- Datos Coronavirus
- Acontece
Os centros galegos de maiores e discapacidade quedan sen positivos da COVID entre residentes e persoal
O pasado mércores foi o día con máis novos casos do coronavirus rexistrados en Galicia dende finais de febreiro. O incremento no número de casos rexistrados prodúcese cando os datos xa reflicten os contaxios da Semana Santa; o incremento é, non obstante, moi inferior ao de anteriores vagas e a incidencia acumulada a 14 días para o conxunto do país segue por baixo dos 80 casos novos por cada cen mil habitantes
Condena pioneira a unha empresa ourensá que despediu un operario horas despois de ser atropelado traballando
O empresario despediu o traballador accidentado tras visitalo no hospital e o tribunal dá por probado que o fixo ao considerar que as lesións se prolongarían no tempo. O Tribunal Superior de Xustiza encadra os feitos no suposto de discriminación por aparencia de discapacidade, que se aplica por primeira vez no Estado
- Datos Coronavirus
- Acontece
A estabilidade nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo contén a incidencia da COVID en Galicia malia ás subas no resto
Os datos epidemiolóxicos reflicten xa os contaxios da Semana Santa e o incremento máis pronunciado da incidencia é o das áreas sanitarias de Pontevedra e Santiago por efecto, sobre todo, dos concellos da ría de Arousa. Alén da ría arousá, contornas como A Mariña ou puntos do sur de Lugo e de Ourense destacan tamén no mapa de incidencia da COVID-19. Mentres, a hospitalización estáncase e a mortalidade segue a diminuí
A Xunta atrasa ás 23 horas o toque de recollida pola COVID e o peche dalgúns restaurantes
Mantense o peche de Galicia pola peor situación doutras comunidades e fanse máis flexibles as visitas nas residencias
As primeiras horas da II República en Galicia: música e bandeiras entre chamadas á orde e á esperanza
As sedes de Telégrafos e as casas consistoriais acolleron a primeiras celebracións e proclamacións en Galicia o 14 de abril de hai 90 anos, con izados das bandeiras da nova República española e mais a galega. Na Coruña, Vigo, Lugo ou Ferrol, os líderes republicanos combinaran nos seus discursos a ledicia polo triunfo coas chamadas á "orde" e á "disciplina" da veciñanza. "Sexamos bos republicanos", pediran
O Instituto de Vivenda da Xunta deixou sen gastar 19,5 millóns de euros en 2020
O Consello da Xunta autorizou o 29 de decembro sen facelo público o trámite legal para transferir os fondos non utilizados durante o ano. En total, 305 millóns das consellerías e outros 132 das súas entidades dependentes
Unanimidade para que a lei contra a violencia machista recoñeza como vítimas ás mulleres cuxos fillos son asasinados
A través da reforma promovida polo BNG, a lei galega contra a violencia de xénero recoñecerá a "violencia vicaria" ao mesmo nivel que o resto destas agresións para asistir as mulleres que a padecen. "É a forma máis cruenta e retorcida, aquela que se exerce contra a vida dos fillos e fillas para facer o maior dano á muller", resalta Pontón
- Datos Coronavirus
- Acontece
As áreas de Pontevedra e Santiago impulsan a suba da incidencia da COVID polo empeoramento na contorna da ría de Arousa
Para o conxunto de Galicia, a incidencia a 14 días rolda os 74 casos novos por cen mil habitantes e a sete días, os 41, o que apunta a un lixeiro ascenso nos días en que os datos epidemiolóxicos comezan a reflectir a Semana Santa. O Sergas rexistra 165 casos novos e cada día da última semana computou unha media duns 137 novos diagnósticos mediante PCR
Feijóo esgrime Catalunya como argumento para manter aparcada a reforma do Estatuto que el mesmo prometeu
O presidente da Xunta argumenta que é preciso "non esquecer" que "o proceso que sume na incerteza a unha das comunidades que foi vangarda de España" comezou "cunha reforma estatutaria precipitada e frustrante". Na súa primeira lexislatura á fronte do Goberno galego anunciara varios prazos para a reforma do Estatuto, pero non cumpriu ningún. O programa electoral do PP en 2012 recuperou a promesa con máis vaguidade e en 2016 e 2020 xa desapareceu da súa axenda
Os colexios médicos galegos avalan a seguridade de todas as vacinas aprobadas para a COVID: "Ningún temor, ningunha dúbida"
Os colexios médicos insta a centrarse en "acadar canto antes a inmunidade non só en Galicia, España ou Europa", senón tamén "nos países pobres, onde seguro que esta polémica resulta pouco menos ca ridícula". O Sergas leva administradas máis de 732.000 doses e case unha cuarta parte da poboación galega 'diana' recibiu polo menos unha
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encadea dous días sen mortes coa COVID por primeira vez dende o verán e a incidencia do virus apunta a unha suba
O Sergas rexistrou na última semana algo máis de mil casos novos; na anterior apenas superaran os 900. Malia aos lixeiros ascensos de incidencia, o número de concellos sen casos novos nos últimos 14 días segue superando amplamente o centenar
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta matiza a obriga de máscara no deporte ao aire libre mentres a incidencia da COVID segue estable
A incidencia da COVID-19 a 14 días rolda os 68 casos novos por cada cen mil habitantes para o conxunto de Galicia e o indicador a 7 días sitúase arredor dos 32. O Sergas administra 33.000 doses máis de vacinas e o 20% da poboación xa recibiu polo menos unha