceptou aprobar a iniciativa formulada polo BNG, pero introducindo unha emenda que mantén na ambigüidade o destinatario último da petición: substitúe a expresión "incoar" por "defender a incoación" días despois de pedir que o faga o Goberno de España. O Bloque recalca que a petición é que sexa a propia Xunta a que inicie o expediente decontado para "impedir o espolio de máis de 600 bens, incluídos os pertencentes a Emilia Pardo Bazán"
O PP seguirá gobernando Madrid reforzado por unha contundente vitoria electoral
Ayuso logra un triunfo esmagador nuns comicios anticipados que formulou como un referendo sobre a súa presidencia: fulmina a Ciudadanos e abóndalle coa abstención de Vox ao superar en escanos a todos os grupos da esquerda. Más Madrid logra ser segunda forza ao superar ao PSOE e Pablo Iglesias, tras un leve ascenso de UP, anuncia a súa retirada da vida política
- Datos Coronavirus
- Acontece
O 75% da poboación galega maior de 60 anos recibiu xa cando menos unha dose da vacina contra a COVID
Administráronse xa 1,2 millóns de vacinas e esta semana engadiranse outras 240.000, reforzando especialmente a protección do grupo de idade entre 66 e 69 anos, do que 90.000 persoas serán citadas nos vindeiros días.
BNG e PSdeG reprochan á Xunta a ausencia de mulleres na sociedade para captar fondos da UE e instan a Feijóo a rectificala
A sociedade nace cunha directiva de nove membros, máis representantes de Abanca que do Consello da Xunta e ningunha muller. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, escribe a Feijóo para reclamar emendar a composición do novo órgano para que sexa paritario
O PP xa abre a porta a retomar o bipartito ourensán con Jácome e "devolverlle a honra"
"Temos que devolverlle a honra ao señor Jácome", resalta o 'número dous' de Feijóo, Miguel Tellado, que descualifica como "perrencha" as reclamacións do PSdeG para "desbloquear" o goberno de Ourense mediante unha moción de censura encabezada polo seu voceiro e candidato á alcaldía
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID retoma en Galicia a senda descendente a unha semana da fin do estado de alarma
A incidencia acumulada a 14 días rolda os 96 casos novos por cen mil habitantes e a 7 días sitúase un chisco por baixo da metade, o que indica tendencia descendente. O Sergas suma 103 casos novos nun contexto no que o número de probas PCR segue sendo elevado e as súas taxas medias de positividade, inferiores ao 2%. A hospitalización mantense estancada en torno a 200 persoas tras dous días seguidos sen novos falecementos notificados
As camas hospitalarias en funcionamento en Galicia baixaron ata outro mínimo do século no ano previo á pandemia
En 2018, Galicia descendeu por primeira vez no que vai de século das 9.000 camas hospitalarias en funcionamento; en 2019 eran 8.906, segundo os datos que vén de actualizar o IGE. Nos últimos anos, a Xunta sinalou o ritmo crecente de operacións cirúrxicas no Sergas como mostra de que "o recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes"
Abril foi o mes con menos mortes de persoas coa COVID en Galicia dende agosto
Antes da vacinación, en torno ao 40% das persoas falecidas coa COVID-19 en Galicia vivían en residencias. En marzo foron o 6% e en abril, ningunha. O Sergas rexistra 174 casos novos entre sinais de acougo nos principais datos epidemiolóxicos globais de Galicia e coa hospitalización estancada en torno a 200 ingresos
A Xunta non contempla declarar BIC os bens de Meirás aínda non protexidos para evitar que os leven os Franco
As esculturas do Mestre Mateo e a biblioteca de Pardo Bazán están protexidas pola figura do ben de interese cultural, pero non sucede o mesmo co resto dos bens que aínda permanecen no interior do pazo mentres a Xustiza dá aos herdeiros do ditador a posibilidade de levalos. A Xunta confirma que non prevé emprender unha nova declaración BIC e traslada a posible responsabilidade ao Goberno de España
Feijóo reclama ao Goberno de España un plan para a industria de Ferrol catro anos despois do flotel de Pemex
En 2017 finalizou a construción do único flotel de Pemex encomendado á Navantia malia ás promesas de múltiples buques. Agora, o persoal do estaleiro clama por carga de traballo ata o inicio en 2022 da construción das fragatas xa contratadas polo Goberno de España. BNG e PSdeG lembran as competencias da Xunta en materia industrial e os socialistas subliñan que "xa houbo un Plan Ferrol impulsado por Zapatero que non se repetiu con Rajoy"