A afiliación á Seguridade Social volveu en Galicia en xuño a niveis do verán de 2018 e o persoal en ERTE caeu un 17%
O persoal afiliado á Seguridade Social aínda segue por baixo do nivel previo á pandemia e o atinxido por ERTE aínda rolda as 19.000 persoas malia encadear catro meses de descenso. O paro rexistrado está composto por 27.000 persoas menos que hai un ano. O Ministerio de Traballo subliña que a caída do paro a nivel estatal é a maior dende que hai rexistros, a CIG subliña a ligazón da baixada co sector servizos e CCOO chama a "consolidar o emprego creado" coa derrogación da reforma laboral do PP
As visitas a Meirás, de exaltar o ditador a recibir as súas vítimas na reapertura como patrimonio público
Tras múltiples atrancos e coa seguridade financiada por máis de 50.000 euros da Xunta no seu inicio, os Franco accederan a abrir o pazo cun réxime de visitas que converteran nunha oda ao ditador entre ataques aos movementos para recuperar o recinto como patrimonio público Este 1 de xullo, xa co pazo como patrimonio público e a entrada xestionada polo Concello de Sada, Meirás abriu e tivo como primeiras visitas a vítimas da ditadura e membros de entidades memorialistas, cos investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez como guías
- Datos Coronavirus
- Acontece
O verán da fin da COVID tal e como a coñecemos, entre alertas por contaxios de poboación non vacinada e reaperturas
No comité clínico as chamadas á prudencia entre os grupos de idade aínda non incorporados á vacinación masiva acompáñanse cunha reflexión impensable hai escasos meses: á actual situación da pandemia quédanlle unhas poucas semanas. Mentres, o Sergas notificou este xoves 258 casos novos, a cifra máis elevada en 24 horas dende o 13 de marzo
A autocita da Xunta para a vacinación da COVID: menores de 30 anos e maiores que perdesen a súa quenda
A Xunta prevé ter activo dende o 5 de xullo o novo sistema, que convivirá coa citación ordinaria mediante SMS por orde de idade. Sanidade ten pendente de definir o límite inferior de idade para o sistema de autocita; noutras autonomías está a fixarse nos 16 anos. Galicia supera o 50% da 'poboación diana' da campaña de vacinación coa pauta completa
- Datos Coronavirus
- Acontece
O gromo importado de Mallorca impulsa a incidencia da COVID en Galicia e axita a vacinación masiva
49 das 86 probas PCR realizadas á pasaxe do voo na que volveu a Galicia parte do alumnado procedente de Mallorca deron positivo; 33 son estudantes e as Sanidade rastrexa os vencellos das outras 16. A incidencia acumulada a 14 días en grupos de idade aínda non incorporados á vacinación, como os de 12 a 19 e de 20 a 29 ano,s duplica amplamente o dato global de Galicia, situado na contorna dos 54 casos novos por cada cen mil habitantes
Pontevedra comezará xullo con máis restricións pola COVID como consecuencia do gromo importado de Mallorca
Este martes o Sergas xa confirmara 108 positivos ligados ao gromo da COVID con orixe en Mallorca, a gran maioría na área sanitaria de Pontevedra. Sanidade mantén Sarria no nivel alto de restricións e sitúa tamén nel a Carnota. Dende as 00:00 do sábado estarán en nivel medio nove municipios, entre eles a cidade de Pontevedra
- Datos Coronavirus
- Acontece
O gromo importado e focos locais inverten a tendencia da COVID, que segue por baixo dos niveis posteriores á Semana Santa
O cambio de tendencia provoca que as incidencias acumuladas a 7 e 14 días abandonen a zona de risco baixo de transmisión na que Galicia lograra entrar hai apenas dúas semanas. As persoas hospitalizadas representan arredor do 3,4% do total de casos activos, dous puntos menos que hai un mes e máis de tres puntos por baixo que hai dous meses
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os grupos de idade aínda non incorporados á vacinación masiva xa concentran a maioría dos novos casos da COVID en Galicia
A provincia de Pontevedra suma o groso dos centenar de casos vinculados ao foco con orixe nas viaxes estudantís en Mallorca, con 89 xa confirmados. Este gromo e outros máis locais inverteron a tendencia descendente das incidencias a 14 e 7 días para o conxunto de Galicia, que así e todo seguen por baixo dos niveis posteriores á Semana Santa
- Con vídeo
- Política
"Galicia non quere favores, quere un goberno propio": 85 anos do primeiro Estatuto
As vantaxes de contar cun Goberno e Orzamento de de seu ou a oficialidade do galego foron algúns dos argumentos centrais da campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936, na que persoeiros como Castelao ou Bóveda apelaron á unidade do pobo galego e á participación masiva: "Os patrioteiros que nos acusan a nós de crear fronteiras verticais separan ao pobo, eles si son separatistas; no sentimento de amor a Galicia unímonos todos, sexan do partido que sexan"
"En política hai que ser valentes; viuse coas peonalizacións e agora, co carril bici aínda que o populismo dea rédito a curto prazo"
A socialista Lara Méndez é alcaldesa de Lugo dende hai seis anos. Tras dous anos á fronte dun goberno de coalición co BNG, asegura facer un “balance tremendamente útil” do labor do seu gabinete nun bienio irremediablemente marcado pola pandemia. A COVID-19, evidencia, fixo preciso adaptar e tomar medidas de urxencia, pero non obrigou, asegura, a mudar a “folla de ruta” dos grandes obxectivos do goberno local, baseados na “sostibilidade” e nas “oportunidades” económicas para a veciñanza, pero tamén máis “amable” urbanisticamente e na mobilidade.
O PP recorre a lei de eutanasia e a Xunta tramita a súa parte con demora e "por obriga legal"
O groso da lei de eutanasia entra en vigor este 25 de xuño, pero o artigo que estipula a creación dunha Comisión de Garantía e Avaliación para aplicala en cada comunidade autónoma leva tres meses vixente. Feijóo di "entender" que a Comisión estará "en vigor para que se poida responder ás primeiras solicitudes" de eutanasia que reciba o Sergas e confronta a nova lei coa que regula en Galicia dende 2015 os coidados paliativos, a sedación e outros procedementos para persoas enfermas terminais
A porcentaxe de casos COVID que precisan hospitalización en Galicia é a menor en dez meses e segue a baixar
Ao comezo da pandemia, máis dun terzo dos casos activos eran de persoas hospitalizadas; na segunda vaga oscilaban entre o 5% e o 6%. A proporción non deixa de baixar dende o pasado marzo e agora rolda os 3,5% mentres segue a descender. As 45 persoas hospitalizadas son 16 menos que hai unha semana e outro mínimo dende agosto de 2020. A incidencia a sete días sobe en tres áreas sanitarias e mantense ou baixa no resto